SAP Pontevedra 457/2013, 27 de Junio de 2013

JurisdicciónEspaña
Fecha27 Junio 2013
Número de resolución457/2013

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00457/2013

CIVIL

Rolo: 207/2012

Procedemento de orixe: Ordinario 1268/2010

Órgano de procedencia: Instancia núm. 2 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente, D. Julio Picatoste Bobillo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM. 457

Vigo, vinte e sete de xuño de dous mil trece

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ordinario 1268/2010 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 207/2012, nos que aparece como parte apelante e demandante REDES Y PROTECCION,S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª Emilio Alvarez Pazos e asistida do/da letrado/a D./D.ª Javier Vega Alvarez, e como parte contra da que se apela e demandada UTE DRAGADOS, - GEOCISA PUERTO DE VIGO, representada polo/a procurador/a D./D.ª Andrés Gallego Martin-Esperanza e asistida do/da letrado/a D./D.ª Amparo Cabeza Perez-Manglano.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo, con data do 21/12/2011, ditou unha sentenza

coa seguinte parte dispositiva:

"Que desestimando la demanda formulada por el Procurador D. Emilio José Alvarez Pazos en representación de la entidad mercantil REDES Y PROTECCION,S.L. contra UTE DRAGADOS-GEOCISA PUERTO DE VIGO, la debo absolver y absuelvo de los pedimentos contenidos en la demanda, con imposición a la demandante de las costas de este procedimiento."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Emilo José Alvarez Pazos, en representación de REDES Y PROTECCIONS,S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC). Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 27/6/2013.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A entidade mercantil Redes y Protección, S. L. exercita, na súa calidade de segundo

subcontratista, contra a demandada, UTE Dragados-Geocisa Puerto de Vigo, como contratista, a acción disposta no artigo 1.597 do Código Civil, a teor do cal os que poñen o seu traballo e materiais nunha obra axustada alzadamente polo contratista, non teñen acción contra o dono dela senón ata a cantidade que este adebede a aquel cando se fai a reclamación.

Segundo

As características desta acción son as seguintes: A) Trátase dunha acción directa, e netamente diferenciada da acción subrogatoria do artigo 1.111, pois esta última comporta a esixencia dunha previa persecución dos bens do debedor, que a acción de lite non contempla. B) O seu fundamento se busca pola doutrina científica en diversos institutos, dende considerar que estamos ante un suposto de accesión (en esencia, artigo 365), ata que resulta unha consecuencia do postulado da equidade, en canto que esta non tolera que o contratista ou o dono da obra se enriquezan a expensas dos que co seu traballo ou a súa aportación de materiais contribúen decisivamente á execución da obra, non resultando, en definitiva, lícito que o dono da obra e o contratista ou empresario, ou ambos, mesmo confabulados, se enriquezan co esforzo laboral dos operarios ou coa aportación material dos proveedores, que ven frustradas os seus respectivos dereitos e expectativas, en beneficio sen causa dos primeiros. En definitiva, e en expresión da sentenza do Tribunal Supremo de data 19 de abril de 2004 "... la doctrina de esta Sala, más reciente, resulta interpretadora de la realidad social, sobre todo del mundo de la construcción y se muestra atenta para evitar manipulaciones y abusos a cargo de los propietarios que se valen de contratistas afines, coincidentes con sus intereses o artificiales, a fin de eludir responsabilidades que les pudieran corresponder por la obra encargada y, a su vez, y consecuente con ello, para evitar situaciones de enriquecimiento injusto ( SSTS de 15 de marzo de 1990, 11 de octubre de 1994, que cita las de 13 de abril de 1926, 12 de mayo de 1994 y las recientes que reafirman la doctrina establecida, de 2 de julio de 1997 y 28 de mayo de 1999 )".

Terceiro

Por outra banda, para a estimación da acción é precisa a concorrencia dos seguintes requisitos: A) A subsistencia de dous créditos, un, do contratista contra o dono da obra demandado, e o outro, do subcontratista accionante contra o contratista. B) Que a acción de reclamación do crédito, que ostenta o subcontratista contra o contratista, non vaia máis alá do que a este último adebeda o dono da obra ao tempo da reclamación. C) Que atopémonos ante unha obra -a principal, é dicir, a concertada entre o dono da obra e o contratista- que for axustada alzadamente.

Pois ben, como a parte demandada pon en cuestión todos eses presupostos, procedemos analizar os mesmos, comezando polo último, por seguir a estrutura da sentenza de primeira instancia e o discurso argumental do recurso de apelación, que contra da mesma formula a parte demandante.

Cuarto

O requisito da obra axustada alzadamente conduce necesariamente a reseñar o contido do contrato de obra, entre o dono da obra e o contratista (realmente, no caso presente, entre o contratista e o subcontratista primeiro, nunha coxuntura de subcontratas sucesivas). Do mesmo resultan de interese as seguintes cláusulas, que citamos literalmente: A) O contratista encarga ao subcontratista a execución dos traballos descritos no Anexo nº. 1 polos prezos unitarios e cantidades indicados no mesmo, para ser realizados segundo as esixencias do proxecto de obra, dos requisitos de subministracións dos anexos deste contrato e das especificacións do prego de condicións da propiedade das obras que lle afecten, que o subcontratista declara coñecer (cláusula primeira). B) A cláusula segunda, baixo o rótulo de "prezos unitarios e cantidades", proclama que o subcontratista obrígase, a simple requerimento do contratista, a aceptar a variación, en máis ou en menos, da obra contratada indicada no Anexo nº. 1, na contía global de ata o 20% do conxunto, sen que iso comporte variación ningunha dos prezos unitarios, nin lle dea dereito a reclamar indemnización de ningunha clase. Os prezos indicados no Anexo nº. 1 serán fixos e non estarán suxeitos a revisión, nin tan siquera por variación dos prezos dos materiais ou convenios colectivos ou particulares sobre retribucións do persoal, que se establezan con posterioridade por.... C) A cláusula séptima establece, no que agora é de utilidade, que as cantidades a facturar corresponderán sempre á obra realmente executada, con independencia das medicións contratadas, que terán carácter orientativo, podendo variar segundo as necesidades de obra. Esta cláusula non se aplicará naquelas unidades de obra en que expresamente se acorde un forfait ou prezo pechado e que consten expresamente como tales no Anexo nº. 1. Mensualmente realizarase unha medición a orixe das unidades executadas e rematadas en obra, que deberá contar coa conformidade do xefe de obra. Co resultado de dita medición o subcontratista presentará unha única factura. As facturas emitiranse baseándose nos prezos unitarios establecidos no Anexo nº. 1, empregando os mesmos nomes e detalles para cada unidade a facturar. Non admitiranse facturas que inclúan unidades de obra que non figuren no Anexo nº. 1 e as súas posibles ampliacións asinadas. D) Finalmente, o contrato prevé unha retención, a favor do contratista, do dez por cento de cada factura, que devolverase ao remate das obras e da sinatura da acta final de conformidade.

Por outra banda, o Anexo nº. 1 ("Orzamento") describe polo miudo ata sete capítulos de obra (cimentación, pilares, forxados módulos, forxados módulos ramplas, tramex, e fachadas e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Barcelona 444/2015, 12 de Noviembre de 2015
    • España
    • Audiencia Provincial de Barcelona, seccion 17 (civil)
    • 12 Noviembre 2015
    ...según necesidades de obra". Pero tal estipulación no impide la aplicabilidad del artículo 1597 CC, pues como razona la SAP Pontevedra de fecha 27 de junio de 2013 en un supuesto idéntico al presente, lo determinante es la invariabilidad del precio, siendo que el carácter orientativo se pred......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR