SAP Pontevedra 280/2013, 8 de Noviembre de 2013

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2013:2604
Número de Recurso4/2012
ProcedimientoPROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO
Número de Resolución280/2013
Fecha de Resolución 8 de Noviembre de 2013
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00280/2013

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

PO Rollo : 0000004 /2012

Órgano Procedencia: JUZGADO DE INSTRUCCIÓN NÚM. 2 de PONTEVEDRA

Proc. Origen: Sumario nº 31 /2012

ACUSACION: MINISTERIO FISCAL

ACUSACION PARTICULAR: Ismael

PROCURADOR: ANTONIOI LOPEZ LOPEZ

LETRADO: CARMEN ARAUJO

ACUSADO: Aurelia

PROCURADOR: SENEN SOTO SANTIAGO

LETRADO. ELOY ARTIMEZ COT

SENTENCIA nº 280

ILMOS/AS SR./SRAS MAGISTRADOS/AS

D. JOSE JUAN BARREIRO PRADO, presidente

Dª ROSA DEL CARMEN COLLAZO LUGO

Dª ROSARIO CIMADEVILA CEA

En PONTEVEDRA, oito de novembro de dous mil trece.

FOI VISTA en xuízo oral e público, perante a Sección 2ª desta audiencia provincial, a causa instruída co número 4/2012, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 de Pontevedra, seguida polo trámite de procedemento sumario ordinario núm. 32/12, polo delito de asasinato en grao de tentativa, contra Aurelia, con DNI núm. NUM000, natural de Pontevedra, nada o día NUM001 de 1953, filla de José e Domitila, domiciliada en Pontevedra, na rúa DIRECCION000, NUM002, NUM003, en situación de liberdade por esta causa, sen antecedentes penais, representada polo procurador Senén Soto Santiago e defendida polo letrado Eloy Artime Cot . Constitúe a parte acusadora o Ministerio Fiscal e Ismael, representado polo procurador Antonio López López e defendido pola letrada Carmen Araújo. E actúa como relator o maxistrado JOSE JUAN BARREIRO PRADO.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO: O Ministerio Fiscal, no seu escrito de conclusións provisionais, indica o seguinte:

PRIMERO

La procesada Aurelia, mayor de edad, sin antecedentes penales, sobre las 9.15 horas del 3/1/2012 cuando se hallaba en su domicilio sito en el piso NUM004 del edificio nº NUM005 de la CALLE000 de Pontevedra y sabiendo que en la acera, delante del edificio, estaba su vecino Ismael, nacido el NUM006 /1929, con el que tenía serias diferencias por las relaciones de vecindad, cogió una botella de cristal de un litro de agua y la arrojó verticalmente sobre la cabeza de Ismael, con pleno conocimiento de que por la altura desde donde se arrojaba la botella y por el peso y material de la misma podía causar la muerte del vecino.

Ismael como consecuencia del impacto de la botella sufrió heridas consistentes en:

Traumatismo craneal moderado.

Fractura temporal derecha.

Hematomas subdurales en región temporal derecha y en hemitentorio izquierdo.

Hemorragia subaracnoidea traumática.

Contusiones parenquimatosas en regiones temporal izquierda y frontal izquierda.

Parálisis facial.

Dichas lesiones precisaron para su curación además de primera asistencia, posterior tratamiento médico, y tardaron en curar 399 días 25 de los cuales fueron hospitalarios, y estuvo imposibilitado para sus ocupaciones habituales (jubilado) 45 días. Como secuela le resta una pérdida auditiva del oído derecho de 45 a 55 decibelios, y en el oído izquierdo de 35 a 45 decibelios.

Dª Aurelia padece un trastorno de ideas delirantes que guarda relación directa con el motivo de la agresión, y que altera totalmente el juicio de la realidad, correspondiendo su conducta a la concepción anómala de dicha realidad.

SEGUNDO

Los hechos son constitutivos de un delito de asesinato en grado de tentativa del artículo 139.1, en relación con el 16 y 62 CP .

TERCERO

Es autora del delito la acusada.

CUARTO

Concurre la eximente de alteración psíquica del artículo 20.1 CP .

QUINTA

De conformidad con lo dispuesto en los artículos 95.2, 96.3, 105.2, 106 letras e) f), k) se interesa se imponga a la acusada por un periodo de hasta 10 años la prohibición de aproximarse a la víctima, de comunicarse con la misma, de someterse a control médico periódico.

RC: acusada indemnice a Ismael en 1790,75# por los días en hospital, 2620,80# por los días incapacitantes, 11.094,36# por los días de curación, y en 7.841,76# por secuelas.

SEGUNDO

A acusación particular, no seu escrito de conclusións provisionais, cualificou os feitos como constitutivos dun delito de asasinato en grao de tentativa do artigo 139.1, en relación cos artigos 16 e 62, do Código penal (CP ), do que é autora a acusada. Engadiu que non concorren circunstancias modificadoras da responsabilidade penal. E indicou que subsidiariamente só procedería aplicar a atenuante do artigo 21.1, en relación co artigo 20.1, do CP .

A acusación solicita no seu escrito a imposición da pena de nove anos por asasinato en grao de tentativa, de acordo co artigo 70.1.2º do CP . Subsidiariamente, no caso de que se aplique a atenuante do artigo 21.1 do CP, solicita que se lle impoña a pena de sete anos e seis meses, consonte o artigo 66.1.1º do CP .

En todo caso, como responsabilidade civil, solicita que a acusada indemnice a Ismael na cantidade de 26 476,42 euros polo total de días de curación e secuelas. Tamén, ademais, polo prexuízo causado ao retirárselle definitivamente o carné de conducir.

Así mesmo, a representación da acusación particular solicita que se lle impoña a prohibición de se aproximar á vítima e de se comunicar con ela, así como de acudir ao edificio onde a vítima vive por un período de 10 anos; e a obriga de someterse a control médico.

TERCEIRO

A defensa da procesada solicitou nas súas conclusións definitivas a libre absolución da súa defendida con todos os pronunciamentos favorables.

CUARTO

Cómpre facer constar que o fiscal mudou as súas conclusións provisionais en definitivas coas seguintes modificacións: Na primeira conclusión, na sétima liña engadiu que se trataba dunha botella de cristal groso, dun litro, chea de auga e pechada. Ao remate do primeiro parágrafo engadiu que a acusada se aproveitou de que Ismael se encontraba desprevido, pois non podía agardar un ataque como o descrito, polo que non puido evitar o impacto. Ao remate do penúltimo parágrafo engadiu que, como consecuencia das lesións, Ismael necesitará adoptar medidas de adaptación no seu vehículo.

Na quinta conclusión engadiu a solicitude de afastamento, con carácter subsidiario, pola vía dos artigos

57.1 e 48.2 do Código penal .

E na responsabilidade civil engadiu que se deberá indemnizar tamén co importe que se determine na execución da sentenza correspondente ás medidas de adaptación do vehículo que sexan necesarias.

A acusación particular elevou as súas conclusións provisionais a definitivas coa matización de que se trataba dunha botella de cristal groso, dun litro, chea de auga, da marca Cabreiroá e pechada, e que se tirou dende unha altura de, polo menos, sete metros.

A defensa da procesada elevou as súas conclusións provisionais a definitivas sen modificacións.

FEITOS PROBADOS

Sobre as 9:15 horas do día 3 de xaneiro de 2012, a acusada Aurelia, cuxas circunstancias persoais xa constan e sen antecedentes penais, estaba no interior da súa vivenda, no NUM004 andar do número NUM005 da rúa dos Ferreiros, de Pontevedra. Ao comprobar que o seu veciño do 4º andar, Ismael, co que mantiña unhas malas relacións de veciñanza, estaba no exterior do edificio, xusto debaixo da súa fachada, colleu unha botella de cristal, sen abrir, dun litro de auga, da marca Cabreiroá, e tirouna verticalmente sobre a cabeza de Ismael, figurándose que, dada a altura e o peso e o material da botella, podía causarlle a morte.

Como consecuencia do impacto que así recibiu, Ismael padeceu as seguintes lesións:

- traumatismo cranial moderado;

- fractura temporal dereita;

- hematomas subdurais na rexión temporal dereita e en hemitentorio esquerdo;

- hemorraxia subaracnoidea traumática;

- contusións parenquimatosas nas rexións temporais e frontais esquerdas; e

- parálise facial.

Estas lesións precisaron para a súa curación, ademais da primeira asistencia, posterior tratamento médico e tardaron en curar 399 días, 25 dos cales foron hospitalarios, e estivo incapacitado para as súas ocupacións habituais 45 días. Como secuela quédalle unha perda auditiva do oído dereito de 45 a 55 decibelios, e no oído esquerdo de 0 a 25 decibelios. Por mor disto, terá que adoptar medidas de adaptación no seu vehículo de motor para poder seguir a utilizalo.

A procesada Aurelia padece un trastorno de ideas delirantes que garda relación directa co motivo da agresión e que altera totalmente o xuízo da realidade, correspondendo a súa conduta á concepción anómala da devandita realidade.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Os feitos declarados probados son legalmente constitutivos dun delito de asasinato no grao de tentativa, do artigo 139.1, en relación cos artigos 16 e 62, todos do Código penal .

Segundo

A procesada Aurelia é autora ( artigos 27 e 28 do Código penal ) dun delito de asasinato - artigo 139.1 do Código penal - no grao de tentativa - artigos 16 e 62 do Código penal -.

Terceiro

Á declaración de feitos probados chegamos logo da valoración en conciencia dos medios probatorios practicados na presente causa, sobre todo, no acto da vista oral ( artigo 741 da Lei de axuizamento criminal ). Estes medios probatorios consistiron nas manifestacións que prestaron na vista a procesada Aurelia

; a testemuña-vítima, Ismael ; as testemuñas Valentín, Valentina, Bienvenido, Carmen ; e os axentes da Policía Nacional de Pontevedra con números de carné profesional NUM007, NUM008 e NUM009 ; nas periciais das médicas forenses Iria del Río Tajes e Marta Medrano e dos médicos Donato e Marisol ; e na documental que consta nas actuacións. Todas estas probas non nos mereceron a máis mínima dúbida para chegarmos á referida conclusión. O edificio situado no número NUM005 da rúa CALLE000, de Pontevedra, componse dun baixo e dunha única vivenda por cada un dos seus catro andares. Daquela -o día 3 de xaneiro de 2012-, os únicos moradores eran a procesada Aurelia -que ocupaba o 2º- e o lesionado Ismael -que ocupaba o 4º-. As relacións de veciñanza entre eles eran malas. O referido día,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR