SAP Pontevedra 1/2008, 24 de Enero de 2008

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2008:180
Número de Recurso3/2007
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución1/2008
Fecha de Resolución24 de Enero de 2008
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00001/2008

CAUSA PENAL

ROLO: 3 /07

Organo de Procedencia: de Instrucción nº 2 de Pontevedra

Asunto: Sumario

Número: 1/07

SENTENZA Nº 1

ILMOS. SRES.

PRESIDENTE

DON JOSE JUAN BARREIRO PRADO

MAXISTRADOS

DONA MARÍA MERCEDES PÉREZ MARTÍN ESPERANZA

DONA ROSARIO CIMADEVILA CEA

PONTEVEDRA, vinte e catro de Xaneiro de dous mil oito.

Vistas as presentes dilixencias seguidas polos supostos delitos de asasinato, homicidio, lesións graves, e tenencia ilícita de

armas prohibidas, contra Jose Augusto, con DNI NUM000, nado en Cangas do Morrazo o 24 de xullo de 1969,

fillo Teodoro e Hermosinda, con antecedentes penais non computables, declarado insolvente, en prisión provisional por esta

causa, na que o representou a procuradora dona Isabel Sanjuán Fernández e defendeuno o avogado

don Fernando Garnelo Abilleira. Exercitou a acusación particular por Pablo e Carlos María, no seu propio nome e no de Marcelina, María Rosario e Diego, o procurador don Francisco Javier Almón Cerdeira, e o avogado don

Joaquin Aguado Agelet. Como terceiro responsable civil actuou o Avogado do Estado, don Juan A. Sardina Páramo. En

representación do Ministerio Fiscal compareceu don Ignacio Jáuregui Fernández. E foi Maxistrado-Relator o Ilmo. Sr.Don JOSE JUAN BARREIRO PRADO, por quen se expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Ministerio Fiscal nas súas conclusións provisionais que logo elevou a definitivas cualificou os feitos como constitutivos de: un delito de asasinato, do artigo 139 do Código Penal ; un delito de homicidio no grao de tentativa, do artigo 138 do CP ; un delito de lesións graves, dos artigos 147.1 e 148.1 do CP ; e un delito de tenencia de armas prohibidas, do artigo 563 do CP, en relación co artigo 4.1f do Real Decreto 173/1993, do 27 de xaneiro . De tales infraccións delituosas consideraba responsable, en concepto de autor, ao acusado, non apreciando a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, e interesando as seguintes penas: 17 anos de prisión, polo delito de asasinato; 6 anos de prisión, polo delito de homicidio; 4 anos de prisión, polo delito de lesións graves; e 2 anos de prisión, polo delito de tenencia de armas prohibidas, coas accesorias de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, custas, e que indemnizase á esposa e filla do falecido nas sumas de 12.000 euros, para cada unha delas, con declaración da responsabilidad civil do Estado.

SEGUNDO

A acusación particular nas súas conclusións provisionais, tamén elevadas a definitivas, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de asasinato do artigo 140 do Código Penal, un delito de tenencia de armas prohibidas do artigo 563 do CP en relación co artigo 4.1.f do RD 173/1993, do 27 de xaneiro, do que consideraba autor ao procesado, e tras apreciar a concorrencia da circunsancia modificativa da responsabilidade criminal do artigo 22.4ª do CP, solicitaba a imposición da pena de 23 anos de prisión polo asasinato, e 2 anos de prisión polo delito de tenencia de armas prohibidas. Asemade que, instaba a fixación dunha indemnización total de 148.834,05 euros a distribuir do seguinte xeito: 99.222,70 euros para a esposa Marcelina, 41.342,79 euros para a filla menor de idade María Rosario, e 8.268,56 euros, para a nai Diego, coa declaración de responsabilidade civil por todas elas do Estado

TERCEIRO

A defensa do acusado interesou a súa libre absolución con tódolos pronunciamentos favorables. En todo caso, formulaba a alternativa de delito de homicidio, coa concorrencia da circunstancia atenuante cualificada de arrebato o obcecación do artigo 21.3 do Código Penal, e a atenuante cualificada do artigo 21.1 en relación coa artigo 20.1 do CP ou, alternativamente, a atenuante analóxica do artigo 21.6 do CP de alteración da persoalidade polo tempo que o procesado leva en prisión, coa imposición dunha pena de 3 anos e 9 meses de prisión, e polo delito de lesións imprudentes a pena de 23 días de prisión.

CUARTO

A Avogacía do Estado, como terceiro civil responsable, igualmente instou o ditado dun pronunciamento absolutorio sen a declaración de responsabilidad civil que se lle demandaba.

FEITOS PROBADOS

Sobre as 17:30 horas do día 6 de novembro de 2006, no centro penitenciario de A Lama, o procesado Jose Augusto, e o tamén interno Oscar, enleáronse nunha pelexa a puñadas no patio do cárcere.

Rematado o anterior incidente, hora e media despois, e cando ambos se atopaban cos demais internos gardando cola no comedor do módulo 3, movido polo rancor do episodio anterior, o procesado Jose Augusto, de xeito inopinado e aproveitando que Oscar se atopaba desprevido e entretido coa bandexa dos alimentos nas mans, esgrimindo un coitelo, sen mediar palabra e de súpeto, coa intención de rematar coa súa vida, espetoulle ata sete puñadas a Oscar, seis elas abranguidas entre a rexión do queixelo e a zona supramamaria; e en concreto, unha das puñadas foi de mortal necesidade ao penetrar o coitelo na parte superior do hemitórax dereito, atravesando o espazo intercostal entre a terceira e a cuarta costela ata acadar o pericardio e o corazón de cheo coa folla do coitelo, producindo así a morte de Oscar .

O tamén interno Benito resultou alcanzado, sen querer por unha das puñadas lanzadas contra Oscar polo procesado Jose Augusto e, en concreto, na parede abdominal que interesou cego na parede anterior e posterior, retroperitoneo e vascularización de colon ascendente, feridas que precisaron de intervención cirúrxica baixo anestesia xeral, tardando en curar uns corenta días, dos que once estivo hospitalizado, e restándolle como secuelas dúas cicatrices, unha de 2,5 cm no abdome (fosa ilíaca dereita) provocada pola ferida da arma e, outra de 16 cm na liña media abdominal infraumbilical de orixe cirúrxica.

No transcurso do referido acometemento perpetrado polo procesado Jose Augusto na persoa de Oscar, o compatriota del e tamén interno Serafin intentou auxilialo, mais ao achegarse cando xa Oscar estaba no chan, foi perseguido polo procesado co coitelo aínda na man coa intención de tamén agredilo sen, porén, conseguilo pola rapidez coa que fuxiu ata lograr refuxiarse tras unha mampara longa de cristal dotada de entrada e saída a xeito de circuíto que lle permitía a Serafin a posibilidade de seguir manténdose fóra do alcance do procesado aínda que este mantivese a persecución, á que puxo remate cando apareceu un funcionario de prisións e logrou que se entregase.

A arma empregada polo procesado consistía nun puñal de aceiro, de fabricación caseira, cunha lonxitude total de 185 mm, das que as súas zonas máis afiadas tiñan uns 120,7 mm, cun ancho de 25 mm, e un grosor de 2,5 mm, con dobre gume, rematado en punta, e protexido no extremo contrario a esta por un elemento de plástico a xeito de mango.

O falecido Oscar, nacera en Pinisiti-Nixeria, o 23 de abril de 1964, tendo así 42 anos de idade cando os feitos. Deixa esposa ( Marcelina ), filla ( María Rosario ), e nai ( Diego ).

O interno que tamén resultou lesionado Benito expresamente renunciou a calquera indemnización que lle puidese corresponder.

O procesado Jose Augusto atopábase interno no centro penitenciario de A Lama en cumprimento de numerosas condenas anteriores das que, porén, pola súa natureza non se tiran antecedentes penais computables para a presente causa.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Os feitos declarados probados legalmente son constitutivos do delito de asasinato, previsto e penado no artigo 139.1ª do Código Penal, do que resulta responsable en concepto de autor ( artigos 27 e 28 do Código Penal ) o procesado Jose Augusto .

As declaracións efectuadas por este ao longo do procedemento amosan a seguinte secuencia:

  1. Na fase preprocesual, e perante os funcionarios do centro penitenciario de A Lama, referiu que polo serán, pouco antes da cea, Oscar dirixírase a el chamándoo racista, contestándolle el que só saudaba e falaba con quen lle petaba, tralo cal Oscar preguntoulle se non sabía quen era el, repostándolle o procesado que non, e recibindo xa este unha puñada que o deixara medio k.o. Depois, unha vez efectuado o reconto e cando se dispoñían a cear, un interno entregoulle un pincho co que se achegou a Oscar cando agardaban para coller a bandexa e, ao tempo que lle dicía "tu me diste a mi y ahora yo te doy a ti", espetoulle varias puñadas, tirando Oscar doutro interno para interpoñelo entre ambos, pinchando a este último sen querer.

  2. Na fase de instrucción perante a Maxistrada-Xuíz, pasou a referir que Oscar lle dera un golpe na faciana, que quedara inconsciente no chan uns minutos, despertando cando o golpeaba cun pao, e que só se defendera da agresión cun coitelo que alguén lle pasou en tal intre, utilizándoo contra quen o acometía. Engadiu que cando Oscar lle chamara racista e recibira del o golpe fora no momento da ocorrencia dos feitos e non antes no patio.

    Nun momento posterior, na mesma fase instrutora, engadiu o procesado que, en realidade fora agredido polos dous súbditos nixerianos ( Oscar e Serafin ) atopándose os tres na cola do comedor; que cando alguén lle pasa o pincho deféndese de Oscar sen ser consciente de terllo cravado sendo golpeado polas costas por Serafin que, a súa vez, bota a correr cando lle ve o pincho; así como que asinara a anterior declaración perante os funcionarios de prisión sen saber moi ben o que dixera polas lagoas de memoria debidas á medicación.

  3. Con ocasión da declaración indagatoria insistiu en que non lembraba nada dos feitos.

  4. No acto do xuízo oral igualmente se centrou o procesado en que non lembraba nada dos feitos agás, que o falecido o agredira e que el repelera a agresión.

    O bagaxe probatorio así suministrado polo acusado debe ser completado, evidentemente, cos restantes medios probatorios. E descartados en tal...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR