STSJ Galicia 7/2011, 20 de Enero de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:66
Número de Recurso16172/2009
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución7/2011
Fecha de Resolución20 de Enero de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00007/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0016172/2009

RECURRENTE: PALACIO BENICARLO MANTENIMIENTO Y CONSTRUCCIONES ALCUBA, MAYVE OBRAS Y EDIFICACI

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte de xaneiro de 2011.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0016172/2009, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi

interposto por PALACIO BENICARLO MANTENIMIENTO Y CONSTRUCCIONES ALCUBA, MAYVE OBRAS Y EDIFICACINES,

U.T.E., representados polo procurador don LUIS ANGEL PAINCEIRA CORTIZO, e dirixidos pola letrada dona LARA TORRES

VAZQUEZ, contra ACUERDO DE 12-03-09 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OTRO DE AGENCIA ESTATAL

ADMINISTRACION TRIBUTARIA DE A CORUÑA SOBRE LIQUIDACION PRACTICADA EN CONCEPTO DE I.V.A. EJERC. 2005.

REC.15/945/08. É parte a Administración demandada TRIBUNAL ECO NO MICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA,

representado polo ABOGADO DEL ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del ás partes recorrentes para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é 113.032,97 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 12.03.2009 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a sanción tributaria (e perda da rebaixa)derivada da liquidación do IVE ano 2005: certificacións de obra -210.414,85 euros- das que deducirá o IVE no ano 2005 cando as cobrara no ano 2006, e aumento do IVe repercutido - non se declarara unha factura por importe de 112.536,51 no último trimestre do ano 2005 e fíxoo no primeiro trimestre do ano 2006.

SEGUNDO

O recorrente alega que, no primeiro caso non existe culpabilidade na súa conduta, por aplicar un criterio do devengo do IVE acorde coa xurisprudenza do TS, e verbo da segunda, regularizou a situación sen requirimento, ademais de denunciar que a AEAT non regularizou o exercicio 2006.

Verbo da primeira cuestión, esta Sala no PO 459/2010 dixo: A sanción impuxéronlla logo da comprobación do IVe do exercicio 2005 por parte dos órganos de xestión, o que acredita, como indica o recorrente, que a factura estaba contabilizada, é dicir, que non existiu ocultación, o que acontece é que o tipo do artigo 195 Lei 58/2003 non require da existenza de ocultación. Tampouco é un elemento do tipo a causación efectivo dun dano á facenda pública, sendo suficiente, a acreditación improcedente das partidas a compensar, como aconteceu neste caso (aínda que mais que acreditar partidas improcedentes, o que acontece é que se declaran nun exercicio incorrecto).

A defensa do recorrente, polo tanto, debe reconducirse á comprobación de se existiu ou non culpabilidade na súa conducta.

Sostén que realizou unha interpretación razoable do artigo 75.2 Lei 37/1992 e que a cuestión do momento do devengo do IVE -no suposto de certificacións parciais de obra- era unha cuestión contorvertida, como o acredita a STS 05.03.2001 e unha resolución do propio TEAR que anula unha sanción nun caso semellante.

Verbo do que debemos entender por interpretación razoable, Resulta certo que a xurisprudenza, cando falarmos de autoliquidacións, sostén que cando a lei obriga ó contribuinte a cualificar e valorar os feitos impoñibles, a interpreta-las normas tributarias e aplicalas, se non oculta nada e actúa razoablemente, non existe, aínda que a Administración tributaria discrepa, infracción tributaria. Inclusive, a xurisprudenza menor é máis radical, ó soster que: o tipo de infracción por falta de ingreso só pode darse respecto das débedas liquidadas pola administración. Para as autoliquidadas polos contribuintes é preciso que a infracción sexa tan manifesta e inxustificada como para cualifica-la autoliquidación como non existente ( STSX Asturias

29.03.200, Andalucia 30.10.2003 ...).

Polo tanto, o fundamental é determinar se o recorrente actuou razoablemente ó considerar que o IVE devengábase no momento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 6 de Mayo de 2014
    • España
    • 6 Mayo 2014
    ...de A Coruña, del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, dictada en el Recurso Contencioso-Administrativo número 16172/2009 ; en cuya casación aparece como parte recurrida, la ADMINISTRACIÓN GENERAL DEL ESTADO , representada y dirigida por el Abogado del ANTECEDENTES DE HECHO PRIMERO La S......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR