«I Xornadas de língua e administración» Santiago de Compostela, 14, 15 e 16 de xuno 1984

AutorXermàn García Cancela
CargoTraductor dei Diário Oficial de Galicia
Páginas161-164

Page 161

Estas «Xornadas», as primeiras celebradas en Galicia deste tipo, foron organizadas conxuntamente pola «Asociación de funcionários para a normalización linguística en Galicia» e mailo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago.

A citada Asociación de funcionários vén funcionando como tal en Galicia dende primeiros do presente ano, e naceu como iniciativa de funcionários tanto de institucións autonômicas com locais, diante de baleiro que en Galicia existe no campo da normalización linguística no térreo da administración e da falta de toma en consideración do problema por parte das Institucións públicas, mesmo despois de que leve en vigor case un ano a Lei de Normalización Linguística e de que no seo da Consellería de Educación e Cultura se crease a Dirección Xeral de Política Linguística.

Un dato mais que reafirma o anterior é que tampouco nestas Xornadas houbo ningún tipo de participación, nin sequera económica, por parte da Xunta de Galicia. Tampouco, salvo contadas excepcións, houbo asistencia de funcionários das distintas Consellerías. Os funcionários asistentes -nun número aproximado de 85-, provinan principalmente de Concellos e tamén do Rectorado da Universidade.

Deron comenzo as Xornadas o dia 14, xoves, con duas ponencias, unha da Doutora Luciana Calvo Ramos, funcionaria do Ministério de Educación, e outra do Sr. Strubell i Trueta, Xefe do Servicio de Normalización da Dirección Xeral de Política Linguística da Generalitat de Catalunya.

Luciana Calvo, a partir dun estúdio dunha obra de Jovellanos, «Memória sobre el arreglo de Ia policia de espectáculos y diversiones públicas», fixo un detallado exame da linguaxe administrativa do XVIII, para, na segunda parte e no Colóquio posterior, centrarse na necesidade manifesta da linguaxe administrativa castelá actual de se modernizar e actualizar pois, dalgún xeito, segue a manter estructuras propias do castelán do XVIII, o que tende a crear unha barreira entre o administrado e o funcionário.

Page 162

Miquel Strubell fixo na súa ponencia unha exposición en detalle sobre a campana que pola normalización linguística está a desenvolve-la Generalitat de Catalunya dende organismos que actúan interrelacionados: Dirección Xeral de Política Linguística, Escola de Administración Pública, etc. Insistiu, ademais, en algo que posteriormente desenvolveria con precisión o Sr. Puig Salellas: o necesario conecemento da normativa legal que enmarca o proceso de recuperación e normalización das linguas nacionais distintas do castelán, para unha aplicación en profundidade do principio de oficialidade (como fenómeno indivisible e autónomo).

Cunha ponencia presentada fora do programa previsto, o profesor de pedagoxía da Universidade de Santiago, Xosé Rubal, deu conta dun traballo que está a realizar no que, tomando como base a publicidade nos xornais dos distintos órganos da Xunta e dos concellos, estudia o grado de emprego do castelán ou do galego. Un dato concluínte: mais do 80 % da publicidade está realizada en castelán. A partir destes datos, o profesor Rubal intenta sacar como conclusión cales son os parâmetros da normalización desde a iniciativa das Institución Públicas.

Nas ponencias do dia 15, venres, o notário Josep Maria Puig Salellas fixo unha análise esclarecedora sobre a situación xurídico-legal do proceso de normalización linguística, dando explicación a conceptos utilizados ás veces erroneamente ou terxiversados, como é o mesmo caso de «estado», que, segundo conveniências, inclúe toda a organización autonômica ou se restrinxe ó concepto de «administración central mais órganos periféricos da mesma». Insistiu tamén o Sr. Puig Salellas no feito de que diante das obrigas e dereitos verbo da utilización dunha lingua, son os dereitos dos ddadàns os que deben primar sempre sobre os do funcionário. Por outra parte, o ponente situou o concepto e o âmbito da «normalización linguística» entre a oficialidade legal, reconecida pola lei, e a oficialidade real como aplicación da anterior.

O Profesor Caries Duarte i Monserrat, xefe da sección de catalán da Escola de Administración Pública de Catalunya disertou sobre a creación dunha linguaxe administrativa catalá, centrando a súa exposición na necesidade de rompelos moldes impostos polo castelán e nos médios que hai que por para conseguilo: recurso ós usos e recomendacións internacionais sobre esta cuestión e recurso tamén á tradición administrativa en catalán, ainda que esta sexa relativamente exigua. Como finalidade que hai que perseguir está a de crear unha linguaxe administrativa moderna e clara que se converta en canle de comunicación adecuada entre a administración e o administrado.

Nas sesións da tarde, e en primeiro lugar, o Sr. Eneko Oregui, xefe do servido de euskaldunización do Instituto Vasco de Administración Pública fixo unha exposición das dificultades e das posibilidades, así como dos médios postos en práctica por parte das Institucións oficiais, para a introducción progresiva do euskera na Administración do País Vasco.

Pouca luz sobre o tema da aplicación da lei de normalización linguística en Galicia botaron os representantes dos três grupos parlamentarios (Alianza Popular, Coalición Galega e Bloque Nacionalista Galego) que asistiron á mesa convocada sobre este tema. Non asistiron á mesma os representantes dos gru-

Page 163

pos Centristas de Galicia, Esquerda Galega e Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE. Á parte do significativo que é esta ausência, tamén o é que os ali presentes a penas deixaron claro cales son as medidas concretas que dende os seus grupos políticos están desenvolvendo para a aplicación da Lei.

No último dia das Xornadas, o Presidente da Audiência Territorial de Cataluna, Don Cesáreo Rodríguez Aguilera, despois de constatar que a Administración de Xusticia é das menos abertas, polo momento, á introducción das línguas nacionais, sinalou como existe o dereito dos cidadáns a expresarse e a actuar na lingua da súa preferencia, sempre que as actuacións xurídicas tenan lugar dentro do território da Nacionalidade con lingua propia. Destacou ó mesmo tempo que é a Administración a que, en caso de que así se esixa, debe ocuparse de posibles labores de traducción'e nunca o administrado.

Como acto final das Xornadas, antes da clausura, tivo lugar unha mesa redonda sobre a situación de galego na que participaron especialistas en socioloxía da linguaxe e sociolingiiística así como persoas vinculadas a distintas administracións públicas (local, sanitária e de xusticia).

No acto de clausura estiveron presentes o Sr. Presidente do Parlamento de Galicia, o Sr. Alcaide de Santiago e mailo Subdirector do Instituto da Lingua Galega. Nin o Presidente da Xunta de Galicia nin a Directora Xeral de Política Linguística estiveron presentes no acto de clausura, a pesar da invitación que lie cursaron os organizadores.

No acto final a «Asociación de funcionários para a normalización linguística» deu a conecer un comunicado a tódolos asistentes así como ós médios de comunicación no que textualmente se inclúen, entre outros, os seguintes puntos:

Durante os debates e os colóquios quedou de manifesto o desfase existente entre a normativa vixente e a marcha cotián do proceso de normalización. Salientouse así mesmo a falta de desenvolvemento normativo da lei de normalización linguística e a inexistência da Comisión prevista pola lei. Así mesmo a carência dunha decisión política ou normativa que prevea e planifique a implantación de cursos de galego para tódolos funcionários públicos que traballan en Galicia en horário de traballo, ofrecendo a todos esta posibilidade.

A Asociación denuncia as actitudes de incomprensión, as inercias atentatórias e a provocación de tensións innecesarias por parte das autoridades da administración central e periférica do Estado, recorrendo as poucas normas e acordos que introducen elementos progresistas no proceso de normalización.

A Asociación esixe a creación inmediata dunha Comisión interdisciplinaria de modernización da linguaxe administrativa e xurídica na que se dean solucións técnicas correctas con rango de valor xeral e oficial para a creación dunha linguaxe xurídico-administrativa galega, así como a creación da Escola de Administración Pública de Galicia para a formación e reciclaxe de funcionários galegos e a elevación so nivel técnico da función pública galega.

A Asociación non esquece a necesidade de que pola Xunta se leve a efec-

Page 164

to de seguido a publicación oficial da forma galega de tódolos topónimos, cumprindo así unha obriga legal.

Finalmente, despois de agradecer ós alcaldes e responsables das distintas administracions o que permitisen a presencia dos seus funcionarios nas xornadas e de lamentala ausencia xeneralizada (só asistiron funcionarios da Secretaria Xeral Tècnica da Conselleria da Presidència) de funcionarios da Xunta de Galícia, a Asociación remata cunha invitación as autoridades autonómicas nos seguintes termos:

Entendemos que a normalización lingüística é cousa de tódolos galegos e principalmente, por mandado legal, das autoridades galegas. Por iso esperàmo-lo apoio da Xunta e dos seus organismos do mesmo xeito que lle ofrecémo-la nosa colaboración para o éxito do proceso de normalización para acadarmos así os teitos do País Vasco e de Catalunya, onde os seus gobernos autónomos dirixen decididamente este proceso.

A Asociación anuncia a celebración en breve prazo dunhas segundas xornadas de caràcter similar, así como a publicación das Ponencias destas primeiras Xornadas e dunha «Revista de Administración Galega».

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR