STSJ Galicia 20/2008, 24 de Enero de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:5998
Número de Recurso4376/2004
Número de Resolución20/2008
Fecha de Resolución24 de Enero de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00020/2008

Procedimiento ordinario nº 4376/2004

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

A Coruña, vinte e catro de xaneiro de 2008.

O recurso contencioso administrativo núm. 4376/2004 pendente de resolución nesta Sala, presentado por CONFRARÍAS DE

PESCADORES DE A POBRA DO CARAMIÑAL, SAN MARTIÑO DO GROVE e SAN JOSE DE CANGAS DO MORRAZO,

representado polo procurador D. Castro Bugallo e asistido do letrado D. Muñoz Rodríguez, contra a ORDE de 06.04.2004 da

Consellería de Pesca . É parte demandada a CONSELLERÍA DE PESCA, representada e asistida polo letrado da Xunta .

A contía do recurso é indeterminada .

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.

TERCEIRO

Non se solicitou o recibimento do preito a proba e tralo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.

CUARTO

Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

A disposición xeral que se recorre é a ORDE de 06.04.2004 que regula os procedementos de expedición, renovación, traslado e transmisión de permisos de explotación para embarcacións.

A impugnación limítase os artigos 3.1.C e F, 7.1, 18.2 e 4 e DT2ª, con base na infracción do principio de xerarquía normativa, ó excede-lo contido da Lei 06/1993 e Decreto 425/1993 .

Como indica a STS 09.02.2004 : Es ya doctrina reiterada de este Tribunal Supremo (RJ 2001\8201) que el Reglamento, en cuanto norma jurídica de carácter general emanada de la Administración, tiene un valor subordinado a la Ley a la que complementa. Por ser el Reglamento -como dicen las sentencias de 14 de octubre de 1996 (RJ 1996\8651) y 17 de junio de 1997 (RJ 1997\6093 )-, una norma jurídica de colaboración, debe distinguirse entre la normación básica de las cuestiones fundamentales que siempre corresponde a la Ley, y aquéllas otras normas secundarias pero necesarias para la puesta en práctica de la Ley: los Reglamentos. Por medio de la potestad reglamentaria, la Administración participa en la elaboración del ordenamiento jurídico, de suerte que la norma emanada de la Administración (el Reglamento), queda integrada en aquél. Pero la potestad reglamentaria no es desde luego incondicionada, sino que está sometida a la Constitución (RCL 1978\2836) y a las Leyes ( artículo 97 CE ). Por el sometimiento del Reglamento al bloque de la legalidad, es controlable por esta jurisdicción ( artículo. 106.1 CE y artículo 1º de la LJCA [RCL 1998\1741 ]), a la que corresponde -cuando el Reglamento es objeto de impugnación-, determinar su validez o su ilegalidad, lo que ha de hacerse poniéndolo en relación con la Constitución y el resto del ordenamiento jurídico positivo (y tratándose de reglamentos ejecutivos particularmente con la Ley que desarrollan que se convierte así en el límite más inmediato y el parámetro referencial más próximo para calibrar su ajuste al ordenamiento), con los principios generales del Derecho y con la doctrina jurisprudencial en la medida en que ésta complementa el ordenamiento jurídico ( artículo 1.6 del Código Civil [LEG 1889\27 ]); así el reglamento ejecutivo, como complemento indispensable de la Ley, puede explicitar reglas que en la Ley estén simplemente enunciadas y puede aclarar preceptos de la misma que sean imprecisos, de suerte que el Reglamento puede ir más allá de ser puro ejecutor de la Ley, a condición de que el comportamiento de la Administración sea acorde con la Constitución y con el resto del ordenamiento jurídico en los términos explicados,....

Compre determinar se a Orde 06.04.2004 infrinxe estos límites ou nonO artigo 3.1.C establece como requisito para a obtención e validez do permiso de explotación de embarcación: que a empresa que explote comercialmente a embarcación e o persoal enrolado nesta estean de alta no réxime especial de seguridade social dos traballadores do mar.

Debemoslle dala razón ó letrado da Administración, xa que esta disposición non infrinxe o principio de xerarquía normativa,senón que da cumprimiento a esixencias legais indisponibles polas partes - art. 10-11-12 Decreto lexislativo 2864/1974 -, é dicir, estamos ante un precepto redundante, xa que, de non existir, se mantería a obriga de alta e cotización no réxime especial de traballadores do mar, e o seu incumprimento provocaría a imposibilidade de obte-lo permiso de explotación. Doutro xeito, a administración estaría cooperando na infracción do artigo 20 e ss RDL 05/2000 .

Non existe exceso ningún o impor esta esixencia, que é lóxica dentro da dinámica de profesionaliza-lo sector e garanti-lo benestar dos traballadores. Polo demais, a propia DA do Decreto 425/1993 impuxo que os titulares dos permisos de explotación se deran de alta no réxime especial de traballadores do mar.

O artigo 3.1.f impón como requisito: para a determinación das artes de pesca, a embarcación debe acreditar reunir as condicións establecidas no Decreto 424/1993 de 17.12 en materia de estructura. O recorrente sostén que se introduce un requisito que limita os dereitos subxectivos dos titulares dos permisos de explotación das embarcacións sen amparo legal, xa que para a súa renovación se atribúe poderes discrecionais á administración.

Consideramos, seguindo a alegación do letrado da Xunta, e dado que non se impugna o Decreto 424/1993, o feito de condiciona- la renovación do permiso ó cumprimento do Decreto 424/93 que aproba o regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca admisibles en Galicia, non infrinxe o principio de xerarquía normativa.

A DF...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR