STSJ Galicia 451/2010, 12 de Mayo de 2010

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2010:7358
Número de Recurso16225/2008
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución451/2010
Fecha de Resolución12 de Mayo de 2010
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00451/2010

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0016225/2008

RECURRENTE: OVERSEAS TUNA COMPANY,N.V., INTERTUNA, N.V., ATUNERA MAYA, S.A., OVERSEAS TUNA PACIFIC,S.A., CONSIGNACIONES

PUEBLA,S.L.

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERIA DE ECONOMIA E FACENDA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, doce de Mayo de dos mil diez.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0016225/2008, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por OVERSEAS TUNA

COMPANY,N.V., INTERTUNA, N.V., ATUNERA MAYA, S.A., OVERSEAS TUNA PACIFIC,S.A., CONSIGNACIONES PUEBLA,S.L., representadas polo

procurador don ANTONIO PARDO FABEIRO, e dirixidas polo letrado don SANTIAGO MARTINEZ SALAZAR, contra SILENCIO ADMINISTRATIVO A RECLAMACION DE RESPONSABILIDAD PATRIMONIAL PRESENTADA CON FECHA 11-12-07

SOBRE TARIFAS APLICABLES EN LOS PUERTOS DE LA

COMUNIDAD DE GALICIA. DECRETO 290/1986. É parte a Administración demandada CONSELLERIA DE ECONOMIA E FACENDA, representada polo

LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselles traslado del ás partes recorrentes para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de

2.234.654,90 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a desestimación -por silencio- da solicitude de responsabilidade patrimonial formulada polas liquidacions xiradas ó abeiro do Decreto 290/1986 .

Segundo resulta das alegacións das partes, os recorrentes desembarcaban túnidos no porto da Pobra do Caramiñal; dende agosto do ano 1991 ata febrero de 2001 pagaron a taxa X-3 son formular recurso ningún.

Recorreron as liquidacións xiradas entre o 09.04.2001 e 31.12.2002, e o recurso acolleuno o TEAR por entender non correcta a clasificación das mercadorías.

Dende o 01.01.2003 aplícanlle unha tarifa que non discute.

Solicitude de revisión de oficio/devolución de ingresos non debidos- art. 153 e 154 LXT 1963 - das liquidacións xiradas entre o 09.01 ó 02.2001, que lle rexeitaron o 02.02.2004. Recurso ante o TSX Galicia alegaban que o Decreto 290/1986 infrinxía o dereito comunitario - que lle rexeitan o 22.11.2006.

Solicitude de responsabilidade patrimonial presentada o 11.12.2007.

SEGUNDO

O recorrente alega que o Decreto 290/1986 aplicado ás liquidacións xiradas no período que abrangue o mes de agosto 1991 ó mes de febrero de 2001 infrinxe o dereito comunitario, en concreto as Decisións do Consello núm. 91/482 e 2001/822 de asociación cos PTU e os Regulamentos CEE núm. 3900/91, 1256/96, 2820/98 e 2501/01 que suspenden a aplicación do arancel de alfándegas no marco das SPG.

As empresas INTERTUNA NV e OVERSEAS TUNA COMPAY NV están radicadas nas Antillas Holandesas e estas forman parte dos países denominados PTU, e polo tanto, beneficiadas dun réxime comercial con ventaxes: mercadorías con exención de dereitos de alfándega e de exaccións de efecto equivalente.

As empresas ATUNERA MAYA SA (Guatemala) e OVERSEAS TUNA PACIFIC SA (Panamá) están baixo a vixencia dos regulamentos SPG e, en consecuencia, os túnidos pescados en embarcacións destas bandeiras están exentos de arancel de alfándega ou exacción de efecto equivalente. A aplicación, polo Decreto 290/1986 fa Tarifa X-3 supón imporlle ós túnidos con orixe nestes paises unha exacción equivalente a un arancel de alfándega.

Este incumprimento do dereito comunitario cumpre os tres requisitos que recolle a xurisprudenza do TSXCEE para xera-lo dereito ó resarcemento: a) que a norma de dereito comunitario violada atribúa dereitos ós particulares; b) que a violación estea suficientemente caracterizada e c) que exista relación de causalidade entre a violación e o prexuízo sufrido polos particulares.

O letrado da Administración opón: a) o recurso é non admisible o presenta-lo logo do transcurso do prazo do ano previsto no artigo 142.5 Lei 30/1992, e concorre- la excepción de cousa xulgada ( Senteza do TSX Galicia de 22.11.2006 ), e b) respecto do fondo da controversia, a reclamación de responsabilidade patrimonial esixiría a previa declaración de que o Decreto 290/1986 é contrario ó dereito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 5 de Mayo de 2011
    • España
    • 5 Mayo 2011
    ...2010, dictada por la Sala de lo Contencioso-Administrativo (Sección Cuarta) del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso nº 16225/2008, sobre responsabilidad Por providencia de 23 de Febrero de 2011, se acordó conceder a las partes el plazo de diez días para alegaciones sobre......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR