STSJ Galicia 947/2011, 7 de Noviembre de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:8600
Número de Recurso15417/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución947/2011
Fecha de Resolución 7 de Noviembre de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00947/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NÚMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015417/2010

RECURRENTE: Berta

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, sete de Novembro de 2011.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015417/2010, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por dona Berta, representada polo procurador don JOSE ANTONIO CASTRO BUGALLO, e dirixida polo letrado don FRANCISCO JOSE ORDOÑEZ VICENTE, contra ACORDO DE 15/10/09 QUE DESESTIMA RECLAMACIÓNS CONTRA OUTROS DA A.E.A.T. DE VILAGARCIA DE AROUSA RELATIVOS A LIQUIDACIÓNS PROVISIONAIS PRACTICADAS POR I.R.P.F., EXERCICIO 2005. ACORDO DE 29/01/09 QUE INADMITE RECURSO DE ANULACION CONTRA RESOLUCION DO TEAR DE GALICIA DE 15/10/09 DESESTIMANDO RECLAMACIÓNS RELATIVAS A LIQUIDACIÓNS PROVISIONAIS DO I.R.P.F., EXERCICIO 2005. REC. NUM000 E ACUMULADA NUM001 . É parte a Administración demandada TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, representado/a polo/a ABOGADO DEL ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento. SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibiuse o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 7.909,08 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 29.01.2009 e 15.10.2009 do TEAR que non admite o recurso de anulación e rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do IRPF ano 2005: incremento patrimonial derivado da transmisión dunha batea de mexilón- valor declarado de 18.000 euros e comprobado de 62.951,60 euros.

A administración recorreu ó ditame de peritos e determinaron o valor en base á capitalización de rendas esperadas.

SEGUNDO

O recorrente alega a nulidade da valoración da administración -e correlativa nulidade da liquidiación- por ser incorrecto -deberon aplica-lo art. 13 RDL 01/1993 - o método...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR