ORDE do 7 de abril de 2014 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyOrde

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 27.22, que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias do deporte e da axeitada utilización do lecer, así como da promoción do desenvolvemento comunitario.

A través do Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e os servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural no ámbito da xuventude e do desenvolvemento comunitario.

Coa aprobación do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, correspóndelle á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de xuventude, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil, e o fomento da participación da xuventude na vida social.

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, establece, no seu artigo 9, que a Xunta de Galicia fomentará o espírito emprendedor e que potenciará entre a xuventude un sistema de actitudes e preocupacións do cal formen parte a iniciativa propia, a responsabilidade, a planificación de obxectivos vitais, a perseveranza, o compromiso e a flexibilidade.

Así mesmo, establece no seu artigo 12 que, co obxecto de fomentar a participación directa da mocidade nos programas de actuación que desenvolvan as administracións públicas galegas, se establecerán medidas específicas para favorecer a participación de grupos informais de mozos e mozas.

A Consellería de Traballo e Benestar considera que, para que a xente nova asuma responsabilidades, é necesario que sexa a auténtica protagonista e que tome nas súas mans, a través da execución de proxectos, a administración dos recursos necesarios para a súa posta en marcha e consolidación, e para isto xulga que é fundamental apoiar aqueles que, cunha fórmula participativa, estean estreitamente ligados ás necesidades, aspiracións e intereses da mocidade.

Así mesmo, considera prioritario abrir as axudas a grupos informais de mozos e mozas para favorecer que se poidan levar a cabo proxectos interesantes que, nun momento dado, poidan xurdir á marxe das asociacións e entidades legalmente constituídas, pero que igualmente cumpren determinados requisitos que os fan merecedores do apoio da Administración. Deste xeito, estaranse a impulsar iniciativas voluntarias da mocidade que verdadeiramente respondan aos seus intereses e inquedanzas.

En definitiva, trátase de fomentar a participación da mocidade en iniciativas entendidas como importantes experiencias de aprendizaxe non formal, co propósito de estimular o seu espírito de protagonismo e liderado, así como a creatividade e o talento xuvenís e, sobre todo, trátase de lle permitir poñer en práctica as súas ideas relacionadas co emprendemento e coa empregabilidade.

Así, é obxecto desta orde establecer as bases que rexerán a convocatoria de axudas dirixidas a grupos informais de mozos e mozas, ás asociacións xuvenís e ás entidades prestadoras de servizos á xuventude e ás súas respectivas federacións e tratarase, en todos os casos, de apoiar proxectos en que a mocidade participe de forma activa e directa en actividades concibidas por ela mesma e das cales ela sexa a súa principal protagonista.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en concreto no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade, na concesión das axudas e subvencións, e ao establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007 e as disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; a Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega e o Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto e finalidade
  1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que deberán rexer os procedementos de concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2014, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas, e convocar estas axudas.

    Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritarias que se desenvolverán mediante as iniciativas xuvenís as seguintes:

    1. Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade concretar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.

    2. Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de lecer.

    3. Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.

    4. Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.

    5. Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.

  2. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Artigo 2 Orzamento

Para o financiamento destas axudas existe crédito suficiente e adecuado na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2014, consignado na aplicación orzamentaria 11.06.313A.481.0, cunha contía de 501.000 euros, que financiará as axudas para a realización dos proxectos de iniciativas xuvenís.

Estas contías distribuiranse, segundo o órgano competente para a tramitación e a resolución dos expedientes, do seguinte xeito, que se materializará nas correspondentes ordes de desconcentración de crédito:

Entidades de ámbito provincial A Coruña 40.000 €
Lugo 25.000 €
Ourense 25.000 €
Pontevedra 40.000 €
Entidades de ámbito autonómico Servizos centrais 371.000 €
Grupos informais
Artigo 3 Persoas destinatarias

Poderán solicitar a axuda, ao abeiro destas bases reguladoras:

  1. Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 4 desta orde.

  2. As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.

Artigo 4 Requisitos

Para ser beneficiarias da axuda a que se refire esta orde, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos no momento da presentación da solicitude:

  1. As asociacións xuvenís e as entidades que lles presten servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, regulado no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de mocidade, modificado polo Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades nas asociacións xuvenís (Real decreto 397/1988).

  2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados, e unha destas persoas asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario/a, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique.

    Ademais, no caso de grupos informais, as persoas que os compoñan deberán de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

  3. O incumprimento por parte de calquera dos membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a non admisión a trámite da solicitude.

  4. Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou que pertenza a outro grupo ou asociación solicitante destas axudas.

  5. En ambos os casos, é requisito para ser beneficiario/a destas axudas non estar incurso/a en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  6. Será requisito imprescindible para poder solicitar a axuda ter xustificadas debidamente as axudas recibidas no último ano. No caso dos grupos informais, non poderá obter subvención o proxecto presentado por un grupo do que formen parte mozas ou mozos que o ano anterior participasen nun proxecto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR