AAP Pontevedra 260/2009, 18 de Diciembre de 2009
Ponente | JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO |
ECLI | ES:APPO:2009:1535A |
Número de Recurso | 4283/2008 |
Procedimiento | CIVIL |
Número de Resolución | 260/2009 |
Fecha de Resolución | 18 de Diciembre de 2009 |
Emisor | Audiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª |
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
AUTO: 00260/2009
AUDIENCIA PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
Sección 006
Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Telf : 986817388-986817389
Fax : 986817387
Modelo : AUT01
N.I.G.: 36038 37 1 2008 0600988
ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004283 /2008
Juzgado procedencia : JDO. 1A.INST.E INSTRUCCION N. 2 de REDONDELA
Procedimiento de origen : EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 0000290 /2007
RECURRENTE : ITAIPU-TRADE,S.L.
Procurador/a : JOSE JAIME PEREZ ALFAYA
Letrado/a : LUIS ORGE MIGUEZ
RECURRIDO/A : Melchor
Procurador/a : NATALIA ESCRIG REY
Letrado/a : MARIA CRISTINA BUGARIN GONZALEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es. Magistrado/s: D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou
NO NOME DO REI
o seguinte
AUTO nº 260/09
En Vigo, a dezaoito de decembro de dos mil nueve.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuizo Execución Títulos Xudiciais 290/07, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela
, ós que correspondeu o rolo 4283/08, nos que aparece como parte apelante demandado ITAIPU-TRADE S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª JAIME PÉREZ ALFAYA e asistida do/da letrado/a D./D.ª LUIS ORGE MÍNGUEZ, e como parte contra a que se apela e demandante D./D.ª Melchor, representada polo/a procurador/a D./D.ª NATALIA ESCRIG REY e asistida polo/a letrado/a D./D.ª CRISTINA BUGARÍN GONZÁLEZ.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
-
ANTECEDENTES DE FEITO
O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela, con data do 9 de xullo de 2008, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:
"Dispongo: Que desestimo el recurso de reposición interpuesto contra el auto de adjudicación de fecha 5 de junio de 2008, confirmando el mismo en todos sus extremos. Igualmente procede rectificar el mencionado auto de adjudicación de fecha 4 de junio de 2008, declarando que los adjudicatarios de los bienes inmuebles realizados son Melchor y demás miembros de la Comunidad Hereditaria de Roque ."
Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Jaime Pérez Alfaya, en representación de ITAIPU-TRADE S.L., presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
-
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Ante a falta de concorrencia de licitadores á poxa, o acredor, dentro da alternativa que lle confire artº 671 da L. A. C ., optou porque se lle adxudicaran os bens inmobles embargados polo 50 por 100 do seu valor, ditando entón o Xulgado de primeira instancia auto o día 5 de xuño de 2.008, adxudicando efectivamente os bens ao executante polo valor resultante de deducir do valor taxado ou de mercado o importe dunha carga preferente, e mais concretamente un crédito garantizado con hipoteca, debidamente inscrita no Rexistro da propiedade. E contra desa resolución se alza agora a sociedade executada polo canle do presente recurso de apelación, interesando: A) De xeito preferente, que se revoque o auto de adxudicación, deixando esta sen efecto, co argumento de que a adxudicación dos bens por un valor inferior ao real -moi inferior, pois se atribúe ao acredor pola sua mitade do valor, sen que ese valor cubra, por outra banda, a débeda, implica un evidente menoscabo para o debedor. B) Subsidiariamente, que a adxudicación sexa pola mitade do valor taxado ou total, e non con deducción do crédito hipotecario subsistente a favor do terceiro, coa argumentación, neste caso, de que o artº 671 da Lei procesual fala, precisamente, de "valor de taxación".
A primeira cuestión estriba entón en determinar se no suposto dunha poxa sen licitadores pode o acredor executante pedila adxudicación do ben, indistintamente, ben polo 50 por 100 do seu valor, ou ben, pola cantidade que se lle deba por todolos conceptos, con independencia por conseguinte da cuantía da débeda. Ou pola contra, e como mantén a executada apelante, a opción de que se adxudique o ben ao acredor tan só é posíbel...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba-
STS 497/2016, 19 de Julio de 2016
...trata de una carga en la que queda subrogado el adjudicatario del bien pero a su vez, tal como establece el Auto de la Audiencia Provincial de Pontevedra de 18 de diciembre de 2009 , esa carga no se ha de tener en cuenta para aminorar el valor del bien, es evidente que si Itaipú-Trade, S.L,......