SAP Pontevedra 95/2014, 13 de Febrero de 2014

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2014:272
Número de Recurso879/2012
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución95/2014
Fecha de Resolución13 de Febrero de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00095/2014

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

-Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36038 37 1 2012 0600120

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000879 /2012

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 4 de VIGO

Procedimiento de origen: JUICIO VERBAL 0000121 /2012

Apelante: Paloma

Procurador: MARTA ROBES CABALEIRO

Abogado: FRANCISCO JOSE VILA BLANCO

Apelado: Lucas

Procurador: PABLO ACOSTA PADIN

Abogado: IVAN PEREZ LORENZO

A SECCION SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO,

composta polos Ilmos. Sres. Maxistrados : D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e

  1. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, Pronunciou

    NO NOME DO REI

    A seguinte

    SENTENZA nº 95/14

    En Vigo a trece de febrero de dous mil catorce.

    VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio verbal desahucio en precario núm. 121/12, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 4 de Vigo, os que correspondeu o rolo 879/12, nos que aparece como apelante Doña Paloma, representado polo procurador Dª. Marta Robés Cabaleiro e asistido do letrado D. Francisco José Vila Blanco e como Apelado

  2. Lucas, e representado polo Procurador D. Pablo Acosta Padin e asistido do letrado D. Iván Pérez Lorenzo, e sendo o Maxistrado ponente o Ilmo. Sr. D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

    I ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Polo Xulgado de 1ª Instancia num. 4 de Vigo, con data 29 de mayo de 2012, dictouse sentenza co seguinte fallo:

"ESTIMO TOTALMENTE a demanda interposta por Lucas contra Paloma facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos: 1º. Condeno a Paloma a que deixe libre, vacua e expedita, ao dispor do demandante, o inmoble situado no número NUM000 de DIRECCION000, San Andrés de Comesaña, Vigo, coa advertencia de que, en caso de non facelo voluntariamente, e se non é formulado recurso contra da presente sentencia e acada a mesma a firmeza, terá lugar o seu lanzamento o vindeiro día 26 de xuno de 2012, ás 9:00 horas, tal e como fora xa prevido no decreto de 15 de marzo de 2012. 2º-. Condeno a Paloma a pagar as custas do presente proceso."

SEGUNDO

Contra dita Sentencia, polo procurador Doña Marta Robés Cabaleiro na representación de Doña Paloma, formulouse recurso de apelación, que foi admitido en ambos efectos consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil .

TERCEIRO

Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO.

Primeiro

A demandada, condenada desaloxar a vivenda por precarista, formula o presente recurso de apelación contra sentenza de primeira instancia, podéndose extruturar o seu discurso nos seguintes puntos: A) Que a sentenza apelada alicerza a súa decisión de desafiuxamento en dar por acreditada unha relación entre os litigantes puramente laboral, profesional ou económica, cando a realidade é que formaban unha parella de feito. B) A existencia dun comodato. C) A existencia dunha parella de feito. D) A falta de lexitimacióna activa do demandante. E) En último termo, ven invocar igualmente que o procedimento seguido -xuizo verbalnon resultaría adecuado, dada a complexidade da relación en discusión. Pois ben, por razós metodolóxicas comezamos polo exame destas dúas últimas invocacións.

Segundo

Coa nova regulación do xuizo de desafiuzamento por precario o lexislador configura ese xuizo como un procedimento de natureza declarativa e plenaria, e atribúe efectos de cousa xulgada á sentenza que nel se dita, tal como coleximos: A) En primeiro termo, do propio teor do artº 447 da L. A. C., que dentro dos supostos de sentenzas pronuncidas en xuizos verbais que non producen cousa xulgada non inclúe o desafiuzamento por precario -a diferenza, por exemplo, do xuizo de desafiuzamento por falta de pagamento da renda-. B) Da propia Exposición de motivos daquela Norma procesual, ó proclamar literalmente (XII, in fine) que "a experiencia de ineficacia, inseguridade xurídica e vicisitudes procesuais excesivas aconsella, en cambio, non configurar como sumarios os procesos en que se aduza, como fundamento da pretensión de desafiuzamento, unha situación de precariedade: parece preferible que o proceso se desenvolva con apertura a plenas alegacións e proba e finalice co plena efectividade". C) Da doutrina xurisprudencial e da xurisprudencia menor, que corroboran esa natureza non sumaria do vixente proceso de desafiuzamento por precario, non apreciando o defecto dese procedimento ante situacións posesorias complexas, como sucede, a título simplemente exemplificativo, coa posesión por un só dos cónxuxes, subseguinte a relacións matrimoniais rotas ou en crise, ou coas situacións posesorias en coxunturas diferentes ás matrimoniais, acordando conseguintemente o Tribunal Supremo entrar na cerna do asunto e decidir sobre se a posesión combatida é en precario ou non (sentenzas de 18-1, 25-2 e 16-7-2010, por citar das máis recentes).

En definitiva, atopámonos ante un proceso pleno, ainda que esa condición de xuizo pleno -e definitivofique circunscrita ao fenómeno posesorio, e quedando por conseguinte a salvo, tanto os dereitos dominicais que respectivamente poidan ter os contendentes sobre a cousa, como o dereito que poida ostentar a demandada de resarcirse da actora do importe das obras, no seu caso realizadas no obxecto de lite. Ou por expresalo doutra maneira, o que se ventila nesta clase de xuizo é a posesión das partes litigantes ou o mellor dereito a posuir dunha delas fronte á outra. E nese estricto contexto posesorio non pode falarse xa de complexidade -concepto, polo demáis moi relativo, impreciso, e aleatorio-, como impedimento para o xuizo especial de desafiuzamento, e que daría lugar á apreciación dunha excepción de inadecuación de procedimento, debendo, contrariamente, o órgano xudicial decidirse pola recuperación da posesión impetrada pola parte...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR