AAP Pontevedra 643/2011, 8 de Noviembre de 2011

PonenteROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO
ECLIES:APPO:2011:1349A
Número de Recurso188/2011
ProcedimientoAPELACION AUTOS
Número de Resolución643/2011
Fecha de Resolución 8 de Noviembre de 2011
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00643/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

22522363

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 662000

N.I.G.: 36060 41 2 2010 0004511

ROLLO: APELACION AUTOS 0000188 /2011

Juzgado procedencia: JDO.1A.INST.E INSTRUCCION N.2 de VILAGARCIA DE AROUSA

Procedimiento de origen: JUICIO DE FALTAS 0000408 /2010

RECURRENTE: Benedicto

Procurador/a: MARIA SUSANA TOMAS ABAL

Letrado/a: ANGEL FERREIRA GUTIERREZ

RECURRIDO/A:

Procurador/a:

Letrado/a:

AUTO 643

==========================================================

ILMA SRA. MAGISTRADA PONENTE

DÑA ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

==========================================================

En PONTEVEDRA, a ocho de Novembro de 2011 FEITOS

Primeiro

No xuízo de faltas número 408/2010, o Xulgado de Instrución núm. 2 de Vilagarcía de Arousa, con data do 25 de xaneiro de 2011, pronunciou un auto, cuxa parte dispositiva literalmente determina:

SE ACUERDA EL ARCHIVO de las presentes actuaciones, sin perjuicio de las acciones civiles que pudieran corresponderle al denunciante D. Benedicto . Segundo.- Contra o dito auto, o día 11 de febreiro de 2011, a representación procesual de don Benedicto interpuxo un recurso de reforma, ao que se adheriu o Ministerio Fiscal, e mediante un auto do 6 de abril de 2011 o Xulgado de Instrución núm. 2 de Vilagarcía de Arousa rexeitou o recurso de reforma.

Terceiro

Ante o mesmo Xulgado de Instrución núm. 2 de Vilagarcía de Arousa seguíase o Xuízo de faltas núm. 409/2010, no que figuraba como denunciante dona Gabriela, e onde se pronunciou un auto con data do 27 de xaneiro de 2011, cuxa parte dispositiva literalmente di:

Se decreta la reapertura del presente Juicio de Faltas, con unión de la denuncia presentada y, al mismo tiempo, se decreta su SOBRESEIMIENTO PROVISIONAL.

Contra o dito auto, o día 7 de febreiro de 2011 a representación procesual de dona Gabriela interpuxo un recurso de reforma, ao que se adheriu o Ministerio fiscal, o dito recurso foi acollido por un auto do 1 de marzo de 2011.

O Xulgado de Instrución núm. 2 de Vilagarcía de Arousa, mediante un auto do 21 de marzo de 2011, acordou que ambos os xuízos de faltas por lesións -números 408/2010 e 409/2010- se acumulasen, de xeito que pasaron a ser un único xuízo de faltas baixo o número 408/2010.

Cuarto

Na causa de referencia (Xuízo de faltas núm. 408/2010), con data do 19 de abril de 2011, a representación procesual de don Benedicto formulou un recurso de apelación contra o auto do 25 de xaneiro de 2011, que acordaba o arquivo das actuacións, logo de que tamén se rexeitase o seu recurso de reforma por un auto do 6 de abril de 2011, como queda reflectido con anterioridade. Posteriormente, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a resolución do recurso.

Expón o parecer da Sala a maxistrada dona ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO.

RAZOAMENTOS XURIDICOS

Primeiro

Partimos do auto no que se declara o arquivo das actuacións, que foi pronunciado o día 25 de xaneiro de 2011 polo Xulgado de Instrución núm. 2 de Vilagarcía de Arousa no Xuízo de faltas núm. 408, en relación cunhas lesións sufridas por don Benedicto como consecuencia dun accidente de tráfico. Nel arguméntase que, aínda que este precisou máis dunha sesión de asistencia médica, esta non foi necesaria para restablecer a súa integridade física, senón que era para paliar a dor, de xeito que só tiña fins analxésicos, o que implica que haxa una atipicidade dos feitos e que non sexa aplicable o disposto no artigo 621, apartados 1 e 3, en relación co artigo 147.1 do CP .

Don Benedicto formulou un recurso de reforma (ao que se adheriu o Ministerio Fiscal) que foi rexeitado mediante un auto do 6 de abril de 2011, onde a xulgadora ratifica a súa decisión anterior, e engade que prescribiu a infracción penal, xa que o feito foi cualificado como falta ( artigo 621 do CP) e, conforme ao artigo 131.2 do mesmo texto legal, as faltas prescriben aos seis meses. Así mesmo, expón que os feitos se produciron o día 13 de agosto de 2010, e dende entón non se pronunciou resolución ningunha que dirixise o procedemento contra a persoa individualmente responsable, que nin sequera foi identificada no escrito de denuncia.

Segundo

Recorre don Benedicto baseándose en que se cumpren os requisitos esixidos no artigo 621 do CP, isto é, existe unha denuncia do prexudicado, e houbo máis dunha asistencia médica, xa que o informe da médica forense (folios 10 e 11) pon de manifesto que foi necesaria unha primeira asistencia médica e tratamento médico con fins analxésicos. Así mesmo, fixa que as lesións adoitan curar sen secuelas en 35 días: curación impeditiva non hospitalaria (3 días) e curación non impeditiva (32 días). O recorrente insiste na necesidade de ser examinado, pois o informe forense non coincide cos informes que el achega, xa que destes resulta que mediou máis dunha asistencia, e falan de rehabilitación durante varios meses. No que respecta á prescrición, defende que se trata dunha cuestión nova, e nega que houbese seis meses sen actividade procesual, que nin sequera concreta o auto.

Terceiro

Procede acoller o recurso de apelación. No relativo ao "tratamento médico", convén traer a colación a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid do 8 de marzo de 2011, que di:

El tipo delictivo de lesiones exige como elemento constitutivo un resultado lesivo que requiera para su sanidad, además de una primera asistencia facultativa, tratamiento médico o quirúrgico, de manera que ha de resultar necesaria para la curación la intervención reiterada de un profesional sanitario, o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR