SAP Pontevedra 4/2014, 3 de Enero de 2014

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2014:8
Número de Recurso599/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución4/2014
Fecha de Resolución 3 de Enero de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00004/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N00050

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

-Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2011 0009392

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000599 /2012 -RO

Juzgado de procedencia: JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 8 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000572 /2011

Apelante: KUNSTSOFF VERWERTUHG SORTIERUNG GALICIA SOCIEDAD LIMITADA KVS GALICIA SL

Procurador: ANA MARIA PAZO IRAZU

Abogado: JULIO SOUTO MEIRIÑO

Apelado: NCG BANCO S.A.

Procurador: FRANCISCO JAVIER TOUCEDO REY

Abogado: DAVID VIDAL LORENZO

A SECCION SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO,

composta polos Ilmos. Sres. Maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZABAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, Pronunciou

NO NOME DO REI

A seguinte

SENTENZA nº 4/14

En Vigo (Pontevedra), a tres de xaneiro de dous mil catorce.

VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio ordinario 572/11, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 8 de Vigo, os que correspou o rolo 599/12, nos que aparece como Apelante KUNSTSOFF VERWERTUNG SOTIERUNG GALICIA S.L., representado polo procurador Dª Ana Pazo Irazu e asistido do letrado D. Julio Souto Meiriño e como Apelado NCG BANCO S.A. representado polo Procurador D. Javier Toucedo Rey e asistido do letrado D. David Vidal Lorenzo e sendo o Maxistrado ponente o Ilmo. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

I ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Polo Xulgado de 1ª Instancia num. 8 de Vigo, con data 16 de abril de 2012, dictouse sentenza co seguinte fallo:

"Que desestimando la demanda formulada en autos de Juicio Ordinario 572/2011, por la Procuradora Doña Ana Pazo Irazu, en nombre y representación de "KUNSTSOFF VERWERTHUG SORTIERUNG GALICIA

S.L"., contra "NCG BANCO, S.A.", sobre incumplimiento contractual debo absolver y absuelvo a la demandada de los pedimentos contenidos en el Suplico de la demanda, con imposición a la parte actora de las costas procesales causadas.

SEGUNDO

Contra dita Sentencia, polo procurador Dª. Ana Pazo Irazu, en representación de KUNSTSOFF VERWERTUNG SOTIERUNG GALICIA S.L, formulouse recurso de apelación, que foi admitido en ambos efectos consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil .

TERCEIRO

Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO.

Primeiro

A resolución da controversia, que versa sobre a esixibilidade dun aval a primeiro

requerimento, pasa polas seguintes premisas de feito, que se declaran probadas, e que as partes non discuten realmente: A) A sociedade, KVS Galicia, S. L. arrendou á sociedade, Vertidos Cero, S. L. dous predios coas rendas mensuais entre 2.425 e 2.475 euros . B) Para asegurar o pagamento das rendas a antigua Caixanova presta aval a primeiro requerimento o día 1 de outubro de 2008, por un máximo de 15.000 euros, e coa fórmula explícita de para garantir "o íntegro cumprimento de todas as obligacións derivadas do contrato de arrendamento...". C) En expedente de prema seguido pola Seguridade Social contra KSV Galicia, S. L., decretouse o embargo dos alugures ata cubrir o importe reclamado, superior aos 130.000 euros, embargo que foi comunicado a Vertidos Cero, S. L.. D) Esta última, en cumprimento do ordenado, remitiu á Seguridade Social entre o mes de maio de 2010 e o mes de xuño de 2011 ata nove mensualidades (das catorce comprendidas entre esas datas), por importe total de 22.175 euros - non 24.795 euros, como erroneamente reseña a sentenza de primeira instancia-, segundo resulta da correspondente certificación administrativa. E) O día 7 de xullo de 2011 se formula a demanda reitora deste preito, reclamando KVS Galicia, S. L. da entidade bancaria demandada o importe do aval. F) Se ignoran svicisitudes do contrato de aluguer, cuxas rendas se garantizaban, tales como a duración do contrato, se segue vixente, se segue ser a demandante a parte arrendadora ou, pola contra, é xa un terceiro, ou, en fin, se se teñen pagado as rendas posteriores ao mes de xuño de 2011. G) A sentenza de primeira instancia, con cita do artigo 1165 do Código Civil, e do artigo 97 do Real decreto 1415/2004, de 11 de xuño, polo quer apróbase o Regulamento xeral de recaudación da Seguridade Social, desestima a demanda, recurrindo aquela resolución a parte actora.

Por outra banda, lembramos o contido deses artigos. Segundo o artigo 1165 do Código Civil, non será válido o pagamento feito ó acredor polo debedor despois de térselle ordenado xudicialmente a retención da débeda. E a teor do artigo 97 do referido Real decreto, o embargo de créditos e dereitos sen garantía se notificará á persoa ou entidade debedora do constrinxido, apercibíndolle de que, a partir da data da notificación, non terá carácter liberatorio o pagamento efectuado ao seu debedor... cando o crédito ou dereito embargado teña vencido, aquela deberá ingresar na conta determinada ao efecto pola Tesourería Xeral da Seguridade Social o importe ata cubrir a débeda... se tratásese de créditos garantidos, se notificará tamén o embargo ao garante ou, no seu caso, ao posuidor do ben ofrecido en garantía, que poderá depositalo ata o vencimento do crédito. Vencido este, sen pagamento da débeda, se executará a garantía segundo a súa natureza".

Finalmente, expoñemos a doutrina xurisprudencial sobre o aval a primeiro requerimento, que se pode resumir en tres postulados, un primeiro, a natureza, autónoma ou independente desta institución respecto da obligación principal que garantiza, de tal xeito, xa que logo, que o demandado garante tan só poiderá opor ao acredor as excepcións derivadas do aval (por exemplo, o prazo de vixencia ou o límite máximo garantido); o segundo, que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR