SAP Pontevedra 134/2000, 28 de Marzo de 2000

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2000:1033
Número de Recurso82/1999
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución134/2000
Fecha de Resolución28 de Marzo de 2000
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00134/2000

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION PRIMEIRA

PONTEVEDRA

Rolo civil 82/99

P. civil: 703/97

Orixe XDO. 1ª INST. VIGO 8

Tipo asunto Menor Contía

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENCIA NÚM. 134

Pontevedra, o 28 de marzo do año 2000.

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil num. 703/97, vindo do Xulgado de Primeira Instancia Vigo 8, foi movido entre as partes: dunha beira,

como apelante e demandante, CARPINTERIA NAVAL JOSE PEREZ, SL, representado polo

procurador dos tribunais Sr. Soto Santiago, baixo a dirección do letrado Sr. Martínez-Paul

Domínguez; e da outra, como apelante e demandado, ID. Ángel Jesús, a quen

representa o procurador Sr. Cabido Valladar e dirixe o letrado Sr. Terceiro Lomba, en xuízo de

menor contía.

ANTECEDENTES DE FEITO Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data de lo de febreiro de 1999, o Sr maxistradoxuíz do Xulgado de Primeira Instancia Vigo 8 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

DECISION: "Que estimando parcialmente la demanda formulada por la Carpintería Naval José Pérez, SL, representada por el procurador D. José Antonio Fandiño Carnero, contra D. Ángel Jesús, representado por el procurador D. Ticiano Atienza Merino, debo declarar y declaro: 1)Que ha lugar a la responsabilidad social del administrador demandado. 2)Que le debo condenar y condeno a resarcir a la sociedad por daños y perjuicios y sustracción de clientela con prácticas de competencia desleal, a la cantidad que se determine en ejecución de sentencia de acuerdo con los parámetros contenidos en el fundamento sexto de esta resolución. Se ratifica el embargo preventivo acordado sobre los bienes del demandado.".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante e demandada interpuxeron recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día 3 de marzo do año que andamos, para a vista do recurso. A seguir, pasáronselle os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.

Foi relator o Ilmo. Sr maxistrado D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

Acéptanse os fundamentos de dereito da sentencia recorrida en canto non se opoñan aos que a seguir se relatan, e,

PRIMEIRO

A parte demandada, e agora recorrente principal, vén invocar nesta alzada a excepción de falta de lexitimación activa. Con non pouco confusionismo, o demandado vén dicir, dunha beira, que non existe ningún "acordo social referente ao exercicio da acción social de responsabilidade", (feito primeiro, alínea terceira, da contestación á demanda); doutra beira, que o "acordo de nomeamento de administración mancomunada é manifestamente ilegal e antiestatutario" (feito primeiro, alínea cuarta, desa contestación), achándose entón a sociedade actora, segundo o xuízo do demandado, "acéfala e carecente de órgano que a represente, polo que non está lexitimada para comparecer en xuízo" (última alínea daquel feito).

A excepción invocada ten que ser rexeitada. Fronte ao sostido polo demandado, existe acordo social para o exercicio da acción social de responsabilidade contra del, acordo adoptado pola sociedade en Xunta Xeral de data 9 de xuño de 1997, aínda que co voto en contra, lóxicamente, do socio administrador, tal como resulta da acta notarial engadida aos actos (folio 67, volto). Outramente, a modalidade de administración de xeito mancomunado aparece admitida polos estatutos sociais (art 10), pois non doutro xeito se pode interpreta-la expresión verquida nestes de "varios DIRECCION000 que actúen....o conjuntamente" (folio 387, volto), e o propio demandado véno así recoñecer en confesión (posición sdegunda, no folio 1412). Naquela Xunta Xeral, celebrada na amentada data de 9 de xuño de 1997, tomouse por unanimidade -e polo tanto, co voto favorábel do hoxe recorrente- o acordo de nomear como DIRECCION000 a Angelina e Constanza (folios 67, volto, e 397, volto).

SEGUNDO

O segundo motivo da defensa, alegado polo demandado apelante, atinxe xa ao cerne do asunto. O demandado estima, en esencia, que non houbo pola súa parte ningún acto de deslealdade para coa sociedade, e máis concretamente, que non supón competencia desleal: nin o feito de ter constituída o 17 de febreiro de 1995 a sociedade "Habilitaciones La Mariña, SL", co seu fillo, coa participación social respectiva dun setenta e dun corenta por cento; nin o feito da existencia da sociedade "Habilitaciones Navales Gallegas, SL", creada o 22 de novembro do mesmo año, xa que non ten ningunha participación nesta última entidade.

Por riba de todo, cómpre facermos unha puntualización, pois, aínda que parece unha obviedade, o demandado parécea pór en cuestión: todo acto do administrador, de competencia desleal, vén supor un acto antixurídico, quérese dicir, contrario á lei. A LSA de 22 de decembro de 1989 é clara, establecendo no seu art. 127 que os DIRECCION000 desenvolverán o seu cargo coa dilixencia dun ordenado empresario e "dun representante leal". E aínda é máis clara e rotunda a LSRL de 23 de marzo de 1995, que recolle no seu art. 61 o mesmo contido normativo, e apón no art. 65 que los DIRECCION000 non se poderán adicar, por conta propia ou allea, ao mesmo, análogo ou complementario xénero de actividade que constitúa o obxecto social, agás autorización expresa da sociedade, mediante acordo da Xunta Xeral". Pois ben, revisando o material probatorio existente nos actos, é nidia a actuación de competencia desleal do demandado, tanto a traverso da entidade Habilitaciones La Mariña, SL, como coa súa actitude de colaboración coa outra sociedade, en lóxico detrimento da sociedade demandante. Un sinxelo exame do obxecto social desas sociedades amosa a deslealdade competencial. Como rezan os estatutos da sociedade Habilitaciones La Mariña SL, o seu obxecto social está constituido "pola actividade de toda clase de traballos de carpintería de buques en xera", (folio 93). E polo que fai á sociedade Habilitaciones Navales Gallegas SL, o seu obxecto é la explotación da industria de carpintería naval e carpintería mecánica, así como de todo tipo de reparacións navais relacionadas coa carpintería, mecánica e construcción naval en Xera", (folio 97). Ese obxecto social é coincidente, mesmo na literalidade das cláusulas, co da entidade actora, tal como di a escritura social, por proclamar que o obxecto social está constituido pola "explotación da industria de carpintería naval e carpintería mecánica en xeral", (folio 27).

Fronte a esa realidade, o demandado invoca, no atinxente á sociedade Habilitaciones Navales Gallegas SL, que non ten ningunha relación nin intervención nesta, e polo que fai á sociedade Habilitaciones La Mariña SL, que foi creada co coñecemento e consentimento da sociedade actora, como unha subcontrata ou sociedade instrumental, que traballaba só para aquela, constituíndose, á fin, coa exclusiva finalidade de aforrarlle despesas á primeira, por evitar despesas de desprazamento de traballadores e outros semellantes ata a cidade do Ferrol, onde a demandante tiña que operar.

A liña defensiva do demandado non pode ser acollida por improbada. Verbo da sociedade Habilitaciones La Mariña, SL, non existe acordo social adoptado en Xunta Xeral, tal como ordena a normativa amentada, autorizando o demandado a el desenvolve-la mesma actividade negocial cá actora. Amais, como sostén a parte demandante, abondaría que se constituíse unha sucursal desta naquela cidade, sen que fose necesario crear unha nova sociedade. A finalidade c u política de aforro que alega o demandado, nin aparece demostrada, nin parece lóxica coa creación dunha nova sociedade, coas inevitábeis despesas que esa constitución forzosamente conleva, e os custos adicionais que comporta, tamén necesariamente, para a sociedade actora a existencia dun intermediario, baixo a forma de subcontrata, na cadea productiva. Aínda máis, aquel obxectivo de evita-las despesas advindas do desprazamento dos operarios dende Vigo ao Ferrol parece incompatíbel coa residencia, polo menos dalgúns deses obreiros, na primeira localidade, tal como se extrae dos enderezos dos empregados, Jose Francisco e Luis María, os que no seu día declararon como testemuñas, propostas polo demandado, sinalándose como lugar do seu enderezo a cidade de Vigo (folios 960, 1 148 e 1 150). Para concluírmos, o demandado concorreu no mercado desenvolvendo a traverso desa sociedade unha actividade de iguais características que a actora, e sen autorización, nin expresa, tal como a lei require, nin tácita,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 11 de Abril de 2007
    • España
    • 11 Abril 2007
    ...Sentencia dictada, el día 28 de marzo de 2000, por la Sección Primera de la Audiencia Provincial de Pontevedra, en el rollo de apelación nº 82/99 en el que resolvió el recurso de apelación interpuesto en su día contra la Sentencia que había pronunciado, el Juzgado de Primera Instancia númer......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR