SAP Pontevedra 299/2012, 10 de Septiembre de 2012

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2012:2307
Número de Recurso786/2012
ProcedimientoAPELACION JUICIO DE FALTAS
Número de Resolución299/2012
Fecha de Resolución10 de Septiembre de 2012
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00299/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: N54550

N.I.G.: 36038 43 2 2011 0013862

ROLLO: APELACION JUICIO DE FALTAS 0000786 /2012-PJuzgado procedencia: XDO. DE INSTRUCION N. 3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000295 /2011

RECURRENTE: Camila

Procurador/a: ROSA GARDENIA MONTENEGRO FARO

Letrado/a:

RECURRIDO/A: Emiliano

Procurador/a:

Letrado/a:

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta en tribunal unipersoal polo maxistrado Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, pronunciou,

a seguinte

SENTENZA NÚM. 299

Pontevedra, dez de setembro de dous mil doce.

Neste rolo de apelación número 786/12 dimanante dos autos de xuízo de faltas número 295/11, procedentes do Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra, por danos, son partes: como apelantes, dona Camila, e como apelado, don Emiliano e o Ministerio Fiscal.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Con data do 09 de febreiro de 2012, a maxistrada xuíz do Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra, ditou sentenza nos autos orixinais dos que o presente rolo dimana. Os feitos probados da sentenza din literalmente: "Se declara probado que el día 21 de octubre de 2011 Dª Camila no se presentó en el Punto de Encuentro de Pontevedra con su hijo Roque de trece años de edad, impidiendo de este modo al padre, D. Emiliano, comunicarse y estar con su compañía como le correspondía en virtud de resolución judicial."

Segundo

O xulgado ditou a sentenza que contén a seguinte parte dispositiva:

"Que condeno a Camila como autora responsable de una falta de incumplimiento de las obligaciones familiares a la pena de 2 meses multa a razón de una cuota diaria de 6 euros, con una responsabilidad personal subsidiaria en caso de impago de un día de privación de libertad por cada dos cuotas diarias no satisfechas, y al pago de las costas procesales".

Terceiro

Notificada a mencionada sentenza ás partes, dona Camila interpuxo un recurso de apelación, que foi admitido e tramitado de conformidade co disposto no artigo 795.4 da Lei de axuizamento criminal . Achegadas as actuacións a esta Audiencia, pasaron ao maxistrado relator para ditar resolución.

FEITOS PROBADOS

Acéptanse e danse por reproducidos os feitos probados da sentenza contra a que se recorre.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A denunciada Camila foi condenada na instancia como autora responsable dunha falta de incumprimento das obrigacións familiares, prevista e penada no artigo 618.2 do Código penal . Na única alegación que efectúa no seu recurso de apelación perante esta alzada, ao abeiro dos artigos 976.2 e 790.2 da Lei de axuizamento criminal, na procura da súa absolución, denuncia a inexistencia da voluntariedade de incumprir a resolución xudicial por haber unha causa totalmente allea á súa facultade cumpridora. E ren máis.

Segundo

Das múltiples causas penais incoadas por mor de que o denunciante-apelado Emiliano non pode comunicarse e estar na compañía do seu fillo Roque, unha delas (rolo de apelación RJ 43/2010-CR) foi aquendada a esta mesma Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, e a este mesmo relator. Daquela dixemos:

Primeiro

Contra a sentenza da instancia formularon un recurso de apelación Emiliano e Camila . O primeiro persegue a condena da segunda a todo o solicitado por el no acto do xuízo, recollido no antecedente terceiro, parágrafo segundo da sentenza contra a que apela. É dicir, que Camila sexa condenada, amais de pola falta do artigo 618.2 do Código penal á mesma pena de dous meses de multa pero a razón de 30 euros diarios ou 30 días de traballo en beneficio da comunidade, polas tamén faltas dos artigos 617.1, 620.2 e 634 do Código penal, ás respectivas penas que concreta. Mentres que Camila solicita a absolución da falta do artigo 634 do Código penal pola que foi condenada con todos os inherentes pronunciamentos legais.

Segundo

Por comezar polo recurso desta última, cómpre dicir que nel non se solicita a admisión de proba perante esta alzada. Si se fai posteriormente no escrito de impugnación do recurso de apelación formulado por Emiliano . Pois ben á parte de serodia, de todo punto improcedente se amosa a devandita solicitude.

Deixando á marxe a alusión ao artigo 158 do Código civil como pretendido soporte da facultade deste Tribunal ad quem para practicar proba nesta alzada, a solicitude de que se escoite agora o menor Roque carece de sentido. E tal é así que nin tan sequera na instancia se pediu que o fillo dos apelantes declarase no acto da vista oral, sendo así evidente que non concorre o suposto do artigo 790.3 da Lei de axuizamento criminal, no sentido de que mal se pode pretender na alzada a práctica dunha proba que non se propuxo na instancia. Non se pode per saltum, e á vista do pronunciamento da xuíza a quo, solicitar medios probatorios novos nunca antes propostos como tales. Por outra banda, o informe psicolóxico e a intervención no xuízo oral do seu autor, Olegario, si que foi proposta e denegada pola xuíza a quo, e formulou a apelante Camila a correspondente protesta. Porén, e malia darse agora o presuposto do artigo 790.3 da Lei de axuizamento criminal, non procede admitir tal medio de proba, ratificando así a denegación da instancia. Sen entrar no seu contido e aínda que fose ratificado en presenza xudicial con intervención das partes, en nada axudaría a mudar de sentido o pronunciamento condenatorio da instancia por unha falta de incumprimento das obrigacións familiares establecidas por resolución xudicial - artigo 618.2 do Código penal -. Por último, fóra de todo lugar se presenta a inclusión, co escrito de impugnación do recurso de apelación, de diversa documental por parte de Camila, cando na instancia non se admitiu, precisamente, por non achegarse copia, á parte da súa tamén nula eficacia...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR