RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2014 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de abril de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyResolución

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xustifícase polas necesidade de adaptación da mesma á estrutura orgánica da Consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 3 de abril de 2014, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de abril de 2014, relativo a aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa finalidade de cumprir dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda de 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014

José María Barreiro DíazDirector xeral da Función Pública

ANEXO IIRelación de postos traspasados á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

CENTRO DE DESTINO CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN GRUPO NIVEL/CATEG.
S. X. DE INFORMÁTICA MA.C02.00.005.15770.005 XEFATURA SECCIÓN I A1-A2-C1 25
S. X. DE INFORMÁTICA MA.C02.00.005.15770.020 XEFATURA SECCIÓN I A1-A2-C1 25
S. X. DE INFORMÁTICA MA.C02.00.005.15770.021 ANALISTA-PROGRAMADOR/A A2 22
S. X. DE INFORMÁTICA MA.C02.00.005.15770.030 PROGRAMADOR/A C1 20
S. X. DE INFORMÁTICA MA.C02.00.005.15770.032 PROGRAMADOR/A C1 20
S. X. DE INFORMÁTICA MA.C02.00.005.15770.033 PROGR
...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR