STSJ Galicia 95/2009, 11 de Febrero de 2009

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2009:652
Número de Recurso15242/2009
Número de Resolución95/2009
Fecha de Resolución11 de Febrero de 2009
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00095/2009

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15242/2009

RECURRENTE: MARINEDA,S.A.

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

PALOMA SANTIAGO Y ANTUÑA

A CORUÑA, once de febreiro de dous mil nove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15242/2009, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO NÚM. 7202/2007, está pendente

de resolución ante esta Sala, e que foi interposto pola entidade MARINEDA,S.A., representada pola procuradora dona DULCE MARIA MANEIRO MARTINEZ, e

dirixida polo letrado don RAMIRO-ANDRES LOPEZ CORRAL, contra ACORDO DO

21-09-06 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTRO DA A.E.A.T. DA CORUÑA SOBRE SANCION POLA INFRACCION TRIBUTARIA GRAVE POR LIQUIDACION CONTIDA NA ACTA DE CONFORMIDADE SOBRE IMPOSTO VALOR ENGADIDO, EXERCICIOS 1998 E 99. 15/2784/2002. É parte a

Administración demandada o TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitaron o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de

17.114´20 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 21.09.2006 do TEAR que rexeita a reclamación contra a sancion tributaria derivada do acta de conformidade núm. 724302544-IVE anos 1998 e 1999.

O acta é por non autorrepercuti-lo -inversión do suxeito pasivo- IVE nas adquisicions de metales preciosos -ouro- nas relacions coas empresas subministradoreas DIXONS HILL SL e SOCIEDAD ESPAÑOLA DE METALES PRECIOSOS SA e proceder, correlativamente, a deduci-las cotas repercutidas por Dixons Hill SL e a non contabiliza-las facturas -no libro rexistro de IVE- de SEMPSA, que figuraban sen IVE.

SEGUNDO

TemoS que, aínda que nos dous suposto non se aplicou a regra da inversión do suxeito pasivo, existen diferencias: a) relacions cos DIXON HILLS SL: facturas contabilizadas no libro rexisto de IVe e na contabilidade xeral e declaradas no modelo 347, e b) relacions con SEMPSA non recollidas no libro rexistro do IVE, máis si na contabilidade xeral e nos modelos 347.

O primeiro dos supostos -facturas de DIXON HILLS SL- non debe ser obxecto de sanción, dado que como recoñece o propio TEAR na resolución de 25.05.2006 (que achega o recorrente coa demanda), a norma - art. 84.uno.2º.b) da Lei 37/92 é de difícil integración (interpretación), o recorrente soportou a repercusión do imposto e, debemos engadir, as operacions foro contabilizadas, e como indica a SAN

26.07.2005: non se ocultaron datos non se deixou de contabilizar nin se ocultou dato de relevancia fiscal, polo que non se da o elemento subxectivo do tipo da infracción.

Conclusión distinta debemos facer no caso das facturas da sociedade SEMPSA, dado que nestas non se sufriu a repercusión do imposto nin se aplicou a regra da inversión do suxeito pasivo, senón que estamos ante operacións polas que non se pagou o IVE, non concurrindo, polo tanto, posibilidade de ampara-la conducta nunha interpretacion razoable da norma, senón que falarmos dunha conducta, cando menos, neglixente.

Como indican as sentencias de 09.12.1997, 18.07.1998, 16.11.1998 e 17.05.1999 do TS: la negligencia es un descuido, en la actuación contraria al deber objetivo de respeto y cuidado del bien jurídico protegido por la norma, no supone un claro ánimo de defraudar, sino un cierto desprecio o menoscabo de la norma, una lasitud en la apreciación de los deberes impuestos por la misma ...

Esto é o que aconteceu no caso presente; estamos ante adquisicións de certa importancia económica

-29.868.034 ptas- e nun sector no que é esixible un control exhaustivo das súas obrigas fiscais, recoñecéndose polo propio recorrente o erro (vencible) do contable da sociedade.

Erro que non é disculpable e que non exclúe a responsabilidade da empresa.

O que si debemos rectificar da sanción é a aplicación da agravante de ocultación, dado que esta ten como presuposto unha conducta dolosa e non caso presente, entendemos que existiu só neglixencia por parte do recorrente, ademais, e aínda sendo certo que non se recolleron as facturas nos libros do IVe si figuraban na contabilidade xeral e na declaración de operacións con terceiros, polo que, a AEAT contaba con indicios suficientes para detecta-lo erro.

TERCEIRO

Por último e respecto da infracción do dereito a non declarar contra si mesmo e uso indebido das probas.

Como indica a STSX Andalucía de 20.06.2008 : Tampoco merece ser acogida la queja del actor sobre la supuesta vulneración de su derecho a no declarar contra sí mismo ( artículo 24.2 CE ), que se habría producido al basarse la sanción en los datos o informaciones aportados por é mismo, derecho que también extiende su ámbito al procedimiento administrativo sancionador (SSTC 197/1995 y 45/1997 ) pero cuyo reconocimiento no impide que en garantía de la consecución de otros bienes jurídicos dignos de protección, se impongan también a los ciudadanos ciertos deberes de colaboración con la Administración Pública, como el de los titulares de los vehículos a motor de informar sobre la identidad de su conductor en un determinado momento (STC 197/1995 ) o el de someterse a ciertas pruebas de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR