STSJ Galicia 509/2012, 16 de Julio de 2012

JurisdicciónEspaña
Fecha16 Julio 2012
Número de resolución509/2012

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00509/2012

- N11600

N.I.G: 15030 33 3 2011 0012443

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015333 /2011 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Ramón

LETRADO JOSE ANTONIO FERNANDEZ PEREZ

PROCURADOR D./Dª. ANA MARIA GONZALEZ-MORO MENDEZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

CODEMANDADA: CONSELLERIA DE FACENDA

LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dezaseis de xulio de dous mil doce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15333 /2011, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Dº Ramón, representado polo procurador Dª Moro Méndez, dirixido polo letrado Dº. Fernández Pérez, contra o acordo de 11.11.2010 do TEAR QUE DESESTIMA RECLAMACION NUM000 Y ESTIMA RECLAMACION NUM001 CONTRA OTRO DEL SERVICIO DE INSPECCION TRIBUTARIA DE LA CONSELLERIA DE FACENDA DE OURENSE QUE CONFIRMA LIQUIDACION EN EL ACTA DE DISCONFORMIDAD NUM002 Y CONTRA EL EXPEDIENTE SANCIONADOR NUM003 . RECLAMACION NUM004 Y ACUMULADA NUM005 . É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

19.552,92 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 11.11.2010 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do I.Sucesións de Dª Sagrario - falecida o 14.04.1998.

Segundo resulta do expediente, a Sra. Sagrario e o seu fillo Ramón recorrerán as liquidacions de

11.06.1996 ( I.Sucesións derivado do falecemento do Sr. Ángel ) e non foi ata a sentenza de 27.09.2006 cando obtiveron un pronunciamento favorable, con obriga de devolución do ingresado, que no caso da Sra. Sagrario foron 74.742,46 euros.

O Don. Ramón non presentou autoliquidación do I.Sucesións de Dª Sagrario por esta cantidade.

SEGUNDO

Alega: a) prescrición do dereito a liquidar e b) defectos de procedemento e motivación.

Verbo da primeira cuestión: o recorrente sostén que, consonte co artigo 21 Lei 58/2003 e 24 Lei 29/1987, o imposto de sucesións derivado do falecemento de Dª Sagrario aconteceu o 14.04.1998, sen que esteamos en ningún dos supostos do art. 24.3: toda adquisición de bens que estea suspendida pola existenza dunha condición, un termo, un fideicomiso ou calquer outra limitación, se entenderña sempre realizada ó día na que ditas limitacións desaparezan, polo que, a acción para liquidar estaría prescrita ( o prazo remataría o

23.05.2001 ).

A administración e letrado do Estado alegan que é no momento no que se determina a débeda/crédito é cando nace a obriga de autoliquidar.

A xurisprudenza resolve a controversia en sentido contrario á pretensión do recorrente; así a STSX Cataluña 468/2007 indica: Evidentemente a idea ha de ser compartida por esta Sala, se ben debe facerse unha precisión, capital no asunto que nos ocupa, cal é a relativa á liquidación ou fixación definitiva do importe do crédito, pois unha cousa é a obriga sen matices que parece derivarse da resolución impugnada, de incluír un crédito líquido e sen cuestionamento ningún na base impoñible para os efectos do Imposto de Sucesións, sucedendo outra cousa moi diferente, como acontece no caso que nos ocupa, cando nos encontramos ante un crédito, litixioso en canto ao seu importe final ou definitivo, pendente por ende de cuantificar.

Por outro lado debe recordarse que a «transmisión de bens e dereitos por herdanza, legado ou calquera outro título sucesorio», a teor do artigo 67 do Regulamento do Imposto (RD 1629/1991) determina que nas adquisicións mortis causa, os documentos ou declaracións relativos a estas se presentarán no prazo de seis meses a contar dende o falecemento do causante, polo que existindo xa no momento do falecemento do causante un crédito (se ben indeterminado na súa contía final, ao estar...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR