STSJ Galicia 950/2009, 11 de Noviembre de 2009

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2009:9259
Número de Recurso15012/2008
Número de Resolución950/2009
Fecha de Resolución11 de Noviembre de 2009
EmisorSala de lo Contencioso

SENTENCIA: 00950/2009

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15012/2008

RECURRENTE: CARDEIRO, S.L.

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de novembro de dous mil nove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15012/2008, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi

interposto pola entidade CARDEIRO, S.L., representada polo procurador don DOMINGO RODRIGUEZ SIABA, e dirixida polo

letrado don FRANCISCO JAVIER NUÑEZ-TORRON LATORRE, contra ACORDO DO 20-09-07 QUE DESESTIMA

RECLAMACIONS CONTRA OUTRO DA A.E.A.T. DE GALICIA SOBRE PROPOSTAS DE LIQUIDACION EN CONCEPTOIMPOSTO SOBRE SOCIEDADES, EXERCICIOS 1999, 2000 E 2001. REC. 15/2060,2063,2735 E 2736/04. É parte a

Administración demandada o TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo

AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitaron o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 244.771#45 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 20.09.2007 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do Imposto de Sociedades anos 99 a 2001 e sancions tributarias: aplícanlle o réxime de estimación indirecta das bases, sendo a súa actividade o comercio de bebidas e tabaco. No ano 99 incrementan a base impoñible en 6.806.175 ptas, no ano 2000 minoran os consumos en 44.516.224 ptas (compras a COMREQUE SL) e minoran as existencias en 4.212.194 ptas, e no ano 2001 non admiten gastos - facturas de COMREQUE SL - por importe de 45.546,36 euros.

SEGUNDO

O recorrente sostén que a orixe da inspección é a previa acta -por incomparecencia e con aplicación do réxime de estimación indirecta- á sociedade COMREQUE SL, da que a recorrente recibía mercadoría que pagaba en efectivo e que reflictía na contabilidade. Nas facturas figuraba a sinatura do Sr. Bienvenido , que traballaba para Cipriano - empregado informal de Comreque SL (irmán do socio e administrador)-. Tanto o Sr. Cipriano como o administrador de Comreque SL recoñeceron -ante notario- a realidade das vendas.

Ademais, discrepa da marxe que determina a AEAT para a súa actividade.

Verbo dos saldos negativos de caixa, son debidos a retiradas/ingresos de cartos polos socios, dado que falarmos dunha sociedade familiar e que, en todo caso, non se poden determinar de xeito acumulativo, senón pola cantidade maior.

O letrado do Estado opón os datos que resultan das actuacións da inspección: a) Comreque SL non tivo actividade nos exercicio 2000/2001; presentou a declacion do I.Sociedades sen actividade, e tamén sen actividade os modelos 390 e 300. Non tivo almacen, oficina ou vehículo e non consta que tivera compras. Tampouco consta a existencia de movementos bancarios; b) os pagos realizábanse (segundo se alega) en efectivo (máis de 40 millóns no ano 2000) cando o cotían era pagar a través do banco, e, ademais, a sociedade presentaba saldos negativos da conta de caixa.

Partirmos destos datos e alegacións e compre diferenciar o que é o ano 99 dos anos 2000/2001, dado que o motivo para modifica-la base impoñible é distinta.

ANO 1999.

Incremento da base impoñible declarada como consecuencia de aumenta-los ingresos declarados daactividade procedentes da caixa negativa, por importe de 6.806.175 ptas.

No informe ampliatorio ó acta se recolle que a contabilidade da empresa rexistra pagos realizados a través da conta 570 CAIXA, cando esta non ten saldo suficiente para facelos, por un total de 6.806.175 ptas.

O recorrente sostén que falarmos dunha sociedade familiar, con confusión patrimonial entre socios e sociedade, dado que estos retiraban e ingresaban cartos nas contas da sociedade segundo as necesidades, sen que se reflictiran -correctamente- na contabilidade. Tampouco é real a anotación do pagamento das nóminas ó socio, dado que só se pagaba parte da cantidade.

Recoñece -escrito de demanda- que este modo de actuar dificulta a proba dos feitos.

Dificultade xerada, polo tanto, polo propio actuar do recorrente que, sendo unha sociedade límitada actuaba -segundo alega- como se a conta de caixa fose conxunta coa dos partícipes, provocando unha situación: déficit de caixa que, para desmonta-la apreciación da inspección, esixía unha proba cumprida, exhaustiva e indubidable, que non existe neste caso.

A demostración dos feitos, que lle incumbía ó recorrente, impoñía a realización dunha pericial contable, xunto con soportes documentais e certificacións bancarias, e nada realizouse, o que obriga a confirma-la liquidación do ano 1999, inclusive pola cantidade total, tal e como fai a AEAT.

Anos 2000/2001

As liquidacións dos anos 2000/2001 teñen coma orixe a non admisión, pola AEAT, como reais da compras feitas a COMREQUE SL.

O recorrente non pon en dúbida os datos dos que parte a Inspección: a) Comreque SL non tivo actividade nos exercicio 2000/2001; presentou a declacion do I.Sociedades sen actividade, e tamén sen actividade os modelos 390 e 300. Non tivo almacen, oficina ou vehículo e non consta que tivera compras. Tampouco consta a existencia de movementos bancarios, feitos requirimentos a provedores de anos anteriores non achegaron factura ningunha; b) os pagos realizábanse en efectivo (máis de 40 millóns no ano 2000); Sí discrepa da manifestación do Sr. Bienvenido (empregado de Comreque SL) ante a inspección o 16.01.2003, onde declarou que NON REPARTÍA BEBIDAS ALCÓLICAS e que limitábase a recolle-la mercadoría a Victoriano Moldes SA.

Achega actas notaríais de manifestacións do administrador REAL e FORMAL de COMREQUE SL Cipriano e Carlos Manuel - onde estos manifestan que as vendas foron reais e que pagáronse en efectivo, as manifestacións notaríais dos empregados de Cardeiro SL, e unha proba pericial caligráfica que acreditaría a recepción das mercadorías. Realízase sobre catro facturas onde constaría a sinatura do Sr. Bienvenido .

Estamos ante un problema de valoración da proba; como indica a STSX Castela-León de 24.07.2008: Sostiene el recurrente que no se le puede imputar a esa parte las irregularidades en que hayan podido incurrir las arrendadoras, y aunque es cierta tal afirmación, así como que formalmente aportó facturas completas, y que las prestaciones de servicios a los que se referían las facturas estaban relacionadas con la actividad del recurrente, habiéndose emitido formalmente documentos de pago, siendo cierto que en principio no se pueden imputar al arrendatario los incumplimientos de las arrendadoras, sin embargo, olvida el actor que se ha negado la autenticidad de los documentos en los que basa su derecho a deducir, negación que se ha llevado a cabo con base en pruebas aportadas por la Inspección.

En este sentido, es preciso tener en cuenta que el art. 144 de la LG...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 6 de Noviembre de 2012
    • España
    • 6 Noviembre 2012
    ...presente recurso de casación para la unificación de doctrina nº 3734/2011, interpuesto por la Entidad CARDEIRO, S.L., contra la sentencia nº 950/2009 dictada por la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en fecha 11 de noviemb......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR