STSJ Galicia 113/2013, 21 de Febrero de 2013

JurisdicciónEspaña
Fecha21 Febrero 2013
Número de resolución113/2013

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00113/2013

N11600

N.I.G: 15030 33 3 2012 0015091

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015342 /2012 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. CENTRO DE OCIO MARIN-MORRAZO,S.L.

LETRADO FRANCISCO JAVIER JIMENEZ DE CISNEROS CID

PROCURADOR D./Dª. MARIA ANGELES FERNANDEZ RODRIGUEZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

A CORUÑA, vinte e un de febreiro de dous mil trece.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15342/2012, pende de resolución ante esta Sala, presentado por CENTRO DE OCIO MARIN-MORRAZO SL, representado polo procurador Dª Fernández Rodríguez, dirixido polo letrado Dº.Jimenez de Cisneros, contra o acordo de 24.02.2012 do TEAR en la reclamación 36/2180/2010 y acumulada 36/72819/2010 contra las liquidaciones tributarias M/10/2023-N Y M/10/6605-T practicadas por la Autoridad Portuaria de Marin y Ria de Pontevedra.É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

53.963,81EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 24.02.2012 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación da taxa por ocupación do dominio público portuario derivada da concesión M767.

O recurso baséase na: a) improcedencia do cálculo da taxa con base nunha Orden Ministerial e b) ilegalidade da concesión e inexistenza de feito impoñible o estar anulado o Plan Especial de Ordenación da zona de servizo do Porto o que impide o uso e utilización do dominio público portuario.

SEGUNDO

Verbo da primeira cuestión compre facer unha sucinta referencia ós feitos.

A Autoridade Portuaria de Marín otorgoulle - o 31.05.2007- a concesión da parcela S.3.1 da zona de servizo do porto para a construcción e explotación dun centro de ocio, área de esparzemento e aparcamento subterráneo por 30 anos, consonte co prego de cláusulas de explotación aprobado polo Consello de Administración da A.portuaria de 28.09.2006.

A valoración dos terreos obxecto de concesión, consonte co artigo 19.5 la LREPIG, realizouse por Orden FOM de 07.10.2005.

De acordó co artigo 19.5 : . Para a determinación do valor dos terreos e das augas do porto, o Ministro de Fomento aprobará, por proposta de cada Autoridade Portuaria, a correspondente valoración da zona de servizo do porto e dos terreos afectados á sinalización marítima, cuxa xestión se atribúe a cada Autoridade Portuaria, de acordo co seguinte procedemento:

  1. Elaboración pola Autoridade Portuaria da valoración de terreos e augas do porto que deberá incluír, entre os antecedentes e estudos necesarios, unha memoria económico financeira.

  2. Información pública durante un prazo non inferior a 20 días, que será anunciada no boletín oficial da comunidade autónoma respectiva.

  3. Remisión do expediente a Portos do Estado, quen solicitará informe do Ministerio de Facenda, que se deberá emitir nun prazo non superior a un mes.

  4. Emisión de informe por Portos do Estado, que o elevará, xunto ao expediente, ao Ministerio de Fomento.

A orde de aprobación da correspondente valoración será publicada no "Boletín Oficial do Estado".

Os valores contidos na orde non serán susceptibles de recurso autónomo, sen prexuízo dos que procedan contra a notificación individual conxunta do devandito valor e da nova contía da taxa aos concesionarios e titulares de autorizacións.

A base impoñible da Taxa por ocupación do dominio público portuario ten en conta, entre outros conceptos- art. 19.3.a Lei 48/2003 -, o valor dos terreos ocupados e, polo tanto, ten en consideracion- algo que non se nega pola administración - os valores determinados pola O.Ministerial.

O recorrente considera que esta integración da base impoñible por vía regulamentaria infrinxe o principio de reserva de Lei que establece o artigo 31.1 CE .

Consideramos que este xeito de proceder non infrinxe o principio de legalidade o cumpri-lo artigo 19.3 coa esixencia do artigo 8.a Lei 58/2003, o estar perfectamente delimitado a base impoñible, e sen que a colaboración regulamentaria - nalgúns extremos - estea...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR