STSJ Galicia 127/2008, 28 de Febrero de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:2562
Número de Recurso4201/2005
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución127/2008
Fecha de Resolución28 de Febrero de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00127/2008

Procedimiento ordinario nº 4201/2005

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

A Coruña, vinte e oito de febreiro de 2008.

O recurso contencioso administrativo núm. 4201/2004 pendente de resolución nesta Sala, presentado por D. Jorge, representado polo procurador D. Castro Bugallo e asistido do letrado D.Arquero, contra o silencio administrativo da

Consellería de Política Territorial. É parte demandada a CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, representada e asistida

polo letrado da Xunta e D. Leonardo, coa representación do procurador Sr. Maneiro Martínez e asistido

do letrado Sr. Vila Blanco .

A contía do recurso é de 27.068,46 euros .

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión. TERCEIRO.- Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza. CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA. FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a desestimación - por silencio - da denuncia urbanística presentada ante a CPTOPV contra o Sr. Leonardo pola realización de obras no lugar de Camiño das Fontiñas-Cabral-Vigo, sen licenza nin autorización autonómica.

Consta que trala denuncia de 22.07.2003 o Concello de Vigo realizou un acta de inspección o

09.09.2003: constatou a construcción dunha nave sen licenza. Xuntaba fotos e plano de situación. O

16.09.2003 novo informe: cualificación do terreo SOLO NON URBANIZABLE 4 ESPECIALMENTE PROTEXIDO DE PAISAXE E MASAS FORESTAIS.

Acordo de 17.11.2003: paralización de obras e traslado á Consellería de Política Territorial. Notificación ó Sr. Leonardo o 28.11.2003.

Novo acordo de 03.12.2003 corrixindo un erro ( falaban de vivenda cando estamos ante unha nave industrial ).

Alegacións do Sr. Leonardo - folio 29- o 15.12.2003.

Informe urbanístico da CPTOPV de 07.11.2003 e valoración das obras. Novo informe de inspección de 23.10.2003.

Solicitude de información urbanística ó Concello o 05.08.2003 - folio 16 -. Acordo de inicio do expediente administrativo de 29.09.2005. Notificación de 06.10.2005. O recorrente sostén que, como resulta do propio expediente administrativo, a obra é ilegalizable, polo que procede acordala súa demolición e o inicio do expediente sancionador.

A Xunta alega que non existe unha resolución desestimatoria por silencio, senon un atraso na resolución do expediente, que en nada prexudica ó actor, e que a actuación administrativa foi axustada a dereito.

O codemandado alega que o muro de peche construíuse no ano 1999, que a estructura é desmontable e que non fixo recheo ningún, e que o terrero, en realidade, merece a cualificación de urbano. Alega extemporaneidade, prescrición e posibilidade de legaliza-las obras.

Compre resolver con carácter preferente as causas de non admisión - expresas e implícitas - que alegan as partes; a Xunta sostén que non existe acto administrativo e o codemandado que o recurso é extemporáneo.

Ámbalas dúas pretensións debémolas rexeitar.

Verbo da primeria, compre subliñar que non estamos ante o exercicio dunha DENUNCIA ordinaria, no sentido da simple posta en coñecemento de feitos, sen obriga da administración de tramita-lo expediente, senón ante o exercicio da ACCIÓN PÚBLICA URBANÍSTICA - DA 4ª Lei 09/2002 - que constitúe ó denunciante en parte no expediente e, en consecuencia, obriga a administración a tramitar e resolve-la pretensión.

O feito de non facelo equivale o silencio administrativo abrindo a porta ó exercicio da oportuna acción ante a xurisdicción contencioso administrativo. No caso presente, trala denuncia urbanística de 22.07.2003 o denunciante formula recurso - de reposición debe entenderse - contra a desestimación tácita da súa pretensión de demolición, sen que lle contestaran e sen que ata o 29.09.2005 se acordara inicia-lo expediente de reposición, con posterioridade ó recurso contencioso administrativo ( presentado o 09.05.2005 ), polo que, ademais da DISFUNCIÓN que se recoñece pola administración, existe un acto administrativo - presunto- que pode ser obxecto de impugnación.

Verbo da extemporaneidade; non podemos acoller esta pretensión do codemandado, dado que descoñece a xurisprudencia relativa os prazo de recurso no caso do silencio administrativo; así o Tribunal Supremo ( Sentencia de 28 de noviembre de 1989 [RJ 1989\8366 ]) en las que se hicieron estas consideraciones: «en efecto, la interpretación del artículo 40 a) de la Ley Reguladora de esta Jurisdicción (RCL 1956\1890 y NDL 18435 ) conforme al artículo 24.1 de la Constitución (RCL 1978\2836 y ApNDL 2875 ) impide entender que la desestimación presunta de un recurso por silencio administrativo negativo pueda producir el efecto determinante de su aplicación, esto es, entender que existe un acto firme y consentido, como ha declarado expresamente la Sentencia del Tribunal Constitucional núm. 204/1987, de 21 de diciembre (RTC 1987\204 ) (BOE de 8 de enero de 1988), doctrina que vincula a los Tribunales a tenor del ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STSJ Galicia 55/2019, 28 de Enero de 2019
    • España
    • 28 Enero 2019
    ...de 20/10/2011, nº recurso 4542/2009 ; de 22/09/2011, nº recurso 4242/2011 ; de 23/12/2009, nº recurso 4394/2007 ; de 28/02/2008, nº recurso 4201/2005 ). Teniendo en cuenta que la inacción o pasividad administrativa frente a una denuncia urbanística en la que se solicita la adopción de medid......
  • STSJ Galicia 491/2020, 18 de Septiembre de 2020
    • España
    • 18 Septiembre 2020
    ...de 20/10/2011, nº recurso 4542/2009; de 22/09/2011, nº recurso 4242/2011; de 23/12/2009, nº recurso 4394/2007; de 28/02/2008, nº recurso 4201/2005). Por ello el recurso es admisible y procede por tanto revocar la sentencia de instancia en lo que a la declaración de inadmisibilidad - Entrand......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR