STSJ Galicia , 26 de Diciembre de 2003

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2003:7381
Número de Recurso4495
ProcedimientoCONTENCIOSO
Fecha de Resolución26 de Diciembre de 2003
EmisorSala de lo Contencioso

Recurso núm. 02/0004495/19990 NO NOME DE EL-REI A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou a SENTENCIA Núm. 987 ILTMO. SRES.

D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA D. JULIO CESAR DIAZ CASALES Dª ALMUDENA FERNÁNDEZ CARBALLAL A Coruña, 26 de decembro de 2003.

O proceso contencioso-administrativo núm. 02/0004495/19990 pendiente da resolución nesta sala, presentouno D/Dª Gloria coa representación do procurador Sra. Fernández Díeguez e coa asistencia do letrado Sr/a Cortizo mella contra VÍA DE FEITO do Concello da Coruña; é parte demandada o Concello da Coruña coa asistencia do letrado Sr Hernández López.

A contía do recurso é indeterminada.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Despois de ser admitido a trámite o recurso e tras practica- las dilixencias oportunas, a parte recorrente formalizou a demanda; onde alegaba o que consideraba pertinente e rematou coa solicitude de que se dictase sentencia na que se estimase o recurso.

SEGUNDO

Déuselle conta á parte demandada, quen a contestou en tempo e forma, para alega-lo o que considerou oportuno e rematou coa súplica de que fora desbotado o recurso.

TERCEIRO

Tralo tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse a votación e o acordo o día 19.12.2003 CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais foron cumpridas.

VISTO: E relator o Iltmo maxistrado. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

Segundo resulta do expediente, o 19.04.1999 a Comisión de Goberno do Concello da Coruña adxudicou o concurso do paseo de casablanca ós Castros a Dragados e o 19.09 aprobou o proxecto de construcción do paseo de Casablanca ós Castros. No acta de comprobación do replánteo da obra de 14.06.1999 o adxudicatario Dragados y Construcciones SA) declarou que os datos dispoñibles para executa-la obra son suficientes e o enxeñeiro municipal só indicou que existe unha liña eléctrica que se pensa anular.

O 02.07.1999 a recorrente presentou un escrito no que facía constar que a obra invadía parte dun terreo da súa propiedade (e dunha comunidade herditaria) e solicitaban o cese da intromisión.

O enxeñeiro de Camiños do Concello (o 05.07.1999) sinalou que era probable a invasión, pero que os terreos eran non edificables e que daba orde de cesa-las obras que afectaban a ese terreo en tanto non se definiran as aliñacións, alturas e parcela edificable que correspondan á propiedade.

A dirección de urbanismo sinala que, de acordo co artigo 3.6.6 do PXOM, e dado que a parcela discutida non está incluída en ningún polígono, para ocupala compre expropiala ou facer un expediente de ocupación directa.

No recurso a parte actora solicita: a) que se declare contraria a dereito á vía de feito, b) cesamento desta vía de feito e condena ó Concello de que tramite o correspondente expediente administrativo para a obtención do terreo e c) pagamento dos danos e perdas., Contra esta pretensión a representación do concello opón razóns de tipo formal e de fondo.

Verbo dos impedimentos de tipo formal, considera que a pretensión de condena a facer un expediente e de indemnización de danos non son unha consecuencia necesaria dunha condena por incorrer en vía de feito, e dicir, que non son pretensión que encaixen dentro do que é o restablecemento da situación xurídica individualizada.

Débemos darlle parte da razón neste punto ó Concello, de acordo co artigo 32.2 LXCA: se o recurso ten por obxecto unha actuación material constitutiva de vía de feíto, o demandante poderá pretender...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR