SAP Pontevedra 59/2003, 11 de Marzo de 2003

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2003:951
Número de Recurso159/2002
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución59/2003
Fecha de Resolución11 de Marzo de 2003
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

SENTENCIA N° 59

En Pontevedra, once de marzo de dous mil tres.

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 221/99, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NÚM. 1 DE CAMBADOS, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante D. Alberto e como apelante e demandado D. Cosme , e da outra como apelado e demandados Dª Leticia e D. Leonardo E HERDEIROS, no xuizo de menor contía, sobre acción declarativa de servidume, deslinde e marcamento.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Nos actos a que este rolo atinxe, na data 3 de maio de 2002, o Xdo. 1 Inst e Instr núm. 1 de Cambados, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "QUE DESESTIMO EN SU INTEGRIDAD LA DEMANDA PRESENTADA POR LA REPRESENTACION PROCESAL DE DON Alberto , CON ESPECIAL PRONUNCIAMIENTO EN MATERIA DE COSTAS".

Fronte á devandita sentencia, a parte demandante D. Alberto e a demandada D. Cosme interpuxeron recursos de apelación ó abeiro do disposto no artigo 455 e seguintes da LAC 1/2000, de 7 de xaneiro, formalizando oposición ó recurso contrario os apelantes, e presentando asimesmo oposición a parte demandada Leticia , remitíndose as actuacións a esta Audiencia Provincial.

Solicitada por la parte apelante-demandante o recibimiento dos autos a proba nesta segunda instancia, coa data 4.2.03 dictouse auto admitindo a práctica da confesión xudicial propuesta, e denegando a testemuñal, celebrándose a correspondente vista que establece a LAC o día 10 de marzo de 2003.SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais.

Foi relator o ilmo sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Ó abeiro da xenérica invocación do artigo 348 do Código Civil, o actor don Alberto exercitaba fronte a don Cosme , dona Leticia , e don Leonardo , mailos herdeiros deste último, as accións declarativa de dominio, reivindicatoria, negatoria de servidume, e deslinde e marcamento. A base principal da controversia partía da afirmación fáctica efectuada polo actor de el ser o dono dos dous fundos que describía no feito primeiro da demanda e se reflectían en idéntico numeral do suplico que formulaba, ambos denominados " DIRECCION000 ".

Os dous anacos de terreo agora reclamados polo actor no seu día pertenceron os país de dona Erica e dona Julieta , recibíndoos estas dos seus pais, por parte iguais. Orixinariamente, pois, o fundo tería un total de 2.306,04 m2 e, ó procederse á partición, cada predio resultante tería uns 1.153,02 m2.

Dona Erica vendeu a súa referida propiedade a don Marco Antonio (documento privado do 24 abril 1952) e este último transferiulla ó agora actor don Alberto (documento privado do 1 febreiro 1968). Verbo de tal propiedade (lémbrese que é a descrita co n° 1 na demanda tanto na súa relación fáctica como no suplico) non existe ningún tipo de discusión e mesmo os demandados que en autos se teñen personado nin tan sequera de tal tema teñen feito cuestión. Velai polo que, efectivamente, leva toda razón ó respecto o agora apelante cando, no seu recurso, se queixa da total desestimación das súas pretensións e interesa que, cando menos, se efectuase a declaración de propiedade por sobre tal predio.

SEGUNDO

O outro anaco do fundo " DIRECCION000 ", como se dixo, foi parar a dona Julieta . Esta morreu viúva o 4 de abril de 1972, tendo outorgado testamento aberto o 24 abril 1968. Resultaron herdeiros, don Leonardo (codemandado e pai do demandante), dona Leticia , dona Camila e don Jose Luis . Mais por unha serie de vicisitudes, primeiro dona Leticia recibiu a cesión dos dereitos hereditarios de dona Camila (ou Camila ) por escritura do 3 xuño 1982 e, despois, tanto dona Leticia como don Jose Luis tamén fixeron cesión dos seus dereitos hereditarios a don Cosme a medio de escrituras datadas o 19 de agosto de 1978, e o 31 de outubro de 1997. Deste xeito, cando se formulou a interpelación de litis no ano 1999, xa resultaba palmaria a falla de lexitimación pasiva de dona Leticia para soportar aquela ó terse desprendido dos dereitos hereditarios que lle correspondían na herdanza da súa nai dona Julieta xa facía dous anos. E, en consecuencia, neste extremo se que se amosa correcta a sentencia da instancia cando, no seu fundamento de dereito segundo in fine, remata por acoller a excepción procesual que en tal sentido se tiña oposto.

TERCEIRO

Refería o actor-apelante na súa demanda que tamén era propietario doutro terreo da mesma denominación " DIRECCION000 ", colindante co que se ten recoñecido como seu, dunha extensión aproximada duns 241 m2, que lle mercara a dona Julieta no ano 1968 a medio dun documento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia 1249/2009, 3 de Diciembre de 2009
    • España
    • 3 Diciembre 2009
    ...lo Contencioso-administrativo. Además, y como se puede comprobar en la publicación oficial de la sentencia de la Audiencia Provincial (ROJ: SAP PO 951/2003 ) ésta confirmó la desestimación de alguna de las pretensiones de la parte actora no porque considerase existentes derechos de otros qu......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR