SAP Pontevedra 229/2013, 19 de Septiembre de 2013

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2013:2169
Número de Recurso755/2013
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución229/2013
Fecha de Resolución19 de Septiembre de 2013
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00229/2013

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 213050

N.I.G.: 36055 41 2 2009 0204420

RP ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000755 /2013 J

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000307 /2012

RECURRENTE: Leonardo, Santiago, Jesús Ángel

Procurador/a: JORGE IGNACIO FREIRE RODRIGUEZ, PEDRO ANDRES BARRAL VILA, RAFAEL BARRIOS PEREZ

Letrado/a: RAQUEL MUÑIZ CHAMORRO, JOSE RAMON MAGAN RIVERA, ROMANA PACIN SAN LUIS

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

SENTENZA NÚM. 229

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Luis Carlos Rey Sanfiz

PONTEVEDRA, dezanove de setembro de dous mil trece

Visto pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 307/12, os recursos de apelación interpostos por Leonardo, representado polo procurador JORGRE FREIRE RODRÍGUEZ e defendido pola letrada RAQUEL MUÑIZ CHAMORRO, Jesús Ángel, representado polo procurador RAFAEL BARRIOS PEREZ e defendido pola letrada ROMANA PACIN SAN LUIS, e a adhesión de Santiago, representado polo procurador PEDRO A. BARRAL VILA, e defendido polo letrado JOSE RAMON MAGAN RIVERA, contra a sentenza ditada polo Constituíronse como partes os mencionados recorrentes (acusados) e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que DEBO CONDENAR Y CONDENO a Leonardo, a Santiago y a Jesús Ángel, en quienes no concurren circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, como autores penalmente responsable de un delito de DAÑOS ya definido, a la pena de seis meses multa con una cuota diaria de seis euros con la responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias no satisfechas, y como autores de una FALTA DE LESIONES, a la pena de un mes multa con una cuota diaria de seis euros, con la responsabilidad personal subsidiaria de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias no satisfechas, con imposición de costas.

Y en concepto de responsabilidad civil, los acusados indemnizarán de forma conjunta y solidaria a Gaspar en la cantidad de 948,8 euros.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Probado y así se declara que sobre las 23:00 horas del día 25 de diciembre de 2008, los acusados, Leonardo, Santiago, y Jesús Ángel, mayores de edad, de los que no constan antecedentes penales, mantuvieron una discusión con Gaspar en el interior de una discoteca Anubis de Tui, y una vez en el exterior, cuando Gaspar se disponía a abandonar el lugar en su vehículo Opel Astra matrícular ....-LDT, fue abordado por los tres acusados, que actuando de común acuerdo, comenzaron a golpear el coche, y tras abrir la puerta, le sacaron del interior del mismo, golpeándole con puñetazos y patadas.

Como consecuencia de estos hechos, Gaspar resultó con contusiones y erosiones en la cara, el hombro izquierdo, tórax, cadera derecha y muslo izquierdo, precisando para su sanidad diez días, con una sola asistencia facultativa.

El vehículo resultó con daños en el techo, costa iquierdo trasero, defensa delanteria, y se rompió la moldura exterior cuya reparación se ha tasado pericialmente en 660 euros, 198 euros por la reposición de los materiales, y 462 euros por la mano de obra".

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual dos recorrentes interpuxeron recursos de apelación, que formalizaron expondo as alegacións que constan nos seus escritos, os cales están unidos ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal por éste presentouse por escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para a sustanciación do recurso.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Non aceptamos os fundamentos de dereito da sentenza contra a que se apela na medida en que se opoñan aos da presente sentenza.

Primeiro

Os tres acusados Leonardo, Santiago e Jesús Ángel foron condenados na instancia como autores responsables dun delito de danos do artigo 263 do Código penal e dunha falta de lesións do artigo 617.1 do mesmo texto legal . Formulan agora un recurso de apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. A fiscala oponse a que acollamos as súas impugnacións.

Segundo

Na instancia os acusados alegaron a prescrición que, como cuestión previa, foi tratada pola maxistrada xuíza a quo para rexeitala. Recoñeceu que a causa estivera paralizada dende maio de 2011 ata febreiro de 2012 (máis de seis meses). Porén, estimou que non era motivo suficiente para considerar prescrita a falta (de lesións do artigo 617.1 do Código penal ), con expresa mención e transcrición da doutrina xurisprudencial recollida na STS do 26 de marzo de 2013 . Porque precisamente o seu contido literal forma parte da sentenza contra a que se apela e porque, como non podía ser doutro xeito, compartimos plenamente a devandita xurisprudencia, a remisión a ela resulta obrigada neste momento para evitar inútiles e redundantes reiteracións.

Agora ben, o que se fixo na instancia foi aplicar a referida doutrina a un caso dunha falta incidental ao delito de danos para concluír que a prescrición de todas as infraccións quedaban sometidas a un criterio unitario, que era o do delito (fundamento de dereito primeiro, parágrafo décimo, da sentenza contra a que se apela). E nós no que radicalmente disentimos é que se tratase dun delito de danos do artigo 263.1 do Código penal e, xa que logo, non sería xa unha falta incidental a un delito, senón dúas faltas (unha de lesións do artigo 617.1 do Código penal e outra de danos do artigo 625.1 do mesmo texto legal ) coa consecuencia inevitable de que ambas estarían prescritas ( artigo 131.2 do Código penal ).

No terceiro, e derradeiro, dos parágrafos dos feitos que se declaran probados na sentenza contra a que se apela reflíctese que os danos no vehículo de motor foron taxados pericialmente en 660 #, dos que 198 # eran pola reposición dos materiais, e os outros 462 # pola man de obra. A maxistrada xuíza a quo botou man dunha sentenza da Sección 5ª (Vigo) desta mesma Audiencia Provincial de Pontevedra do 10 de outubro de 2012 (que á súa vez cita a da Sección 8 ª da Audiencia Provincial de Barcelona do 7 de decembro de 2000) para argumentar que non se debía excluír a man de obra (462 #) da cuantificación dos pretendidos danos, para os efectos de se se trataba dun delito ou dunha falta de danos ( artigos 263.1 e 625.1 do Código penal, respectivamente). Porén, e como xa adiantamos, estamos en pleno desacordo con tal conclusión.

Nas ocasións que tivemos para pronunciarnos en tal sentido (por todas, as nosas anteriores sentenzas do 15 de febreiro de 2012, do 10 de outubro e do 18 de abril de 2007 ), razoamos o seguinte:

En canto ao cerne propiamente dito da impugnación, certamente que semella irse impoñendo o criterio doutrinal consistente na distinción entre o dano obxectivo causado na cousa, que é o que terá que servir para a catalogación do feito axuizado como delito ou falta e, por outra banda, os prexuízos ocasionados polo feito punible, de relevancia tan só para a fixación da correspondente responsabilidade civil. Así, entre outras, a SAP de Guipúscoa núm. 118/2006 (Sección 1ª), do 31 de marzo, sinala que: "El resultado de la acción dañosa es la destrucción equivalente a la pérdida total o parcial del valor de la cosa, pero las reparaciones en la misma que incluyan el precio del trabajo de quien las realiza no alcanzan al concepto de daño en cuanto referido a la cosa en sí, sino que se refieren al perjuicio patrimonial causado al propietario, lo cual no corresponde estrictamente a aquel concepto, sino al de perjuicio, por lo que su importe no puede tener relevancia a la hora de determinar el importe del daño, a los efectos de la distinción del ilícito penal entre la falta o el delito de dicho nombre, sino, exclusivamente, de la responsabilidad civil. Por el contrario, la jurisprudencia menor discrepa en relación a si el importe del IVA debe computarse a efectos penales para obtener el importe de los daños causados. Dicho impuesto se incluye ciertamente en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR