SAP Pontevedra 5/2014, 3 de Enero de 2014

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2014:10
Número de Recurso733/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución5/2014
Fecha de Resolución 3 de Enero de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00005/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2005 0200371

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000733 /2012 B

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 2 de VIGO

Procedimiento de origen: FILIACION 0000339 /2005

Apelante: Cosme

Procurador: SUSANA ARCA VELOSO

Abogado: TOMAS DEL RIO DEL RIO

Apelado: MINISTERIO FISCAL, Camino, Fabio

Procurador: JUAN CARLOS ALVAREZ VAZQUEZ

Abogado: DAVID VEIGA SOTELO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados, D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 5/2014

Vigo, tres de xaneiro de dous mil catorce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Filiación 339/05 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 733/12, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Cosme, representada polo/a procurador/a D./D.ª SUSANA ARCA VELOSO e asistida do/da letrado/a D./D.ª TOMÁS DEL RIO DEL RIO, e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Camino, representada polo/a procurador/ a D./D.ª JUAN CARLOS ÁLVAREZ VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª DAVID VEIGA SOTELO, como apelado rebelde D. Fabio, sendo parte neste procedimento o MINISTERIO FISCAL . É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 26 de xaneiro de 2006, ditou unha

sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Estimando la demanda interpuesta por el Procurador de los Tribunales Sr. Álvarez Vázquez en nombre y representación de Dña Camino, debo declarar y declaro a todos los efectos procedentes en derecho que D. Cosme es el padre biológico de la actora, acordando la adecuación del Registro Civil a dicha declaración, y estimando la acción de impugnación de paternidad respecto de D. Fabio que consta hasta el momento y que deberá ser cancelada. Todo ello, sin hacer expresa imposición de costas causadas a esta primera instancia a ninguno de los litigantes."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Susana Arca Veloso, en representación de

D./D.ª Cosme, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 5 de decembro de 2013.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O demandado foi declarado pai biolóxico da demandante pola sentenza ditada en primeira

instancia, que alicerza esa decisión - exclusivamente, segundo a súa propia motivación- na proba pericial biolóxica practicada polo Instituto nacional de toxicoloxía e ciencias forenses, pericia que, despois das correspondentes probas realizadas sobre o ADN, remata por establecer unha probabilidade de paternidade daquel litigante, do 99,999992%, que na escala de K. Hummel ten o rango de "paternidade prácticamente probada". E impugna esa decisión da xulgadora o demandado a través do pertinente recurso de apelación no que, máis que descalificar o informe ou por en cuestión os resultados do mesmo, opta por manter a postura da insuficiencia desa proba, con cita das sentenzas do Tribunal Supremo de 23 de setembro de 1996 e 8 de maio de 1995 . Pois ben, esas dúas resolucións non apoian definitivamente o seu...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 13 de Mayo de 2015
    • España
    • May 13, 2015
    ...la Sentencia dictada, con fecha 3 de enero de 2014 por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta), en el rollo de apelación nº 733/2012 , dimanante de juicio de filiación nº 339/2005 del Juzgado de Primera Instancia nº2 de - Mediante diligencia de ordenación se tuvieron por inter......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR