ORDE do 9 de abril de 2014 pola que se establecen as condicións dunha emisión de obrigacións da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 500 millóns de euros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyOrde

Con base no artigo 37.3 da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, autorízase a persoa titular da Consellería de Facenda para formalizar operacións de endebedamento mediante a emisión de débeda pública, a concertación de créditos ou calquera outro instrumento financeiro dispoñible no mercado.

Así mesmo, no artigo 33 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, establécese que as emisións de débeda pública ou operacións de crédito que realice a Comunidade terán que ser autorizadas, en todo caso, polo conselleiro de Economía e Facenda dentro dos límites sinalados pola lei, ao cal lle corresponderá, tamén, autorizar as súas características técnicas e o seu tipo de xuro, se estes non fosen determinados pola súa lei de creación. Esta facultade corresponde na actualidade á conselleira de Facenda en virtude da nova estruturación dos departamentos da Xunta de Galicia, regulada polos decretos 227/2012, do 2 de decembro, e 235/2012, do 5 de decembro.

Mediante Acordo do Consello de Ministros do 24 de xaneiro de 2014 outorgouse a autorización establecida no artigo 14.3 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único

Autorízase unha emisión de débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia (a emisora) por un importe nominal de 500 millóns de euros. Esta emisión realízase baixo a forma de obrigacións sénior, non garantidas e non subordinadas da Xunta de Galicia (as obrigacións), representadas mediante anotacións en conta, ao abeiro dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores.

A emisión de débeda pública que se autoriza terá as características que se detallan a continuación:

Importe nominal da emisión: quinientos (500) millóns de euros.

Data da emisión e desembolso: 10 de abril de 2014.

Data de vencemento: 10 de abril de 2021, con suxeición á convención de día hábil seguinte non axustado (Unadjusted Modified Following).

Prezo de emisión por obrigación: 99,95 % do importe nominal de cada obrigación.

Importe nominal de cada obrigación: mil (1.000) euros.

Entidades colocadoras: BBVA, Banco Santander, Société Générale e Deutsche Bank.

Desembolso: o desembolso da emisión das obrigacións será realizado a través da entidade colocadora da emisión na data de emisión e desembolso...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR