SAP Pontevedra 146/2010, 30 de Septiembre de 2010

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2010:2260
Número de Recurso146/2010
ProcedimientoPENAL - APELACION PROCEDIMIENTO ABREVIADO
Número de Resolución146/2010
Fecha de Resolución30 de Septiembre de 2010
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00146/2010

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2 de PONTEVEDRA

Domicilio: ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Telf: 986.80.51.19

Fax: 986.80.51.14

Modelo: 213100

N.I.G.: 36038 51 2 2010 0002421

ROLLO: APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000146 /2010CR

Juzgado procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: JUICIO RAPIDO 0000035 /2010

RECURRENTE: Marcelino

Procurador/a: MONSERRAT FERNANDEZ NAZAR

Letrado/a: ALBERTO GONZALEZ GONZALEZ

RECURRIDO/A: MINISTERIO FISCAL FISCAL

Procurador/a:

Letrado/a:

SENTENZA NÚM.146

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente Ilma. Sra. dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

En Pontevedra a trinta de setembro do dous mil dez.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 146/2010 formulouse pola procuradora Monserrat Fernández Nazar, en representación de Marcelino recurso de apelación contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 14 de Xulio do 2010, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo condenar y condeno a Marcelino como autor responsable de un delito de allanamiento de domicilio de persona jurídica ya definido con la atenuante del articulo 21.2 del Código Penal, a las penas de seis meses de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena y multa de seis meses a razón de dos euros día con la responsabilidad personal subsidiaria del articulo 53 del Código penal, Con imposición de costas.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

" Probado y así se declara que el acusado, Marcelino, mayor de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, sobre las 04,00 horas del día 24 de junio de 2010 se dirigió al Centro Escolar CEIP de la localidad de Reibón, y rompiendo el cristal de la hoja derecha de la ventan de la planta baja de 1,70 metros de altura accedió al interior del Colegio, donde no sustrajo ningún efecto, pretendiendo permanecer en el mismo para descansar.

Los daños causados en la ventana ascienden a 15 euros.

En el momento de los hechos el acusado tenia sus facultades volitivas mermadas por el previo consumo de bebidas alcohólicas y sustancias estupefacientes."

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Recorre en apelación o acusado Marcelino contra a sentenza que na instancia o condenou como autor dun delito de violación de domicilio de persoa xurídica, previsto e penado no artigo 203.1 do Código penal . O primeiro motivo que alega na procura da súa absolución é a vulneración dos dereitos e das garantías de defensa que o asistían porque non se respectaron os principios acusatorios e de contradición que deben presidir o proceso penal, por mor da acusación por sorpresa do fiscal no trámite de conclusións provisionais. Segundo.- O Ministerio Fiscal presentou no seu día un escrito de acusación ao abeiro do artigo 800.2 da Lei de axuizamento criminal . Seguindo a estrutura do artigo 650 do mesmo texto legal o referido escrito contiña a descrición dos feitos punibles, a cualificación legal de seren constitutivos dun delito de roubo con forza nas cousas no grao de tentativa dos artigos 237, 238.2 e 240 do Código penal en relación cos artigos 16 e 62 do mesmo texto legal, a participación no mesmo en concepto de autor do acusado Marcelino, a non apreciación de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal, e a solicitude de imposición da pena de 11 meses de prisión, inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, pagamento das custas, e duns 15 # en concepto de danos ao representante legal do CEIP de Reibón, Moaña, amais da correspondente proposición de proba.

Tras recibir o escrito da defensa ao que se refire o artigo 800.6 da Lei de axuizamento criminal, procedeuse consonte o apartado 1 do artigo 785 do mesmo texto legal . E chegado o día da vista e rematada a práctica da proba, a maxistrada xuíza a quo requiriu a acusación e a defensa para que manifestasen se ratificaban ou modificaban as conclusións dos escritos inicialmente presentados, e para que expuxesen oralmente canto estimasen procedente verbo da valoración da proba e da cualificación xurídica dos feitos - artigo 788.3 da Lei de axuizamento criminal -.

Pois ben, foi en tal intre cando o fiscal que asistía á vista oral presentou unha cualificación alternativa. E esta consistía en que, na primeira conclusión, propoñía que o acusado se mantivo no edificio coa finalidade de durmir, e que o acusado tiña afectadas as súas facultades psicofísicas polo consumo de alcol. Na segunda, que os feitos eran constitutivos dun delito de violación de domicilio de persoa xurídica fóra dos horarios de apertura, do artigo 203.1 do Código penal . Na cuarta, engadía a atenuante de actuación baixo a influencia de bebidas alcólicas do artigo 21.2 do CP, atenuante que se aplicaría tanto na cualificación principal como na alternativa. E na quinta, solicitaba 6 meses de prisión coa pena accesoria legal e 6 meses de multa a 5 # diarios para o delito de violación de domicilio. E acabou por elevar a definitivas o resto das súas conclusións provisionais.

Tal xeito de proceder, polo demais previsto nos artigos 653, 732 e 788.3 da Lei de axuizamento criminal, non vulnerou os dereitos e garantías de defensa como pretende o agora apelante. Sen mudar para nada os feitos punibles, o fiscal só se limitou a propoñer como hipótese alternativa que a introdución do acusado no CEIP de Reibón, Moaña, puido ser co ánimo de enriquecemento inxusto, ou co ánimo de sinxelamente manterse no seu interior coa finalidade de durmir. E agás a proposición desta posibilidade alternativa, relativa única e exclusivamente á intención que abrigaba o acusado cando entrou no centro escolar, o resto dos feitos punibles permaneceron inalterables e, incluso, no seu favor apuntábase que tiña as súas facultades psicofísicas afectadas polo consumo de alcol, tanto no caso de que a intención de Marcelino fose o roubo, como no suposto de que só entrase no centro para durmir. Quizais por isto, ou porque en realidade non se produciu un cambio de tipificación penal dos feitos, senón unha mera alternativa aos mesmos, e non se apreciaba un maior grao de participación ou de execución ou circunstancias de agravación da pena, a propia defensa do agora apelante nin tan sequera solicitou un aprazamento da sesión, como así se prevé no artigo 788.4 da Lei de axuizamento criminal, para preparar adecuadamente as súas alegacións e, de ser o caso, achegar os elementos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR