ORDE do 7 de abril de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta consellería para o curso 2014/15.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyOrde

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23º do seu estatuto de autonomía.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia establece, no seu artigo 3, os obxectivos do Sistema galego de servizos sociais, inclúe entre estes o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

Así mesmo, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública, o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, atribúelle á Dirección Xeral de Familia e Inclusión o exercicio das políticas autonómicas de apoio á familia e á infancia, así como a promoción e adopción das medidas de conciliación que garanten un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias.

No marco das políticas sociais de apoio á familia e á infancia, a Xunta de Galicia, en atención ás necesidades derivadas das responsabilidades familiares do persoal ao servizo da Administración autonómica e ás demandas manifestadas, neste sentido, polas organizacións sindicais que o representan, pon á disposición do seu persoal a escola infantil 0-3 de Vite en Santiago de Compostela, a escola infantil 0-3 A Estrela do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e a escola infantil 0-3 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, para a atención das súas fillas e dos seus fillos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos.

Por todo o exposto, en virtude das competencias que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1 Obxecto

A presente orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas, tanto de renovación como de novo ingreso, para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galicia, do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra e do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, na escola infantil de Vite de Santiago de Compostela, na escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra e na escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo, respectivamente, para o curso 2014/15.

Artigo 2 Requisitos

Para a cobertura destas prazas establécense como requisitos:

– Ser filla ou fillo do persoal dos servizos centrais da Xunta de Galicia, do persoal do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra ou do Complexo Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, ou estar acollida ou acollido legalmente por algunha delas ou algún deles.

– Que a nena ou o neno xa nacese no momento de presentación da solicitude.

– Ter como mínimo 3 meses de idade na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos antes do 31 de decembro de 2014.

Artigo 3 Servizos e horarios
  1. O tipo de atención dos centros desagregarase en dúas opcións: atención educativa con comedor e atención educativa sen comedor. As usuarias e os usuarios que opten polo servizo de atención educativa sen comedor ateranse aos horarios establecidos polo centro para estes efectos.

    A opción de servizos elixida farase constar nos impresos de solicitude de novo ingreso ou renovación de praza e deberá manterse durante todo o curso salvo circunstancias sobrevidas, debidamente acreditadas, que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

  2. A permanencia do alumnado no centro será con carácter xeral dun máximo de 8 horas diarias, coincidentes co horario laboral da persoa solicitante, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas que serán valoradas pola comisión de avaliación a que se refire o artigo 8 desta orde.

  3. O curso dará comezo o día 4 de setembro. Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro.

    O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de 11 meses dentro do período comprendido entre setembro de 2014 e agosto de 2015.

    En casos excepcionais e debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do alumno ou da alumna os 12 meses do ano. En tales circunstancias deberase formular a correspondente solicitude cunha antelación mínima dun mes, que será estudada e, de ser o caso autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, no caso do alumnado da escola infantil de Vite, e pola persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no caso das escolas do Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra e do Complexo Administrativo da Xunta en Vigo.

    A escola infantil de Vite abrirá os días 22, 23 e 26 de decembro de 2014, os días 30, 31 de marzo e 1 de abril e durante o mes agosto de 2015, no caso de ter unha demanda igual ou superior a 15 nenas ou nenos. Neste caso, o peche diario realizarase ás 17.00 horas.

    A apertura das escolas infantís do Edificio Administrativo de Pontevedra e do Complexo Administrativo de Vigo, durante os días 22, 23 e 26 de decembro de 2014, os días 30, 31 de marzo e 1 de abril e durante o mes de agosto de 2015, estará condicionada pola súa participación no sistema de quendas establecido para estes efectos entre as escolas da Consellería das cidades de Pontevedra e Vigo respectivamente. Neste sentido, o alumnado das outras escolas da mesma localidade poderá ser atendido na que permaneza aberta.

    Nestes supostos, a familia deberá xustificar con base en motivos laborais ou enfermidades graves a necesidade de levalo ao centro durante os citados períodos.

Artigo 4 Solicitudes e documentación
  1. As persoas interesadas poderán solicitar praza a través do formulario normalizado recollido nesta orde:

    1. Renovación de praza.

      Para a renovación de praza as persoas interesadas presentarán a solicitude segundo o modelo oficial anexo I desta orde, marcando a opción que corresponda.

    2. Novo ingreso.

      Para as solicitudes de novo ingreso presentarase o modelo oficial segundo o anexo I desta orde, marcando a opción que corresponda.

  2. Todas as persoas solicitantes achegarán xunto coa solicitude a xustificación dos seus ingresos da seguinte maneira:

    1. A presentación da solicitude comportará a autorización á Consellería de Traballo e Benestar para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e da Consellería de Facenda os datos de carácter tributario necesarios para a determinación da renda da unidade familiar. Para estes efectos todos os membros con ingresos, que compoñen a unidade familiar, deberán presentar o anexo II debidamente cuberto e asinado. No caso de non...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR