ORDE do 10 de abril de 2014 pola que se regula o réxime de subvencións ás centrais sindicais para o ano 2014.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyOrde

Co fin de manter o fomento da realización das funcións propias das organizacións sindicais e a promoción do funcionamento dos seus gabinetes técnicos, así como o apoio aos plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, anúncianse os seguintes tipos de axudas para o ano 2014:

Programa I. Axuda para o desenvolvemento das actividades ordinarias das centrais sindicais durante o ano 2014.

Programa II. Axuda para promover o funcionamento de gabinetes técnicos das centrais sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

O importe global das referidas axudas destinadas aos dous programas mencionados ascende a un total de 1.170.000 € que figura na Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Concluído o proceso de eleccións sindicais previsto na disposición transitoria oitava do actual texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e en virtude do novo sistema de medición da representatividade das organizacións sindicais, para os efectos das axudas previstas nesta orde terase en conta a representatividade sindical en 31.12.2013 referida exclusivamente ao ámbito territorial de Galicia.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento desta lei, establecen o réxime xeral de concesión de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, normativa a que, en consecuencia, se adaptará esta orde tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade e non-discriminación.

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar e atribúe á Dirección Xeral de Traballo e Economía Social a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral. Dentro desta dirección xeral, o Servizo de Relacións Laborais da Subdirección Xeral de Traballo desenvolve as funcións relativas á xestión e tramitación das axudas e subvencións.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, de conformidade coas atribucións que teño conferidas, e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios aos fins para que foron establecidos,

DISPOÑO:

Capítulo IÁmbito de aplicación

Artigo 1 Obxecto
  1. Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas e subvencións en materia laboral e para mellora das condicións de traballo que concederá a Consellería de Traballo e Benestar ás centrais sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2014, para promover o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

    Para os efectos desta orde, terase en conta a representatividade sindical en 31.12.2013 referida exclusivamente ao ámbito territorial de Galicia.

  2. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e nesta orde. O procedemento de concesión das axudas establecidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de conformidade co previsto no artigo 19.2 da Lei de subvencións de Galicia, axustándose a repartición aos criterios que se establecen nesta orde.

  3. Tipos de axudas.

    Programa I (TR807A). Axuda para o desenvolvemento das actividades ordinarias das centrais sindicais durante o ano 2014.

    Programa II (TR807B). Axuda para promover o funcionamento de gabinetes técnicos das centrais sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

    Capítulo IIProgramas

    Sección 1ª. Programa I

    Axuda para o desenvolvemento das actividades ordinarias das centrais sindicais durante o ano 2014.

Artigo 2 Finalidade

Será a de facilitar axudas económicas ás centrais sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para as actividades ordinarias que lles son propias, de acordo co disposto na normativa legal vixente de aplicación e que se desenvolvan no ano 2014.

Artigo 3 Financiamento

Esta axuda financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.324A.481.6 da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social cun crédito polo importe de 830.000 €, co código de proxecto 2014/00566.

Artigo 4 Entidades beneficiarias e actividades subvencionables

O crédito que figura na citada aplicación orzamentaria será proporcionalmente distribuído entre as centrais sindicais solicitantes a que se refire o artigo 2, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2013 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia. Tomarase ccmo denominación aquela con que figuren rexistradas na data antedita.

Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións ordinarias e habituais realizadas polas centrais sindicais que impliquen o normal desenvolvemento das funcións que lles son propias.

Os gastos derivados de actividades de asesoría xurídica só serán subvencionables nos casos en que o asesoramento estea referido a actividades sindicais.

Non serán subvencionables os gastos financeiros, os derivados de actividades de asesoría financeira e os gastos notariais e rexistrais.

Non serán subvencionables os gastos derivados da compra de equipamentos informáticos nin de calquera outro tipo de investimento que supoña un incremento patrimonial.

Sección 2ª. Programa II

Axuda para promover o funcionamento de gabinetes técnicos das centrais sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

Artigo 5 Finalidade

Será a de promover e apoiar o funcionamento dos gabinetes técnicos das centrais sindicais nas actividades específicas das materias que lles son propias, así como a de facilitar e favorecer a formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.

Artigo 6 Requisitos dos gabinetes técnicos

Para poderen ser obxecto de subvención, os gabinetes técnicos das centrais sindicais deberán estar integrados, como mínimo, por dúas persoas, unha das cales deberá ser necesariamente licenciada en economía ou en administración e dirección de empresas. As ditas persoas estarán contratadas a xornada completa para a realización das actividades propias dos gabinetes.

Artigo 7 Financiamento

Esta axuda financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.324A.481.7 da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social cun crédito polo importe de 340.000 € co código de proxecto 2014/00567.

Artigo 8 Entidades beneficiarias e actividades subvencionables

Na citada aplicación orzamentaria o crédito será proporcionalmente distribuído entre as centrais sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2013 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia. Tomarase como denominación aquela con que figuren rexistradas na data antedita.

Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións de carácter concreto e específico realizadas polos gabinetes técnicos das centrais sindicais que impliquen o normal desenvolvemento das funcións que lles son propias. Tamén será subvencionable a efectiva impartición de actividades formativas dirixidas a cadros e delegadas e delegados sindicais. Os custos subvencionables por participante e por hora de impartición determinaranse de acordo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR