SAP Pontevedra 155/2012, 1 de Marzo de 2012

JurisdicciónEspaña
Fecha01 Marzo 2012
Número de resolución155/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00155/2012

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3325/10

Procedemento de orixe: ORDINARIO 540/07

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 9 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés e Dª María Belén Fernández Lago, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 155/12

Vigo, un de marzo de dous mil doce.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 540/07 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3325/10, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª María Inmaculada, representada polo/a procurador/a D./D.ª JESUS GONZÁLEZ- PUELLES CASAL e asistida do/da letrado/ a D./D.ªVICTOR AREAL MÉNDEZ, e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Juan Ignacio e Dª Camila, representada polo/a procurador/a D./D.ª MARTA SUAREZ HERMO e asistida do/da letrado/a

D./D.ª ANA ALONSO OTERO. E como apelados en Rebeldía procesual Dª Emilia, D. Arcadio, Dª Gregoria, D. Carmelo, D. Eliseo, D. Fermín e Dª Nieves .

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo, con data do 1 de setembro de 2008, ditou unha

sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que desestimando íntegramente las pretensiones de la parte actora debo absolver y absuelvo a Juan Ignacio, Camila, Emilia, Arcadio, Gregoria, Carmelo, Eliseo, Fermín y Nieves condenado a María Inmaculada a pagar las costas procesales." Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Jesús González-Puelles Casal, en representación de D./D.ª María Inmaculada, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 19 de xaneiro de 2012.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O primeiro problema que se nos presenta -dado que ademáis de atoparmos ante unha

materia de orde pública, e como tal apreciable de oficio, a parte recorrida o denunciou, tanto na primeira instancia, agotando todos os remedios procesuais posibles, como agora, nesta alzada, ao impugnar o recurso de apelación da contraparte- consiste en se este último recurso foi formulado dentro de prazo, é dicir, no termo legal de vinte días, oportunamente disposto polo lei e polo proveido do Xulgado de primeira instancia, de data 27 de outubro de 2.008. Pois ben, para resolver esta cuestión preferente sentamos como probado, e en realidade, como non discutidos, os seguintes avatares procesuais e extraprocesuais: A) A anterior providencia notificouse ao Procurador da parte apelante, Sr. Puelles, o día 31 de outubro de aquel ano. B) O día 27 de novembro do mesmo ano, referido Procurador presenta no xulgado escrito dando conta do incendio padecido no despacho do Letrado da parte o día 20 dese mes, escrito no que, despois de anunciar a imposibilidade de presentar o recurso de apelación por mor daquela circunstancia, se interesa, e o citamos literalmente, "a suspensión do prazo co reinicio do mesmo dentro de quince días en que, razoablemente, podera se normalizare a situación, quedando, en resumo o prazo interrumpido dende o referido día 20 de novembro ata o seu recomezo dentro de quince días a partir da declaración de suspensión". C) O día 1 de decembro o xulgado dita providencia dando traslado do contido do anterior escrito por tres días á parte contraria, coa advertencia de que transcorrido...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • ATS, 3 de Septiembre de 2013
    • España
    • 3 Septiembre 2013
    ...dictada el 1 de marzo de 2012, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª, sede en Vigo), en el rollo de apelación n.º 3325/2010 dimanante de los autos de juicio ordinario n.º 540/2007 del Juzgado de Primera Instancia n.º 9 de - Mediante diligencia de ordenación de 4 de junio de......
  • ATS, 16 de Septiembre de 2014
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • 16 Septiembre 2014
    ...la sentencia dictada con fecha de 1 de marzo de 2012 por la Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6ª, en el rollo de apelación nº 3325/2010 , con imposición de las costas a la parte - Por el secretario judicial se procedió a la práctica de la tasación de costas con fecha de 20 de dici......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR