STSJ Galicia 14/2009, 21 de Enero de 2009

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2009:2970
Número de Recurso15027/2009
Número de Resolución14/2009
Fecha de Resolución21 de Enero de 2009
EmisorSala de lo Contencioso

SENTENCIA: 00014/2009

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15027/2009

RECURRENTE: INDUSTRIA TAPICERA GALLEGA,S.A.

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e un de xaneiro de dous mil nove.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15027/2009, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 7437/2007, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto pola entidade INDUSTRIA TAPICERA

GALLEGA,S.A., representada pola procuradora dona DOLORES NEIRA LOPEZ, e dirixida pola letrada dona SARA MARIA

RODRIGUEZ FERREIRO, contra ACORDO DO 16-11-06 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTRO DADEPENDENCIA DE INSPECCION SOBRE PROPOSTA DE LIQUIDACION EN CONCEPTO DE IMPOSTO SOBRE

SOCIEDADES, EXERCICIO 1997. 15/2774 E 2775/2003. É parte a Administración demandada o

TRIBUNAL ECONOMICOADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de

29.992´14 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 16.11.2006 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do IS ano 1997 e sanción tributaria.

Como consecuencia da inspección iniciada o 05.06.2002 e relativa ó exercicio do IS do ano 1997(o resultado contable era de - 49.904.386 ptas), regularizouse a situación do recorrente, incrementando os seus ingresos en 68.149.129 por: a) -67.998.613 ptas por débedas contabilizadas que non se xustifican; b) -150.516 ptas ingresos que non se declararon nin contabilizaron, e c) rebaixa de gastos en 6.956.641 ptas por non acreditalos.

O recorrente declarara unhas bases negativas de: a) ano 1992: -2.10.072, b) ano 1995: -15.609.291 e

  1. ano 1996: -16.589.510 ptas; contabilizara débeda nas contas a nome de D. Eduardo por 12.110.997 ptas e do Sr. Eduardo de 14.668.961 ptas, débedas de clientes de 2.602.635 ptas e cos socios (14.992.944 ptas).

Requirido pola AEAT para que xustificara as débedas e gastos nada acreditou.

Do informe ampliatorio ó acta resulta que o liquidador Sr. Eduardo figura na contabilidade como acreedor da sociedade - por diversos conceptos- por un total de 46.679.080 ptas.

Ademais impuxéronlle unha sanción por infracción tributaria grave.

SEGUNDO

O recorrente alega que falarmos dunha sociedade en liquidación dende o 06.06.1997 -as actuacións practicáronse co Sr. Eduardo , liquidador da sociedade- e que achegou a documentación o seu dispor; a outra -requirida pola AEAT- non puido: por non poder contatar coas empresas ou por estar depositada nos xulgados do social Ademais, parte da débeda non aceptada pola administración refírese a exercicios prescritos.

Alega, en esencia, indefensión imputable ó actuar da AEAT: require a unha empresa en liquidación unha documentación da que non dispón.

O feito de que a sociedade estea en liquidación non equivale a impunidade, e é obriga do liquidador a conservación da documentación fiscal e contable da sociedade.A alegación de que a documentación achegouna ós xulgados do social e ó fondo de garantía salarial non se proba, e tampouco proba que a solicitara -de ser certo que a entregou- e a negativa destos organismos a devolvela; polo tanto, e de acordo co principio de facilidade na obtención das probas é o recorrente quen incumpriu a obriga de demostra-la realidade dos gastos e débedas que figura nas súas declaración fiscales.

Deixando para máis adiante a cuestión das bases negativas arrastradas doutros exercicios, a inspección fala de débedas da sociedade cos socios xeradas no ano 1997, e nada se achega para acreditala súa realidade; outro tanto acontece coas débedas da sociedade co propio liquidador Sr. Eduardo - 46.679.080 ptas- que, de ser certas, resultaríalle fácil de acreditar ó liquidador.

Verbo das bases negativas arrastradas de exercicios antigos; de acordo coa xurisprudenza, o feito de que se refiran a exercicios prescritos non impide que a administración poida inspeccionalos e requiri-la xustificacion da súa realidade.

Así o establece a SAN 17.04.2008 : a) La Empresa Provincial de Granada se revela contra este planteamiento aduciendo, en primer término, que la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Andalucía, con sede en Sevilla, en sentencia firme de 12 de noviembre de 2002 (recurso 545/01 ), declaró prescrita la potestad de la Administración para liquidar el impuesto sobre sociedades de 1990, de modo que, en su opinión, la Administración no podía regularizar el ejercicio 1993 tomando en consideración un ajuste fiscal con origen en el ejercicio de 1990, ya insusceptible de comprobación.

Subyace a esta tesis una clara confusión sobre la naturaleza de la prescripción. Este instituto, instrumento al servicio de la seguridad jurídica que proclama el artículo 9º, apartado 3, de la Constitución , incide sobre los derechos o, en este caso, las potestades que el ordenamiento jurídico atribuye a la Administración para el cumplimiento eficaz de su misión ( artículo 103, apartado 1, de la Constitución ), de modo que, transcurridos los plazos previstos, el legislador la desapodera, impidiéndole incidir sobre el patrimonio jurídico de los administrados, aun a costa de consagrar situaciones contrarias a la legalidad.

Es decir, la prescripción extingue los derechos, pero no borra la realidad ni ciega el pasado. La Administración carece de poder para liquidar un ejercicio prescrito, tampoco puede revisar los datos declarados por el sujeto pasivo con el fin de alterar la cuota impositiva del mismo, pero nada le impide comprobarlos para hacer lo propio en relación con uno en el que su potestad sigue viva. La tesis de la sociedad demandante acarrearía la imposibilidad de cotejar un incremento patrimonial en relación con un tributo aún no prescrito, en el que se discuta el precio de adquisición, que tuvo lugar hace lustros

Tamén o TEC en resolución de 20.12.2007 sinalou: En cuanto a la primera cuestión, el artículo 23 , en la redacción vigente en los periodos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 20 de Febrero de 2012
    • España
    • 20 Febrero 2012
    ...Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia (Sección Cuarta ), en el recurso de dicho orden jurisdiccional núm. 15027/2009, referido a liquidación y sanción por el Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas (IRPF), ejercicio No comparece la parte recurrida h......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR