AAP Pontevedra 105/2008, 11 de Marzo de 2008

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2008:894A
Número de Recurso130/2008
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución105/2008
Fecha de Resolución11 de Marzo de 2008
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00105/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000130 /2008 I

Procedencia: JDO. DE INSTRUCCION N. 1 de PONTEVEDRA

Proc. de orixe: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO nº 0002018 /2005

Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente

Dona Rosario Cimadevila Cea

Dona Belén María Fernández Lago

A U T O NÚM. 105

Pontevedra, once de marzo de dous mil oito. FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrucción núm. 1 de Pontevedra ditou o auto do 30 de abril de 2007 no que se acordaba reputar como falta o feito que dera lugar á formación do procedimento.

Segundo

Contra o dito auto o procurador Senen Soto Santiago, na representación de Amador, e a procuradora Alejandra Freire Riande, na representación de Amelia, formularon recursos de reforma, ditándose autos de datas 19 de xullo de 2007 e 8 de novembro de 2007, que os desestimaba. Notificadas as devanditas resolucións ás partes, pola representación procesual de Amelia formulouse recurso de apelación, remitíndose as actuacións a esta Audiencia para resolver.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

RAZOAMENTOS XURÍDICOS Único.- A teor dos informes médico-forenses que constan nos autos (con datas do 2 de maio de 2005 e do 10 de abril de 2007 ), resulta que a agora recorrente en apelación, Amelia, nunca antes manifestara que con anterioridade tiña dor no xeonllo, cando, á vista da súa historia clínica e dende o ano 2002, xa constaba tal particular, precisamente por unha consulta no centro de atención primaria onde acudiu por unha dor postraumática no xeonllo dereito. Así mesmo, os informes forenses tamén indican que a patoloxía clínica presentada resultante da presunta agresión puido ter precipitado a intervención cirúrxica sobre tal articulación. Asemade, o forense subliñou que, tendo sufrido a devandita apelante unha contusión no xeonllo dereito, que se evidenciaba nunha artroscopia realizada, unha rotura en bico de papagaio do menisco interno e unha rotura fisuraria do menisco externo, estas lesións tiñan unha etioloxía dexenerativa e, xa que logo, resultaban previas á agresión pendente de axuizamento.

Por outra banda, o feito de que á recorrente se lle indicase que levase un colar ortopédico brando durante tres días, tamén unha nocelleira no nocello dereito, e que se lle dispensasen antiinflamatorios e relaxante muscular, non equivale xa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR