STSJ Galicia 523/2008, 17 de Septiembre de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:4997
Número de Recurso16110/2008
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución523/2008
Fecha de Resolución17 de Septiembre de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00523/2008

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 16110/2008

RECURRENTES: Julián, Millán, Rodolfo, Silvio

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ADMINISTRACION CODEMANDADA: CONSELLERIA DE ECONOMIA E FACENDA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dezasete de setembro de dous mil oito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 16110/2008, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 7337/2006, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por don Julián, don Millán, don Rodolfo y don Silvio, representados pola

procuradora dona MARTA DIAZ AMOR, e dirixidos polo letrado don JESUS ARANDA VELEZ, contra ACORDO DO 18-12-02 ESTIMANDO EN PARTE RECLAMACIONS CONTRA OUTRO DA CONSELLERIA ECONOMIA E

FACENDA SOBRE

LIQUIDACION IMPOSTO SOBRE SUCESIONS E DONACIONS. 27/683 E ACUMULADAS 1999. Son parte a Administración

demandada o TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo AVOGADO DO

ESTADO, e a CONSELLERIA DE ECONOMIA E FACENDA, representada polo LETRADO DA XUNTA DE GALICIA.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselles traslado del ás partes recorrentes para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselles traslado ás partes demandadas, quen solicitaron o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados nas contestacións da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 208.733#40 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Os actos que se recorren son: a) acordos de 18.12.2002 que acolle, parcialmente, o recurso anulando a liquidación (en atención o momento temporal no que se realiza o feito impoñible) e a sancion tributaria, e b) acordos de 29.10.2004 (ditados en execucion do anterior anulado) que realizan unha nova liquidación e impoñen unha sanción.

As resolución teñen o seu orixe na: a) escritura pública de compravenda de 01.09.1989 pola que, Dª Magdalena vende a metade da finca e unha vivenda a D. Hugo, polo importe de 25 millóns de ptas, con renuncia dos fillos o dereito de retracto, e b) contrato privado de 01.09.1989 no que os fillos da Sra. Magdalena permutan con Dº Hugo a outra metade da finca e vivendas, recibindo (eles exclusivamente) a cambio obra futura. Entrega efectuada o 08.04.1992.

A administración autonómica considerou que ámbolos dous documentos permiten entender que existiu unha DOAZON da nai os fillos: # da construcción que reciben os fillos do promotor Sr. Hugo .

SEGUNDO

Antes doutras consideracións é obrigado resolve-las causas de non admisión que suscita o letrado da Xunta: perda sobrevida do obxecto e falta de esgotamento da vía administrativa previa.

Aínda que son dúas as causas que se formulan, ámbas estan intimamente relacionadas, xa que o letrado da Xunta considera que o acordo de 18.12.2002, ó estimar en parte a reclamacion económico administrativa e anula-las liquidacions e sancións, fai que careza de obxecto o recurso contra estas, e que, os recorrentes, deberon reproducirse os motivos (ausencia de feito impoñible, prescrición, caducidade...) con ocasión do recurso contra as novas liquidacions e sancións - de 29.10.2004, e o non facelo faltaría o esgotamento da vía administrativa.

Non podemos acoller esta pretensión; como resulta dos acordos de 29.10.2004 estos ditanse en execución dos de 18.12.2002, polo que, de non recorre-los acordos de 18.12 estariamos ante unhas bases (da execución posterior) firmes e consentidas.

Os acordos de 18.12.2002 só dan resposta a unha das pretensións dos recorrentes polo que, estos sufren un gravame - rexeitamento implícito das pretensións de prescrición, caducidade...- que xustifica a interposición do recurso. Os actos de execución - acordo de 29.10.2004 - quedaran condicionados polo resultado do recurso contra os acordos orixinarios, polo que, non podemos falar de falta de esgotamento da via administrativa.

TERCEIRO

O recurso baséase na: a) non existenza de doazón; b) prescrición, c) caducidade do expediente.,

d) improcedencia das sancións e e) erros materiais.

Verbo do primeiro motivo, o fundamenta na diferente cualificación xurídica outorgada polas administracións tributarias á mesma operación: escritura pública de 01.09.1989.

A Xunta liquida a escritura de 01.09 como compravenda (paga, en consecuencia o Sr. Hugo ), incrementando o valor declarado (a 63.554.745 ptas) e aplicando a DA 4ª Lei 08/1989. Comunica este feito á AEAT por se existe un incremento patrimonial (non declarado) da Sra. Magdalena .

A AEAT considerou que existiu unha permuta (ten con conta tanto a escritura pública de 01.09.89 como o contrato privado de 01.09.89) e liquida incrementos de patrimonio a nai e fillos. Faino prescindindo das adxudicacións da escritura do ano 1992, é dicir, aplícalle un 50% á nai (32.311.893 ptas) e outro 50% ós fillos. Os recorrentes asinaron as actas de conformidade.

Trala actuación da AEAT a Xunta considera que existe unha DOAZON da Sra. Magdalena a prol dos fillos, dado que, como figura no gráfico do folio 461, a Sra. Magdalena non percibe (en realidade) nada polo 50% do solar e vivenda que entrega o Sr. Hugo, senón que son os fillos os que perciben bens a cambio na operación (escritura pública de 1992).

Esta conclusión da administración tributaria da Xunta é correcta; como indica a resolución do TEAC

28.05.2004:

En cuanto si resulta procedente la regularización efectuada, como premisa para la determinación de si las liquidaciones impugnadas pueden reputarse ajustadas a Derecho, cabe señalar que el artículo 28.2 de la LGT, en la redacción dada por la Ley 25/1995 ((NFL002306(), establece que: «El tributo se exigirá con arreglo a la naturaleza jurídica del presupuesto de hecho definido por la Ley cualquiera que sea la forma o denominación que los interesados le hayan dado, prescindiendo de los defectos que pudieran afectar a su validez»; es decir, que la calificación de los hechos reales para exigir el tributo debe hacerse desde la norma tributaria y, por tanto, que dicha calificación puede ser diferente de la que se derive de cualquier otra norma. A su vez, el artículo 1.282 del Código Civil (CC ) establece que:

Para juzgar la intención de los contratantes, deberá atenderse principalmente a los actos de éstos, coetáneos y posteriores al contrato.

Por otro lado, conviene precisar que, si bien en el ámbito de nuestro ordenamiento jurídico rige el principio de libertad de contratación de la partes, y dicho principio no puede ser menoscabado por la Administración, sin embargo, el uso de formas jurídicas diversas al amparo del citado principio no puede, ni debe, modificar las consecuencias tributarias que procedan, derivadas de la propia naturaleza del presupuesto de hecho que genera el nacimiento de la obligación tributaria.

No caso presente, a verdadeira natureza xurídica da operación formalizada na escritura de

01.09.1989 e contrato privado - complementario -da mesma data, xunto coas actuacións posterioresescritura de 1992 de obra nova, declaración de propiedade horizontal e cesamento da proindivisión e adxudicación de fincas - é recoñecida polos propios recorrentes ante a AEAT (actas de conformidade polos incrementos de patrimonio), onde aceptan que estamos ante unha PERMUTA (por obra futura), e unha permuta que realiza tanto a Sra. Magdalena como os fillos. Considera que ámbolos dous documentos reflicten unha soa operación.

A AEAT liquida o que é da súa competencia: incremento patrimonial ós efectos do IRPF e atribúelle á nai o 50% deste incremento (prescinde do que son as adxudicacións realizadas na escritura de 1992).

Como se indica a AEAT só avalía o resultado fiscal -e insistimos ós efectos do IRPF do ano 1989- da operación formalizada nos documentos do ano 1989, en tanto que a Xunta avalía estos documentos en relación co resultado que se produce no ano 1992 que é cando se consuma a disposición - gratuita - por parte da Sra. Magdalena dos bens que debía recibir pola permuta a prol dos fillos.

En resume, non concorre a causa de nulidade que se invoca: non existenza do feito impoñible, nin tampouco existe unha actuación contraditoria das administración tributarias: sendo certo que existen liquidacións -da mesma operación- polo concepto do ITP, IRPF e Doazón, esto é imputable o actuar dos propios recorrentes, quen, ante a Xunta só achegan a escritura pública de 01.09.1989, polo que é correcto que esta se liquidara polo ITP (cuestión, ademais, que afecta ó Sr. Hugo e non os recorrentes).

A AEAT xa dispón do contrato privado complementario, polo que realiza un estudio conxunto da operación e o cualifica de permuta, liquidando os incrementos de patrimonio (nun 50% á nai e noutro os fillos), con aceptación dos contribuintes.

A posterior transmisión da nai os fillos (consumada no ano 1992) é obxecto de liquidación por doazón o que é coherente coas actuacións previas. Transmision gratuita que non admite discusión, dado que a Sra. Magdalena nada percibe...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR