SAP Pontevedra 940/2012, 21 de Diciembre de 2012

JurisdicciónEspaña
Fecha21 Diciembre 2012
Número de resolución940/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00940/2012

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 5029/2011

Procedemento de orixe: Verbal 1086/2010

Órgano de procedencia: Instancia núm. 1 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente, D. Julio Picatoste Bobillo e Dª Magdalena Fernández Soto, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 940/12

Vigo, vinte e ún de decembro de dous mil doce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 1086/2010 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 5029/2011, nos que aparece como parte apelante e demandados D. Heraclio e D./D.ª Pilar

, representados polo/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero e asistida do/da letrado/a D./

D.ª Jorge E. Lopez Vilar, e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Adoracion, representada polo/a procurador/a D./D.ª Susana Boquete Rodríguez e asistida do/da letrado/a D./D.ª María Mariño Calvo.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 25/2/2011, ditou unha sentenza coa

seguinte parte dispositiva:

"Estimando integramente la demanda promovida por la representación de Adoracion contra Heraclio y Pilar, ACUERDO: - Declarar la existencia de una serventía en la porción de terreno de acceso común a las fincas sitas en los nº NUM000 y NUM001 de DIRECCION000, en Navia, de las dimensiones establecidas en el informe pericial aportado con la demanda.

- Condenar a los demandados a reponer el firme del camino a su estado y altura anterior a la realización de las obras de cimentación ejecutadas, y a abstenerse en lo sucesivo a obstaculizar el acceso al terreno de la actora de cualquier modo, incluso el estacionamiento de vehiculos, así como de modificar los limites y firme de la serventia sin el consentimiento expreso de la actora;

- Condenar a los demandados a reparar el muro de la demandante, de acuerdo con lo establecido en el informe pericial elaborado por el Sr. Sergio .

- hacer imposición a los demandados de las costas procesales causadas en esta instancia."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero, en representación de D./D.ª Heraclio e Dña Pilar, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 11/10/2012.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A actora promove contra o demandado, máis que unha acción puramente declarativa, unha

acción reivindicatoria de serventía, pois ademáis de interesar que se declare a existencia dese dereito ao seu favor, insta, e por decilo de xeito resumido, que se condene ao demandado -ademáis de arranxar o muro- a que repoña a zona común ao seu primitivo estado, e a que se absteña de obstaculizar o acceso ao terreo litixioso por parte da demandante. E invoca esta última, como razón de pedir, o acordo particional levado a cabo o día 22 de decembro de 1901 polos causantes dos litigantes, quen dividiron o fundo primitivo en dúas partes, unha delas, a do poñente, hoxe da demandante, e a outra, ao nacente, do demandado. E malia que nese título non se fai referencia explícita á serventía en discusión, afirma a actora que a mesma constituiuse naquelas datas de xeito verbal entre os interesados, permanecendo así ininterrumpidamente dende aquel ano 1901 esa zona ou entrada común para os dous fundos, ata que a partir do ano 2009 o demandado comezou efectuar as obras impeditivas do paso, que agora se denuncian. O demandado se opón á pretensión reivindicatoria da actora, aseverando que o terreo de lite sempre foi da súa propiedade exclusiva, e alegando que malia que a demandante -e os seus antergos- viñeron efectivamente pasando por ese lugar, iso foi debido a un acto de pura tolerancia ou condescendencia, ou por expresalo doutro xeito, e en tamén invocación (inseparable da anterior) do demandado, e hoxe apelante, que os seus ascendentes permitiron o paso á demandante ( e con anterioridade aos seus ascendentes) porque o predio destes últimos atopábase inicialmente enclavado ou sen saída a camiño público, de tal maneira que atoparíamos ante unha servidume que, en tese do demandado, hoxe carecería de sentido, e, en fin, ficaría extinguida pois o fundo da actora xa ten a saída que antes non tiña. Pois ben, centrados neses termos o debate, e antes de entrar no análese dos diversos instrumentos de proba achegados á causa, resulta imprescindible para resolver axeitadamente a controversia facer unha serie de reflexións sobre a institución da serventía e os xeitos da súa constitución, en relación coa causa de pedir da demandante.

Segundo

Primeiramente, e ainda que a actora trae a colación o acordo particional de 1901, resulta unha obviedade reseñar que o fundamento da súa petición non se atopa, loxicamente, na propia letra dese acordo, pois nada se menciona nel sobre o particular da serventía -sen prexuizo do que logo puntualizarase sobre a mención do termo "entrada", que proclama o demandado como utilizado no seu cupo particional-, senón que o que ven manter, en definitiva, a demandante é que con ocasión, precisamente, da partición do orixinario predio primitivo en dous chegouse ao pacto, meramente verbal, de constituir entre eses dous fundos un espazo común de paso, ou a serventía, situación que foi respectada polos donos sucesivos dos predios sen solución de continuidade -daquela, durante máis de cen anos-. En conclusión, a serventía aparecería amparada por ese uso común consensuado e continuado, uso común que non resulta negado en realidade polo demandado, tal como ficou sentado, malia que advirta que se trata dun uso por razón dunha codescendencia-servidume, ante a falta primixenia de acceso do predio da actora ao camiño público, atranco hoxe superado. 2) O segundo dos matices refírese á constitución da serventía no noso dereito civil de Galicia, para o que nada mellor que traer a colación os postulados sentados sobre esta materia polo Tribunal Superior de Xustiza desta Comunidade Autónoma.

Esten tribunal, coñecedor, por unha banda, do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia 30/2013, 8 de Octubre de 2013
    • España
    • 8 Octubre 2013
    ...grado de apelación por la Sección Sexta de la Audiencia Provincial de Pontevedra con fecha de 21 de diciembre de 2012 (rollo de apelación 5029/2011 ), como consecuencia de los autos de Juicio Verbal número 1086/2010 seguidos ante el Juzgado de Primera Instancia número 1 de Vigo, sobre decla......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR