STSJ Galicia 784/2010, 30 de Septiembre de 2010

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2010:8202
Número de Recurso16492/2008
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución784/2010
Fecha de Resolución30 de Septiembre de 2010
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00784/2010

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0016492/2008

RECURRENTE: Hernan

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, trinta de setembro de dous mil dez.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0016492/2008, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi

interposto por don Hernan, representado pola procuradora dona MARIA DOLORES NEIRA LOPEZ, e dirixido polo

letrado don RAMON JORGE PAIS FERRIN, contra ACUERDO DE 19-06-08 DECLARANDO ANULAR EL ACUERDO

IMPUGNADO CONTRA OTRO DE A.E.A.T. DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE EJECUCIÓN DE GARANTIA DE AVAL POR LIQUIDACION RELATIVA AL IMPUESTO RENTA PERSONAS FISICAS, EJERC. 2005. NUM000 . É parte a

Administración demandada TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, representada polo ABOGADO

DEL ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 201.703,60 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 19.06.2008 do TEAR que declara NON ADMISIBLE a reclamación económico administrativa contra a execución da garantía - aval- prestado para suspende-la liquidación NUM001 - IRPF ano 1985.

A AEAT o resolve-lo recurso de reposición presentado contra o acordo de execución da garantía concedéralle a posibilidade de formula-la reclamación económico administrativa.

SEGUNDO

Compre determinar, con carácter preferente a calquera outra cuestión, se a resolución do TEAR, que declara que non era posible formular reclamación económico administrativa contra a execución do aval - por parte do debedor principal- é ou non correcta.

Do artigo 168 Lei 58/2003 e art. 74 RD939/2005 derívase que, antes de realiza-lo aval presentado, só é obrigado requirir ó garante de pagamento e non ó debedor principal, polo que o único que ten ACCIÓN por sufrir un gravame - é o garante, é dicir, é o único que pode formular un recurso contra a execución da garantía.

Respecto do avalado -o recorrente- o acordo é un acto do que se lle da traslado con efectos informativos, dado que as súas posibilidades de impugnación remataron co recurso presentado contra a providencia de prema.

No caso presente, o 30.04.2007 notificáronlle a CAIXA GALICIA, o acordo de 30.04 de execución da garantía; a entidade Bancaria requiriu o Sr. Hernan, e con base nas manifestacións do Sr. Hernan, presentou un escrito o 07.05.2007, pedindo a suspensión.

Contestáronlle o 10.05.2007: a débeda subsistente é de 201.703,60 euros, sen que a entidade formulara reclamación.

Ó recorrente notificáranlle o 21.01.2003 a providencia de prema de 14.01, por un importe de 242.044,32 euros (sen que, unha vez iniciada a vía de prema, o recorrente pagara ou sinalara bens en garantía ( art. 168 parágrafo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR