SAP Pontevedra 4/2008, 30 de Enero de 2008

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2008:188
Número de Recurso9/2007
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución4/2008
Fecha de Resolución30 de Enero de 2008
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00004/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección Segunda

CAUSA PENAL

Rolo: 9/07 J

Organo de Procedencia: Xulgado de Instrucción núm. 1 de O Porriño

Asunto: Procedimiento Ordinario

Número: 2/2007

SENTENZA Nº 4

==========================================================

ILMOS. SRES.

Presidente

D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO

Maxistrados

Dª Mª MERCEDES PÉREZ MARTÍN ESPERANZA

Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA

==========================================================

PONTEVEDRA, trinta e un de xaneiro de dous mil oito

Vistas as presentes dilixencias seguidas por un suposto delito de abusos sexuais contra Pedro Miguel, con DNI NUM000, nado en Pazos de Borbén o 24 de decembro de 1965, casado, fillo Virginio e Sabina, con domicilio en DIRECCION000, NUM001, de Guizán-Mos, sen antecedentes penais, declarado solvente, en liberdade provisional por esta causa, na que o

representou o procurador don Ángel Cid García, quen non compareu ao xuízo oral, e defendeuno o avogado don Juan E.

Montenegro Martínez. Exercitou a acusación particular por Angelina e María Antonieta o procurador don Antonio

Daniel Rivas Gandasegui, quen non compareu ao acto do xuízo oral, e a avogada dona Sonia González Pérez. En

representación do Ministerio Fiscal compareceu don César Carlos del Pozo Luengos. E foi Maxistrado-Relator o Ilmo. Sr.Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO, por quen se expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Ministerio Fiscal nas súas conclusións provisionais cualificaba os feitos como constitutivos dun delito continuado de abusos sexuais con prevalemento do artigo 182.1 e 2, en relación cos artigos 181, 180.1.3ª e e 74 do Código Penal, do que consideraba responsable, en concepto de autor, ao acusado, non apreciando a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, e interesando a pena de 7 anos de prisión, coas accesorias de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, prohibición de achegarse ao domicilio da vítima ou donde esta se atopase a unha distancia non inferior a 200 metros, e a comunicarse con ela por tempo de 6 anos, custas, e que indemnizase a María Antonieta na cantidade de 12000 euros polos danos morais.

No acto do xuízo oral modificou a acusación pública as súas conclusións no sentido de suprimir a cita do nº 2 do artigo 182 en relación ás circunstancias 3ª e 4ª do artigo 180 do Código Penal, mantendo todos os demais extremos da súa calificación provisional.

SEGUNDO

A acusación particular nas súas conclusións provisionais, tamén elevadas a definitivas, efectuando a mesma cualificación xurídica co Fiscal efectuaba daquela, deste diverxía na petición de pena que elevaba a 9 anos de prisión, e na duración da medida de probición de achegarse a María Antonieta e de comunicarse con ela por calquera procedemento que baixaba a 5 anos a contar dende o primeiro permiso penitenciario; asemade que, en concepto de responsabilidade civil interesaba 18000 euros polos danos morais.

TERCEIRO

A defensa do acusado interesou a súa libre absolución con tódolos pronunciamentos favorables.

FEITOS PROBADOS

Non se considera probado que o procesado Pedro Miguel, das circunstancias persoais que xa constan e sen antecedentes penais, sobre as 13:30 horas do día 6 de agosto de 2004, se dirixise no seu automóbil coa súa filla Emilia e con María Antonieta (nada o 11 de agosto de 1989) a unha casa sita en Cepeda-Pazos de Borbén, propiedade da nai do procesado, e que ao chegar ao lugar, permanecendo a súa filla no coche, insistíralle a María Antonieta para que fose con el co pretexto de colocar un plástico, e que unha vez dentro dunha construcción anexa á casa Pedro Miguel lle quitase os pantalóns a María Antonieta, sentándoa enriba dunha manta que cubría un arcón-conxelador, deixándoa sen a súa roupa interior, e comezando a realizarlle tocamentos libidinosos por todo o corpo, con introducción dos dedos na vaxina, asemade que se abría o pantalón e lle dicía que lle tocase o pene e llo chupase, chegando a exacular. Tampouco quedou probado que o procesado advertise a María Antonieta de que non dixese nada ou que lle pesaría a ela e a súa familia.

Igualmente declárase non probado que María Antonieta, dende que tiña uns dez anos, fose sometida polo procesado a continuos abusos, tanto na súa casa como na de Cepeda, dándolle bicos, masturbándose diante dela, meténdolle os dedos na vaxina, ou obrigándoa a realizar felacións.

O procesado e a daquela menor son padriño e afillada e vivían, porta con porta, en DIRECCION000, números NUM001 e NUM002, respectivamente, de Guizán-Mos. FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Os feitos declarados probados legalmente non son constitutivos do delito de abusos sexuais previsto e penado nos artigos 182.1 e 2, en relación cos artigos 181, 180.1.3ª e , e 74 do Código Penal, polos que finalmente foi obxeto de imputación o procesado Pedro Miguel polas acusacións pública e particular do respectivo xeito reflectido nos antecedentes de feito que preceden a estes razoamentos xurídicos.

SEGUNDO

O dereito á presunción de inocencia, consagrado no artigo 24 da Constitución española

, implica que toda persoa acusada dun delito debe ser considerada inocente ata que se demostre a súa culpabilidade de acordo coa Lei ( artigo 11 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos ; artigo 6.2 do Convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e das liberdades fundamentais ; e artigo 14.2 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos ). A alegación daquela presunción como tal obriga aos Tribunais a concienzudamente reparar en se a proba de cargo que se poida ter practicado ten o suficiente contido incriminatorio, se foi obtida e incorporada ao xuízo oral con respecto aos dereitos fundamentais e consonte as normas que regulan a súa práctica de xeito que se poida considerar acreditada a realidade duns feitos concretos, coas súas circunstancias agravatorias relevantes xurídico-penalmente, e a participación ou intervención do acusado nos mesmos.

Só se pode considerar proba de cargo de signo incriminatorio ou de cargo a que, por unha banda, se obteña sen vulneración de dereitos fundamentais, directa ou indirectamente conforme require o artigo 11.1 da Lei Orgánica do Poder Xudicial e, por outra banda, que fose practicada no plenario ou xuízo oral, ou nos casos de proba anticipada ou preconstituída, na fase de instrucción sempre que fose imposible a súa reproducción naquel fundamental acto e que se garantice o exercicio do dereito de defensa e a posibilidade de contradicción ( SSTC 34/96, 102/94, 303/93, 138/92, e 76/90 ).

Coa lembranza de que o dereito á presunción de inocencia só acada á total ausencia de proba, e non aos casos nos que nos autos existe un mínimo de actividade probatoria de cargo, razoablemente suficiente e producida no xuízo oral coas debidas garantías procesuais ( SSTS 20/2001, do 28 de marzo, 26 de setembro 2003, 21 decembro 1999, e 7 abril 1992 ), a recente STS 608/2007, do 10 de xullo, xusto analiza o caso de que se debe entender por proba de cargo para desvirtuar a presunción de inocencia sentando a doutrina que xa deixamos reflectida, e chegando á conclusión de que resulta perfectamente encadrable dentro daquela a declaración dunha sóa testemuña aínda que se trate da propia vítima.

Subliña a citada STS 608/2007, do 10 de xullo (reiterando así a STS 804/2006, do 20 de xullo ): "La declaración de la víctima no es prueba indiciaria sino prueba directa y ha sido atendida como prueba de cargo tanto por la doctrina del Tribunal Supremo ( SS. 706/2000, 313/2002, 224/2005 ), como del Tribunal Constitucional ( SS. 201/89, 173/90, 229/91 ). Así la STS 30-1-99 destaca que las declaraciones de la víctima o perjudicado tienen valor de prueba testifical, siempre que se practiquen con las debidas garantías y son hábiles por si solas para desvirtuar la presunción constitucional de inocencia, y de manera especifica en los delitos en que por las circunstancias en que se cometen no suele concurrir la presencia de otros testigos bien entendido que cuando es la única prueba de cargo exige una cuidada y prudente valoración por el tribunal sentenciador, ponderando su credibilidad en relación con todos los factores subjetivos y objetivos que concurran en la causa, precisando la STS 29-4-99 con que no basta la sola afirmación de confianza con la declaración testimonial cuando aparece como prueba única, la afirmación ha de ir...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR