STSJ Galicia , 26 de Marzo de 2004

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2004:2230
Número de Recurso4434/2000
ProcedimientoCONTENCIOSO
Fecha de Resolución26 de Marzo de 2004
EmisorSala de lo Contencioso

Recurso núm. 02/0004434/20000 NO NOME DE EL-REI A sala do contencioso-administrativo do Tribunal superior de Xustiza de Galicia dictou a SENTENCIA Núm. 292/04 ILTMO. SRES.

D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA D. JULIO CESAR DÍAZ CÁSALES Dª ALMUDENA FERNÁNDEZ CARBALLAL A Coruña, 26 de MARZO de 2004.

o proceso contencioso-administrativo núm. 02/0004434/20000 pendiente da resolución nesta sala presentouno D/Dª Arturo e D. Blas coa representación do procurador Sr. López Varcarcel e coa asistencia do letrado Sr./a Artime Cot contra a resolución de 08.11.1999 da Conselleria de Sanidade; e parte demandada a Consellería de Sanidade coa asistencia do letrado da Xunta e Dª Virginia , coa representación do procurador Sr. Pardo de Vera e coa asistencia do letrado Sr. Paz Costas.

A Contia do recurso e indeterminada ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Despois de ser admitido a trámite o recurso e tras practica-las dilixencias oportunas a parte recorrente formalizou a demanda onde alegaba o que consideraba pertinente e rematou coa solicitude de que se dictase sentencia na que se estimase o recurso.

SEGUNDO

Déuselle conta a parte demandada, quen a contestou en tempo e forma, para alega-lo que considerou oportuno e rematou coa súplica de que fora desbotado o recurso.

TERCEIRO

Tralo tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse a votación e o acordo o día 18-3-2004.

CUARTO

Os trámites e mailas formalidades legais foron cumpridas.

VISTO: E relator o Iltmo maxistrado. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS PRIMEIRO.- Segundo resulta do expediente, o 24.04.1999 a Sra. Virginia ; no seu nome e en representación da comunidade hereditaria do Sr. Germán solicitou autorización para o traslado da farmacia do local da rúa Estación núm 14 de Portas á rúa Rapeira s/n. Achegaba un informe de distancias. Déronlle traslado ós interesados. Formulou oposición o Don. Blas , o Sr. Arturo e o Sr. Juan Antonio . Trala proposta do Colexio, a resolución de 08.11.1999 do Secretario Xeral da Consellería de Sanidade autoriza o traslado.

Recursos de alzada que lle rexeítaron o 28.03.2000.

O recurso reproduce as pretensións que se suscitaron en vía administrativa: a) falta de lexitimación activa; b) vulneración do artigo 1 decreto 26.02.1987 ; c) falta de titulación do técnico é d) non se acredita a disponibilidade do terreo.

A administración opúxose ó recurso e o codemandado alegou a falta de lexitimación dos recorrentes.

Non podemos acollela causa de non admisión que se invoca: de acordo coa xurisprudencia, o TS, éxaminando o requisito da lexitimación; claramente aludido no art. 24.1 CE , ten declarado reiteradamente SS 06-06-1988, 31-05-1990 ...- que, agás dos supostos nos que esta recoñecida a acción pública, a mera defensa da legalidade non proporciona a lexitimación necesaria para desencadea-la actuación dos tribunais, dado que a lexitimación implica unha certa relación co obxecto do proceso en virtude do cal o éxito da acción xeraría un beneficio para o recorrente ou cando menos a eliminación dun prexuízo que se derive do mantemento do acto impugnado (SSTS 14-07-1998, 21- 11-1991, 28-10-1993 ..)..

Neste caso non é discutible a incidencia (económica) que pode ter para as farmacias mais próximas o feito de que se traslade unha das xa existentes á carón do centro de saúde, e mais, no caso do Sr. Arturo , xa que o seu establecemento tamén da servicio a algunha parroquia do, municipio de Portas. Ademais, o Decreto 54/1987 esixe como trámite para autoriza-lo traslado á audiencia dos farmacéuticos que poidan resultar afectados, e o recoñecemento da súa lexitimación en vía administrativo non podemos descoñecela en vía xudicial.

SEGUNDO

Entrando a resolve-la controversia de fondo, os recorrentes éntenden que a comunidade hereditaria do farmacéutico falecido D. Germán carece de lexitimación para face-la petición de traslado, xa que non reúne o requisito de te-la titulación necesaria.

Descoñecemos cal é a situación (legal) da farmacia, pero parece que estamos ante un suposto dos que prevían as Reais Ordenanzas de 18.04.1860 (no folio 110 consta a existencia dunha farmacéutica rexente) e que respectou a lexislación posterior que, como indica a STS 25.03.1998 era: La normativa aplicable a la materia arranca de las Reales Ordenanzas de Farmacia del año 1860, seguida, en la materia de que se trata, de numerosas disposiciones y concretamente el Decreto 11 mayo 1942 (RCL 1942/804), Ordenes 18 enero 1943 (RCL 1943/96 y NDL 12907, nota), 26 julio 1948 (RCL 1948/1050 y NDL 12907,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR