STSJ Galicia 47/2014, 5 de Febrero de 2014

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2014:1175
Número de Recurso15177/2013
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución47/2014
Fecha de Resolución 5 de Febrero de 2014
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00047/2014

- N11600

N.I.G: 15030 33 3 2013 0017237

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015177 /2013 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Graciela

LETRADO BERNARDO PENSADO VAZQUEZ

PROCURADOR D./Dª. RAMON DE UÑA PIÑEIRO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REG8IONAL DE GALICIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

CODEMANDADA: CONSELLERIA DE FACENDA

LETRADO DA XUNTA DE GALICIA

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MIGUEL HERNANDEZ SERNA

A CORUÑA, cinco de febreiro de dous mil catorce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15177/2013, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Graciela, representado polo procurador Dº De Uña Piñeiro, dirixido polo letrado Dº. Pensado Vázquez, contra a desestimación por silencio por parte do TEAR da reclamación contra a liquidación do I.Sucesións ( exped. NUM000 ) . É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

13.349,25 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a desestimación por silencio por parte do TEAR da reclamación contra a liquidación do I.Sucesións (exped. NUM000 ). Posteriormente, o 10.07.2013 resolveu de xeito expreso ( acolle a reclamación anulándoa por falta de motivación ).

SEGUNDO

O recurso baséase en: a) imposibilidade de aplicar retroactivamente a Orde de 28.07.2011,

  1. vinculación coa valoración dos inmobles que facilita o programa ALIS e c) falta de motivación, coa correlativa vulneración dos principios de seguridade xurídica e confianza lexítima.

O letrado da Xunta sostén: a) falta de interese lexítimo, b) non existe retroactividade e c) o programa ALIS non impide a comprobación do valor do declarado.

Compre resolver con carácter preferente a cuestión da FALTA DE INTERESE LEXÍTIMO da recorrente dado que o TEAR, no acordo de 10.07.2013, anulou a liquidación. O letrado da Xunta sostén que, ó descoñecerse se a administración vai ditar unha nova liquidación, ningún gravame sofre a recorrente e, en nada, lle beneficia o recurso.

Non podemos compartir este criterio; a anulación acordada polo TEAR o 10.07.2013 deixa imprexulgados varios dos motivos alegados e, en especial, non limita - en modo ningún- as facultades de comprobación do valor por parte da administración o non resolve-las cuestións suscitadas sobre a vinculación cos valores previos e retroactividade da Orde de 28.07.2011.

Soster que se descoñece se a administración procederá a facer unha nova liquidación é unha hipótese que non é de recibo; o TEAR acolle un motivo de anulabilidade ( inclusive - STS 19.11.2012 - aínda que fose un motivo de nulidade a consecuencia sería a mesma ) e a administración non é que estea facultada para facer unha nova liquidación senón que está obrigada, outra cousa sería facer unha dispensa non autorizada polas leis.

Esta obriga fai que a hipotese dunha nova liquidación se converta nuha realidade futura e, en consecuencia, a lexitimación e interese da recorrente non ofrece dúbida posible.

TERCEIRO

Verbo dos motivos alegados; o recorrente sostén que o devengo do imposto aconteceu o

05.01.2010 en tanto que a administración, na comprobación do valor, aplica a Orde 28.07.2011 que non estaba en vigor nesa data, nin tan sequera ó tempo de presenta-la autoliquidación, o que supón unha aplicación retroactiva contraria á legalidade.

O letrado da administración rebate que pidamos falar de retroactividade contraria ó artigo 10.2 Lei 58/2003 .

Coma indica a STS 26.09.2013 : ..) Unha síntese actualizada da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR