STSJ Galicia , 29 de Diciembre de 2000

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2000:10483
Número de Recurso6767/1997
ProcedimientoCONTENCIOSO
Fecha de Resolución29 de Diciembre de 2000
EmisorSala de lo Contencioso

Recurso n° 02/0006767/19970 NO NOME DO REI A SALA DO Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ten dictada a SENTENCIA Nº 1593 ILTMO. SRES.

D. CARLOS LÓPEZ KELLER D. MANUEL CONDE NUÑEZ D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA Na Coruña, a 29 de decembro do 2000.

No proceso contencioso-administrativo n° 02/0006767/19970, pende de resolución nesta sala, interposto por D. Gaspar , asistido do letrado Sr. Fernández López fronte a resolución da Dirección Xeral de Trafico desestimatoria do recurso ordinario interposto fronte a resolución da Xefatura de Trafico de Pontevedra; e parte demandada a Xefatura de Trafico asistida do letrado do Estado.

A contía do recurso e de 39.000 ptas.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Admitido a tramite o recurso, practicáronse as dilixencias oportunas e a parte recorrente formalizou a demanda, alegando o que estimou pertinente e suplicando se dicte sentencia estimatoria do recurso.

SEGUNDO

Feito traslado a parte demandada, contestou en tempo e forma, alegando o que estimou oportuno e solicitando a desestimación do recurso. r TERCEIRO.- Finalizado o tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse para votación e Fallo do día 22-12-00.

CUARTO

Na tramitación do presente procedemento cumpríronse os tramites e formalidades legais.

VISTO: Sendo relator o Iltm. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS PRIMEIRO.- Os motivos de oposición os concreta o recorrente en: a) nulidade por ausencia de notificación da proposta de resolución, b) nulidade por delegación da potestade sancionadora e c) falta de audiencia do denunciante.

Verbo do primeiro motivo e como sinala a STSX MADRID 15-12-1998 A omisión da notificación da proposta de resolución non supón por si mesma motivo de nulidade radical ou absoluta do art. 62 da lei 30/92 xa que esta situación non esta prevista como unha das causas de nulidade (relación de numerus clausus) do referido precepto legal, nin, por isto, queda probado que se causara lesión a algún dereito fundamental. Tan so se trata dun tramite mais, e o recorrente tivo pleno coñecemento da sanción, previamente recollida na proposta de resolución, e recorreuna en via administrativa e xudicial .

Neste caso o recorrente fornulou alegacions e solicitou a practica de probas, constando as mesmas no expediente, polo que, a ausencia de traslado da proposta de resolución, que non modifica a imputación feita...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR