SAP Pontevedra 555/2012, 2 de Julio de 2012

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2012:1635
Número de Recurso3468/2010
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución555/2012
Fecha de Resolución 2 de Julio de 2012
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00555/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

-Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2005 0008127

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0003468 /2010 b

Juzgado de procedencia: REGISTRO CIVIL EXCLUSIVO de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000148 /2005

Apelante: PROMOCIONES BLOCK VIGO SUR, S.L.

Procurador: PAULA LLORDEN FERNANDEZ-CERVERA

Abogado: CARLOS JOSE COLADAS-GUZMAN LARRAYA

Apelado: T.P UNO SOCIEDAD LIMITADA, Moises, Evangelina, Pablo

Procurador: GISELA ALVAREZ VAZQUEZ, JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO, JOSE RAMON CURBERA FERNANDEZ, JOSE RAMON CURBERA FERNANDEZ

Abogado: JOSE JAVIER ROMANO EGEA, ANTONINO GARCIA FERNANDEZ, ANDRES FERNANDEZ VAZQUEZ, ANDRES FERNANDEZ VAZQUEZ

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 555/12

Vigo, dous de xullo de dous mil doce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 148/05 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 4 (Rexistro Civil Exclusivo) ós que correspondeu o rolo 3468/10, nos que aparece como parte apelante e demandada PROMOCIONES BLOCK VIGO SUR S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª PUALA LLORDÉN FERNÁNDEZ CERVERA e asistida do/da letrado/a D./D.ª CARLOS JOSÉ COLADAS-GUZMÁN LARRAYA, e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Moises, representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE A. FANDIÑO CARNERO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANTONIO GARCÍA FERNÁNDEZ, como apelado-demandado T.P. UNO S.L. . representada polo/a procurador/a D./D.ª GISELA ÁLVAREZ VÁZQUEZ non persoada nesta instancia e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE J. ROMANO EGEA, e como partes apeladasdemandados D. Pablo E Dª Evangelina representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE RAMÓN CURBERA FERNÁNDEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANDRÉS FERNÁNDEZ VÁZQUEZ.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo (Rexistro Civil), con data do 23 de setembro de

2010, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando íntegramente la demanda presentada por el Procurador de los Tribunales D. Jose Antonio Fandiño Carnero, en nombre y representación de D. Moises, casado en régimen de gananciales con Dª Tania y desestimando íntegramente la constestación a la demanda presentada por la Procuradora de los Tribunales Dª Paula Llordén Fernánedez-Cervera, en nombre y representación de la entidad mercantil "Promociones Block Vigo Sur, Sl:l" así como la presentada por la Procuradora de los Tribunales Dª Gisela Álvarez Vázquez, en nombre y representación de la sociedad "TP UNO, S.L." y la de los llamados al pleito, sin ser parte en él, D. Pablo y Dª Evangelina, representados por el Procurador de los Tribunales D. Jose Ramón Curbera Fernández, debo declarar y declaro que la finca que se describe como: Terreno al nombramiento de DIRECCION000, en la parroquia de DIRECCION001, municipio de Vigo, de la superficie de 415 m2, en el que existe una casita en ruinas y escaleras de piedra para acceso, que linda: Norte, CAMINO000 ; Sur, CALLE000 y en parte edificio de nueva construcción, sobre finca que fue de herederos de Agapito

; Este, termina en punta; y Oeste, CAMINO000 y en parte el citado edificio de nueva construcción. En realidad por el Linde Sur, resulte ser: CALLE000 y en parte escaleras de piedra que separan de edificio de nueva construción; y por el Oste: CAMINO000 y en parte escaleras de piedra que separan del citado edificio de nueva construcción. Las referidas escaleras constituyen un paso común, que enlazan las mencionadas CALLE000 y el CAMINO000 .

Este terreno es de titularidad exclusiva de la parte actora, puediendo hacerlo constar así en el Registro de la Propiedad. Las costas se imponen a la parte demandada."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Paula Llordén Fernández-Cervera, en representación de PROMOCIONES BLOCK VIGO SUR S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19 de abril de 2012.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A sentenza ditada en primeira instancia estima a acción declarativa da propiedade promovida

polo demandante e recorre esa resolución a sociedades demandada, Promociones Block Vigo Sur, S. A., invocándose como os dous primeiros motivos do recurso a nulidade do procedimento e a excepción de cousa xulgada, motivos que sen necesidade de amplas e complexas reflexións de orde xurídica deben desbotarse pois: A) A invocación de nulidade da sentenza de primeira instancia, á que se achaca ser unha copia da sentenza anterior, e partir dos primitivos medios de proba e non das probanzas practicadas no novo xuizo, non é máis que unha alegación carecente do necesario respaldo probatorio, e que, ainda que for certa -o que se admite aos sós efectos polémicos- traería como consecuencia, non unha retroacción do procedimento, senón que esta Sala salvase esa conxeturada nulidade, tal como determina o artº 465. 2. da L. A. C.. B ) O artº. 284 do Regulamento hipotecario dispón de xeito tan explícito como inequívoco que a declaración de estar ou non xustificado o dominio non impedirá a incoación posterior do xuizo declarativo contradictorio por quen considérese prexudicado.

Segundo

Ao aparecer perfectamente identificado o fundo de lite sobre o terreo (malia que pode haber una certa dificultade na indicación dos seus ventos, fundamentalmente porque estamos ante un cacho de terreo en forma de cuña ou que remata en punta, podemos decir, de xeito simplificado e aos sós efectos de entendermos, que o seu lindeiro Este o constitúe esa punta, os lindeiros Norte e Sur as rúas CAMINO000 e CALLE000, respectivamente, e o lindeiro Oeste as escaleiras e a edificación contigua), a cuestión nuclear que suscítase neste preito é a relativa á xustificación do dominio, ou se se prefire, a se o demandante deu debido cumprimento á carga da proba que lle incumbe a teor do artº 217 da L. A. C., demostrando así o xusto título que ampararía a propiedade, da que interesa unha declaración xudicial ao seu favor e en contra da parte demandada, a que, en último termo, tería inscrito o dominio do predio no Rexistro da propiedade. Pois ben, despois de unha revisión crítica, polo miudo e coherente das diversas probas achegadas aos autos, consideramos que a parte actora non deu satisfacción cumprida a esa carga probatoria, ainda que consideremos -como o facemos- como xusto título de propiedade, non só o título escrito, senón tamén calquera outro acto adquisitivo da propiedade, tal como aparece sancionado polo artº 609 do Código civil e, en definitiva, polo criterio, amplo e abarcante, seguido pola doutrina xurisprudencial que interpreta e aplica ese precepto. Valoramos entón deseguido esas probas, esgrimidas polo actor para fundamentar o contrato de compravenda que invoca, para máis adiante examinar a prescripción adquisitiva, que igualmente alega en apoio da súa pretensión dominical declarativa.

En primeiro lugar, chama a atención a postura, entre errática e imprecisa, da parte demandante, tanto na súa demanda como - tamén- no seu interrogatorio, sobre a mención da titulación que xustificaría o dominio que pregona. En efecto, e por unha banda, no feito primeiro da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 4 de Febrero de 2014
    • España
    • 4 Febrero 2014
    ...y completada por auto de 13 de septiembre de 2012, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6ª), en el rollo de apelación nº 3468/2010 dimanante de los autos de juicio ordinario nº 148/2005 del Juzgado de Primera Instancia nº 4 de - Mediante diligencia de ordenación de 21 de novie......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR