Decreto 336/2003, do 24 de xullo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado do enlace da Cidade da Cultura de Galicia coa autoestrada A-9 en Santiago de Compostela. (Clave: AC/03/106.01).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 22 de xullo de 2003 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado do enlace da Cidade da Cultura de Galicia coa autoestrada A-9 en Santiago de Compostela. Clave: AC/03/106.01.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración de urxente ocupación pola súa incidencia na seguridade vial, posto que a actividade de construcción da Cidade da Cultura no que se refire ó movemento de vehículos pesados incide negativamente tanto na programación de tales obras como no movemento de vehículos e peóns no contorno de carácter urbano delas, sendo necesario executar desde a autoestrada A-9 uns accesos na Cidade da Cultura que, ademais, teñen que cumpri-las ineludibles distancias de seguridade establecidas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR