STSJ Galicia 632/2012, 22 de Octubre de 2012

JurisdicciónEspaña
Fecha22 Octubre 2012
Número de resolución632/2012

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00632/2012

- N11600

N.I.G: 15030 33 3 2011 0013773

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015643 /2011 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Argimiro

LETRADO AURORA GARCIA ESTEVEZ

PROCURADOR D./Dª. XULIO XABIER LOPEZ VALCARCEL

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

A CORUÑA, vintedous de outubro de dous mil doce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15643/2011, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Dº Argimiro, representado polo procurador Dº López Valcarcel, dirixido polo letrado Dª García Estevez, contra o acordo de 15.07.2011 do TEAR DE LA RECLAMACIÓN ECONÓMICO-ADMINISTRATIVA Nº NUM000 CONTRA ACUERDO DE LA DEPENDENCIA DE GESTION TRIBUTARIA DE LA DELEGACION EN OURENSE DE LA AGENCIA ESTATAL DE LA ADMINISTRACION TRIBUTARIA, RELATIVA A LA LIQUIDACION PROVISIONAL PRACTICADA POR EL IMPUESTO SOBRE LA RENTA DE LAS PERSONAS FISICAS DEL EJERCICIO 2009. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

1.187,08 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 15.07.2011 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do IRPF ano 2009: non lle admiten a deducción de gastos o carecer de ingresos pola súa actividade de arquitecto.

SEGUNDO

O recorrente alega: a) Incongruencia por exceso na resolución do TEAR o inserir motivación distinta da tida en conta pola AEAT.

Este defecto é obxecto de estudo (en canto ao alcance do artigo 237 LGT e facultades dos TEAR ) na STS de 23/4/12 (recurso 2725/10 ): Esta Sala non descoñece que o órgano chamado a resolver unha reclamación económico-administrativa, en primeira ou única instancia ou en alzada, está obrigado a decidir todas as cuestións de feitas e de dereito que ofreza o expediente, fosen ou non formulada polos interesados [ artigo 237.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeneral Tributaria ], pero non cabe esquecer que esa posibilidade ten no mesmo precepto un dobre límite; un de carácter formal, consistente en que se a cuestión non foi suscitada polas partes antes de resolvela ha de oílas para que formulen alegacións (apartado 2), e outro substancial, de maneira que coa decisión desa cuestión ata entón inédita non se empeore a situación inicial do reclamante (última frase do apartado 1)...

O que acontece é que, neste caso, non se incumpre ningún destes límites; a cuestión relativa ás obras -contratos de prestación de servizos dos anos 1999- a suscitou o propio recorrente ( no recurso de reposicion ), e a motivación do acordo do TEAR ( non existe relación entre estes contratos e os ingresos/gastos do ano 2009 ) xa estaba implícita no acordo da AEAT (...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR