SAP Pontevedra 38/2010, 2 de Marzo de 2010

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2010:431
Número de Recurso36/2010
ProcedimientoPENAL
Número de Resolución38/2010
Fecha de Resolución 2 de Marzo de 2010
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00038/2010

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000036 /2010 J

Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA

Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO n? 0000370 /2009

APELANTE: Jose Carlos

PROCURDOR: PEDRO A. LÓPEZ LÓPEZ

LETRADO: LUIS BENJAMÍN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

MINISTERIO FISCAL

SENTENZA NÚM. 38

=============================================================

ILMOS/AS SRES/AS MAXISTRADOS/AS

Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

==============================================================

Pontevedra, a dous de marzo de dous mil dez

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, na causa instruída con número 370/99, o recurso de apelación interposto por Jose Carlos , representado polo procurador PEDRO A. LÓPEZ LÓPEZ, y defendido polo letrado Luis Benjamín González Rodríguez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal núm. 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 17 de novembro de

2009, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

"Que debo CONDENAR Y CONDENO como autor penalmente responsable de un delito de

ABANDONO DE FAMILIA POR IMPAGO DE PENSIONES, ya definido, al acusado Jose Carlos , sin la concurrencia de circunstancias modificativas de la responsabilidad criminal, a la pena de seis meses multa a razón de seis euros diarios, con la responsabilidad personal subsidiaria del artículo 53 del Código Penal en caso de impago. Con imposición de costas.

En concepto de responsabilidad civil, el acusado deberá abonar a María la cantidad de 3.900 euros en concepto de pensiones adeudadas desde el mes de agosto de 2006 hasta octubre de 2008, ambos incluídos".

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Probado y así se declara que en fecha 27 de septiembre de 2000 en el procedimiento de separación de mutuo acuerdo 228/2000 del Juzgado de 1ª Instancia e Instrucción Número 2 de Lalín se dictó sentencia firme en la que se imponía al acusado, Jose Carlos , la obligación de abonar mensualmente como pensión alimenticia para su hija, María , veinte mil pesetas mensuales, actualizándose dicho importe a 150 euros mensuales.

El acusado a pesar de conocer este deber y contar con capacidad económica para ello, no ha abonado cantidad alguna desde el mes de agosto de 2006 hasta octubre de 2008".

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.

FEITOS PROBADOS

Acéptanse e danse por reproducidos os da sentenza contra a que se apela. Só cómpre engadir aos feitos declarados probados o seguinte:

A filla do acusado que tiña dereito á percepción da pensión alimentaria naceu o 29 de xullo de 1987, e a denuncia foi presentada pola súa nai o 8 de novembro de 2006.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A sentenza ditada na instancia pola maxistrada xuíza a quo condena o acusado Jose Carlos como autor responsable dun delito de abandono de familia, na modalidade de non pagamento de pensións, do artigo 227.1º do Código penal .

No recurso de apelación que contra a amentada sentenza formula o así condenado aléganse os seguintes motivos: de xeito principal, a falla do requisito de perseguibilidade ou procedibilidade, ao abeiro do artigo 228 do Código penal e a xurisprudencia concordante; e, xa de xeito subsidiario, a inexistencia de infracción penal por ausencia de dolo; a inaplicación da atenuante analóxica de dilacións indebidas, ao abeiro do artigo 21.6 do Código penal , en relación coa xurisprudencia concordante; e a improcedencia da condena no ámbito penal ao aboamento das pensións dende o mes de agosto de 2006 ata outubro de

2008.

Non só por tratarse do primeiro motivo de impugnación, senón tamén porque a hipotética estimación da falla do requisito de perseguibilidade ou procedibilidade invocada ao abeiro do artigo 228 do Código penal faría inútil a consideración das restantes alegacións, debemos pasar de seguido á súa análise.

Segundo

A sentenza do Xulgado a quo tamén con carácter previo tratou o tema da lexitimación da nai para reclamar as pensións alimentarias da filla maior de idade, mais engadindo que só o era a los meros efectos ilustrativos, por cuanto la defensa del acusado invocó novedosamente dicha falta de legitimación en el trámite de informe, y por tanto de forma extemporánea. Porén, non compartimos esta conclusión.

O que se dispón no artigo 228 do Código penal é que os delitos previstos nos dous artigos anteriores só se perseguirán logo da denuncia da persoa agraviada ou do seu representante legal. E que, cando aquela sexa menor de idade, incapaz ou unha persoa desvalida, tamén poderá denunciar o Ministerio Fiscal. Isto é, que se trata dun auténtico requisito de procedibilidade e, xa que logo, dunha cuestión de orde pública que pode ser alegada en calquera momento e, incluso, por primeira vez nesta segunda instancia (neste sentido se expresaron as SSAAPP de Las Palmas do 7 de abril de 2008, e de Madrid do 7 de xullo de 2009). Deste xeito, unha vez invocada tal cuestión pola defensa do acusado no momento de realizar o informe no acto da vista oral celebrado na instancia, dende logo que non pode terse por extemporánea e, máxime, se, como máis adiante se dirá, a referida parte se mantivo á espreita do contido da declaración de María durante o xuízo para, á vista da mesma, poder alegala co fundamento, precisamente, de que nunca a súa filla o denunciou nin ratificou a denuncia que fixera a súa nai, Esther .

Terceiro

Na orixe dos feitos axuizados está a sentenza de separación ditada o 27 de novembro de

2000 polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, nos autos 228/2000. Por medio dela declarouse a separación conxugal de mutuo acordo de Esther e Jose Carlos , o agora acusado-apelante. Tamén aprobou a devandita resolución xudicial a proposta de convenio regulador presentada por aqueles cónxuxes. E do contido deste cómpre salientar, para os efectos de ditarmos esta nosa resolución da alzada, o seguinte: a) o esposo contribuiría ao levantamento das cargas do matrimonio e alimentos da filla coa cantidade de vinte mil pesetas mensuais, que se aboarían dentro dos cinco primeiros días de cada mes, nunha conta bancaria que a esposa abriría ao seu nome e ao da filla menor; b) os cónxuxes dispoñían de ingresos propios, polo que non fixaban pensión compensatoria. Así pois, nin se dubida, nin ninguén fixo cuestión de que a única pensión que se estableceu foi a alimentaria a prol da filla común do matrimonio, María , que naquel intre contaba con trece anos de idade ao nacer o 29 de xullo de 1987.

A denuncia que deu orixe á incoación das actuacións que agora examinamos foi formulada por Esther

-nai de María e ex-esposa do acusado- o 8 de novembro de 2006. Isto é, cando María xa contaba dezanove anos de idade. E o que na amentada denuncia se relataba era que Jose Carlos adebedaba a pensión alimentaria para a súa filla dende o mes de xullo de 2006 ata o mes de novembro do mesmo ano. É dicir, que as pensións alimentarias que se dicían non aboadas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR