STSJ Galicia 136/2008, 28 de Febrero de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:7893
Número de Recurso4600/2004
Número de Resolución136/2008
Fecha de Resolución28 de Febrero de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00136/2008

Procedimiento ordinario nº 4600/2004

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

A Coruña, vinte e oito de febrero de 2008.

O recurso contencioso administrativo núm. 4600 /2004 pendente de resolución nesta Sala, presentado por Dª Rosario E OUTROS, representadoS polo procurador Sr. Castro Bugallo e asistido do letrado Sr. Muñoz

Rodríguez, contra o acordo de 15.09.2004 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos . É parte demandada a

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS, representada e asistida polo letrado da Xunta e a CONFRARÍA DE

PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS, coa representación do procurador Sr. Lado Fernández e coa asistencia do

letrado Sr. Valladares Gondar.

A contía do recurso é indeterminada . ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.

TERCEIRO

Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.

CUARTO

Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

O obxecto do recurso é a pretensión de anula-lo proceso electoral da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados e con base nos seguintes motivos: a) inclusión no censo electoral de persoas que xa non pertencían á confraría ( xubilados ); b) imposibilidade de actuacións dos interventores das candidaturas, c) infracción das normas de votación por correo; d) imposibilidade de facer campaña electoral.

Os demandados rebaten estos motivos.

Verbo do primeiro motivo; o recorrente sostén que no censo electoral figuraban como electores dúas mariscadoras a pé ( Sras. Filomena e Paloma ) e un armador ( membro da mesa electoral, Sr. Ángel Daniel ) que non podían ser membros da confraría por estar xubilados - art. 5 Lei 09/1993 e 36 Decreto 261/02 -, e, polo tanto, non podían participar nas eleccións.

O letrado da Xunta non nega esta circunstancias máis sostén que a pretensión de nulidade presentárona fora de prazo, dado que o artigo 96 do Decreto 261/2002 establece un prazo de 15 días dende a exposición do censo ó público - para facer reclamacións, sen que logo poidan formularse pretensións contra o censo electoral.

A confraría tampouco nega que as persoas citadas estiveran xubiladas ó tempo de face-lo censo, máis tamén sostén que a pretensión foi extemporánea e que, en todo caso, non afectou ó proceso electoral.

Este último aserto sería relevante, dado que como recolle a STSX Galicia de 19.01.2006: no parecen contar con respaldo suficiente que justificara su inclusión en el censo como armadores al no constar, según tal documentación, que desarrollen la correspondiente intervención o actividad empresarial. Ahora bien, para derivar consecuencias anulatorias de una indebida inclusión en el censo de las últimas cuatro personas mencionadas, únicas en relación con lo expuesto a las que cabe referir la consideración sobre indebida exclusión, sería preciso constatar que tal inclusión hubiera producido efectos determinantes al respecto, lo que no se aprecia en cuanto a tales concretas inclusiones en relación con el resultado electoral producido,.. e coa finalidade, como recolle a STSX Galicia de 26.01.2006 de: lo realmente importante a la hora de decidir la cuestión consistía en si la causa de su exclusión era cierta, o no, y si se habían cumplido los requisitos básicos para la realización transparente y con garantías de dicho proceso electoral, fuera de toda posible actuación engañosa o arbitraria atentatoria contra la limpieza y buena fe que debe presidir la elección de todos los miembros directivos de la Cofradía,

No caso presente, chega con velos resultados para observar que no caso dos vocais da quenda de traballadores existiron diferencias de so un voto ou de dous entre os candidatos máis votados, e outro tanto aconteceu no caso dos empresarios, polo que, a inclusión das persoas citadas polo recorrente tivo transcendencia no resultado electoral.

Partirmos deste feito, o que obriga a entrar a avaliar se a impugnación do resultado electoral, con base na irregular constitución do censo electoral, é ou non extemporánea por infrinxi-lo artigo 96 Decreto 261/2002 e norma electoral 8ª da Confraría.

Como recolle a STC 80/2002 : un procedimiento como el electoral cuenta con «plazos fugaces, perentorios y preclusivos» ( STC 170/1991, de 19 de julio [RTC 1991\170], F. único ), y hemos insistido en la perentoriedad de los mismos (recientemente, STC 48/2000, de 24 de febrero [RTC 2000\48], F. 3 ), y las que ella recuerda en igual sentido), y por eso resulta palmaria la incompatibilidad con esta conclusión de la apertura de un plazo «sine die» para la rectificación de los errores materiales

Estas normas establecen os afiliados poderán efectuar reclamacións sobre a súa inclusión ou exclusión ... e que ... resoltos os recursos presentados o censo electoral converterase en Censo Electoral,sen que en ningún momento posterior se poida impugnar ese Censo.

Os recorrentes interpretan que esta limitación só abrangue a situación persoal do afiliado - podía denunciar que o incluirán na quenda equivocada ou que non figuraba - máis non cando falarmos da condicións doutro afiliado.

A Xunta mantén o criterio contrario.

Como recolle a STSX Navarra de 11.02.1996 : Las normas jurídicas deben ser interpretadas, conforme establece el ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR