SAP Pontevedra 243/2000, 25 de Mayo de 2000

ECLIES:APPO:2000:1651
Número de Recurso153/1999
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución243/2000
Fecha de Resolución25 de Mayo de 2000
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 1ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00243/2000

Rolo civil: 0153/99

P. civil: 0374/96

Oríxe: XDO. DE 1ª INSTANCIA DE PONTEVEDRA-6

Tipo asunto: MENOR CONTÍA

A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por

D. JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, D. LUCIANO VARELA CASTRO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENCIA NÚM.243

Pontevedra, o vintecinco de maio do año dous mil.

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 374/96, vindo do Xulgado de 1ª Instancia de Pontevedra-6, foi movido entre as partes: dunha

beira, como apelantes e demandados, dona Luisa, don Juan Antonio e dona Soledad, representados polo procurador dos

tribunais Sr. López López, baixo a dirección do letrado Sr. Estévez Vila; e da outra, como apelada,

demandante e adherida, dona Ana, a quen representa o procurador Sr.

Sanjuán Fernández e dirixe o letrado Sr. Villanueva Pose, en xuízo de menor contía.

ANTECEDENTES DE FEITO

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 22 de febreiro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Instancia de Pontevedra-6 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di: DECISION: "Que estimando parcialmente la demanda formulada por el procurador de los tribunales don Pedro Sanjuán Fernández en nombre y representación de doña Ana contra doña Luisa, don Juan Antonio y doña Soledad, debo declarar y declaro nulo el contrato de vitalicio instrumentado en escritura pública de fecha 6 de junio de 1996 otorgada ante el notario don Rafael Sanmartín Losada con el nro. 1092 de su protocolo y si en ejecución de sentencia se acredita que el referido contrato de vitalicio causó asiento en el Registro de la Propiedad, esta resolución es título para su cancelación, condenando a los demandados a estar y pasar por lo declarado, sin hacer expresa imposición de costas".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas; axiña, entregáronselle aquelas para instrucción por termo de seis días ao maxistrado relator, e, tendo sido devoltas, sinalouse o día dez de maio do año que andamos para a vista do recurso. A seguir, pasáronselle os actos aos litigantes, tamén para instrucción, polo prazo de catro días a cada un deles.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Obxecto de recurso.

Malia os demandados teren sido quen moveron recurso, a adhesión da parte actora recupera como obxecto do recurso a decisión da sentencia canto á totalidade das pretensións da demanda. Cómpre lembrármolas:

  1. A nulidade do contrato de vitalicio outorgado polo causante -pai que a instituíu como herdeira única- da demandante, por unha parte e polos codemandados, por outra. Baixo unha dupla alegación: Unha, a simulación asboluta; outra, a inexistencia de "aleas" pola certeza no pronto pasamento do outorgante.

  2. Que os demandados lle entreguen á actora os bens que indica, e que determina en función de teren sido privativos do causante. A xustificación alegada para tal devolución radica en: 1º). A nulidade do vitalicio ("como consecuencia" de tal declaración, dise no suplico -4º- da demanda). 2º). A posesión deses bens polos demandados.

  3. A nulidade, como "consecuencia" da do vitalicio, de "escritura" e "documentos" (sic) outorgados polo causante ou polos demandados "en prexuízo dos dereitos hereditarios da actora".

  4. A nulidade e cancelación de inscricións rexistrais verbo de bens da herdanza do causante da actora.

Todo isto volta ser obxecto reclamado da nosa decisión, sendo a nulidade do vitalicio e da süa eventual inscrición, declaradas na sentencia, o obxecto do recurso específicamente movido polos demandados.

Certamente a sentencia, sen facermos expresa declaración na parte dispositiva, proclama subsistente a suposta concesión de usufructo, segundo se di, feita polo causante a prol da súa viúda codemandada, verbo dun dos inmóbeis litixiosos, a casa da vivenda, obxecto do contrato de vitalicio. Diso fai a sentencia motivo de rexeitamento da pretensión de entrega da posesión a prol da actora: que, por iso, fai de tal decisión especifico obxecto do recurso.

SEGUNDO

Feitos salientábeis probados.

Sen discusión polas partes son feitos salientábeis:

A) Don Luis María, en primeiras nupcias unha filla, a demandante, dona Ana .

B) En segundas nupcias estivo casado con dona María Esther de quen herdou a casa vivenda litixiosa, amais doutros inmóbeis tamén obxecto de reclamación.

C) En terceiras nupcias estava casado, no tempo do seu pasamento, coa viúda demandada dona Luisa, a que era nai, denantes de casar con aquel, do fillo dela codemandado don Juan Antonio, casado este coa codemandada dona Soledad . D) O día 6 de xuño de 1996 o pai da actora e a súa esposa, con máis o fillo e nora desta, outorgaron o contrato polo que pactaron:

  1. - Que don Luis María cedía a don Juan Antonio e dona Soledad que aceptan a núa propiedade da vivenda, facendo constar que nela se tiñan feito impensas e melloras con cargo a gananciais do cedente coa dona Luisa que, consente a cesión.

  2. - Expresamente dise: "Don Alfonso y su esposa doña Luisa se reservan para sí el usufructo vitalicio de la finca de referencia, usufructo que se consolidará con la nuda propiedad cedida, al fallecimiento del último de los usufructuarios que sobreviva".

  3. - Os esposos cesionarios asumen a obriga alimentaria, facéndose protesta de que o contrato se rexerá pola Lei galega 4/1995 no non previsto na escritura.

E) O don Luis María finou o día 19 de xuño de 1996 e tiña outorgara testamento, instituíndo herdeira única a filla demandante.

Son feitos discutidos cal era a verdeira vontade dos outorgantes do citado contrato. A demandante afirma que a vontade era unha transmisión dos bens baixo forma contractual aparente e coa finalidade de deixar o caudal hereditario sen bens. A sentencia proclama que non existía a simulada vontade de constituir un vitalicio senón a disimulada de facer unha doazón.

Canto a isto, o tribunal non comparte a afirmación de que non existía "aleas" no negocio pactado, segundo se afirma, por dúas razóns: a) non consta que o finado soubese a proximidade do seu pasamento, malia que viñese de estar internado en centros hospitalarios poucos días denantes de morrer, e b) que en todo caso a vontade do dono dos bens abranguía impor unha obriga aos cesionarios de alimentar, amais de a el, á súa esposa, nai dos obrigados, polo que non pode afirmarse como única conclusión razoábel a de disimular unha doazón nin que a de constituir o vitalicio fose só unha simulación de vontade.

TERCEIRO

A nulidade do vitalicio con transmisión da (núa) propiedade da vivenda.

Dúas, e non só unha, son as razóns alegadas pola demanda. Xa que logo, cómpre advertirmos que é mester dármoslle resposta separada a esas dúas razóns, para satisfacermos axeitadamente o dereito á tutela da actora sen incogruencias omisivas.

como o é non mesturar tal pretensión con outras non formuladas. Porque tampouco outra razón ningunha fóra desas dúas foi alegada, e cómpre non caer en incongruencia por exceso que lle orixinaría indefensión á parte demandada.

A) Inaceptabilidade de nulidade por razón da titularidade dos bens cedidos aos alimentantes.

Dicimos isto último precisamente para desbotármo-las consideracións da sentencia apelada verbo da suposta cuestionabilidade da validez do contrato de vitalicio en razón da non titularidade da persoa beneficiaria da prestación de alimentos canto ao ben cedido. Segundo a escritura que instrumenta o contrato, o inmóbel era propiedade como ben privativo do esposo causante da demandante, filla do seu primeiro matrimonio. A esposa -en terceiras nupcias- daquel, agora viúva e codemandada, dise na tal escritura que non ten...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia , 15 de Diciembre de 2000
    • España
    • 15 Diciembre 2000
    ...en grado de apelación por la Sección Primera de la Audiencia Provincial de Pontevedra con fecha 25 de mayo de 2000 (rollo de apelación núm. 153/1999) como consecuencia de los autos de juicio de menor cuantía número 374/1996, seguidos ante el Juzgado de Primera Instancia núm. 6 de Pontevedra......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR