SAP Pontevedra 240/1998, 24 de Abril de 1998

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:1998:963
Número de Recurso379/1997
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución240/1998
Fecha de Resolución24 de Abril de 1998
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN PRIMEIRA

PONTEVEDRA

Rolo Civil 0379/97

P.Civil 0023/97

Orixe XDO 1ª INST. e INSTR. A ESTRADA

Tipo Asunto MENOR CONTIA

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

NO NOME DE EL-REÍ

a seguinte

SENTENCIA Nº 240

Pontevedra, o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e oito.

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil número 0023/97, vindo do XDO 1ª INST. e INSTR. A ESTRADA, foi movido entre as partes: dunha banda,

como apelante e demandado, don Federico, representado nesta instancia

pola procuradora dos tribunais Sra. Tomás Abal, baixo a dirección da letrada Sra. Barreiro

Reboredo; doutra, como apelada e demandante, dona Laura, a quen

representa a procuradora Sra. Castro Cabezas e dirixe o letrado Sr. Areses Trapote; e, amáis,

dunha outra, como apelante e demandada, dona Amanda, en xuízo

de menor contía.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO.

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alen diso:

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data de catro de novembro de 1997, o Sr maxistrado-xuíz do XDO.1ª INST. e INSTR. A ESTRADA proferiu sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di;

DECISIÓN: " Estimando la demanda formulada por el procurador Sr. Sanmartín Losada en nombre y representación de doña Laura, contra don Federico y doña Amanda, declaro la nulidad del contrato vitalicio instrumentado en documento privado de 15 de abril de 1993, bajo apariencia de compraventa, por incumplimiento de los demandados, condenando a los mismos a dejar libres y a disposición de la actora los bienes relacionados en el citado documento privado, todo ello con expresa imposición de costas a los demandados."

Fronte á devandita sentencia, a parte Federico e Amanda interpuxeron recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Ao estas se constituíren en parte perante ela no tempo e forma que corresponde, tívoselles por comparecidas, entregouselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronse por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de vintecinco de marzo do ano que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

SEGUNDO

Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legáis.

Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

  1. FUNDAMENTOS XURIDICOS.

PRIMEIRO

Para unha correcta resolución da controversia, é preciso facermos referencia ao proceso anteriormente seguido entre as mesmas partes litigantes, a fin de determinarmos: quer se a sentencia nel recaída vén excluir, en virtude da función negativa da cousa xulgada, toda decisión no actual -tese dos demandados-; ou quer, pola contra, e como sostén a actora, por virtude da función positiva desta institución, se a cousa xulgada no anterior proceso vencella o xulgador da presente causa, quen vén obrigado a tomar como base o anteriormente decidido.

No primeiro proceso, (xuízo de menor contía n° 329/95) a demandante, Laura, solicitou fronte aos demandados, os cónxuxes Federico e Amanda, a inexistencia e nulidade por simulación absoluta do contrato de compravenda plasmado no documento privado de compravenda de data 15 de abril de 1993 pola falta de un dos seus elementos esenciais como é o prezo. Nese litixio recaeu sentencia firme rexeitadora da demanda, por entender que non existía simulación absoluta ou inexistencia de contrato ningún, senón simulación relativa, aparentando celebrarse un contrato de compravenda cando a vontade das partes foi concertar un contrato de vitalicio.

No novo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia 6441, 5 de Noviembre de 1998
    • España
    • 5 Noviembre 1998
    ...Reboredo, contra la sentencia dictada por la Sección 1ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra el 24 de abril de 1998, en el rollo 379/1997 , conociendo en apelación de los autos de juicio de menor cuantía núm. 23/1997, seguidos en el Juzgado de Primera Instancia de A Estrada, sobre nulid......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR