ORDE do 9 de abril de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyOrde

O artigo 27, en harmonía co artigo 5, do Estatuto de autonomía de Galicia, establece, como competencia da Comunidade Autónoma galega, a promoción e ensino da lingua galega e o fomento da cultura e a investigación.

Por outra parte, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro (DOG nº 233, do 7 de decembro), polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, recolle no seu artigo 5.a) a Secretaría Xeral de Política Lingüística como órgano superior da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Ademais, no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no seu artigo 2, alínea d), figura a Secretaría Xeral de Política Lingüística como órgano superior da consellería. Dentro das competencias e funcións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de acordo co artigo 16, número 3.1, alínea b), establécese que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, baixo a dirección da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten a función de promover a formación e capacitación de universitarios, tanto no ámbito galego como internacional, a través de convocatorias públicas para a investigación e o estudo de programas no ámbito das humanidades.

Na súa virtude, apróbanse as seguintes

Bases

Primeira. Obxecto e destinatarios

Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de nove bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que se inclúen como anexos á presente orde e nos cales se detallan os requisitos específicos que deben reunir os/as solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.

Segunda. Dotación das bolsas e orzamento

A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais, nos cales van incluídos os custos da Seguridade Social (cota patronal e cota obreira), en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

De acordo co establecido no artigo 7.j) da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas, e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio, estas bolsas están exentas do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por unha contía bruta máxima total de 213.840 €, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 09.30.151A.480.0 e 09.30.151A.484.0, que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. Isto desagrégase nas seguintes anualidades:

Ano 2014: 53.460 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Ano 2015: 106.920 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

Ano 2016: 53.460 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

A distribución entre as dúas aplicacións faise con base no recollido na Orde ESS/106/2014, do 31 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, contidas na Lei 22/2013, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014 e se establecen os importes das cotas patronal e obreira por continxencias comúns e profesionais, por conta da empresa e do/a traballador/ra, para o persoal en formación de bolsa.

Terceira. Duración

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décima desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de xullo de 2014 e rematarán, en calquera caso, o 30 de xuño de 2016.

A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

Cuarta. Requisitos xerais dos/as solicitantes

Poderán solicitar estas bolsas ou ser beneficiarios/as delas os licenciados/as ou graduados/graduadas universitario/as en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan nos anexos desta orde os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

  2. Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007-2008 ou posterior.

  3. Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os/as que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.

  4. Non resultar beneficiario/a dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

  5. Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).

  6. Os/as solicitantes que teñan cursado os seus estudos en universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xurada.

    A certificación do expediente académico indicará a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas; e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE nº 224, do 18 de setembro) como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.

    Quinta. Presentación de solicitudes e prazo

    1. As solicitudes formalizaranse no modelo ED 109A que se publica como anexo X a esta orde, asinadas polo/a interesado/a.

      As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

      Alternativamente tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR