Decreto 205/2010, do 2 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da obra: nova ponte sobre o río Miño nos Peares, nos termos municipais da Peroxa e Nogueira de Ramuín. Clave OU/10/105.01.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

Con data do 15 de novembro de 2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción da obra: nova ponte sobre o río Miño nos Peares, nos termos municipais da Peroxa e Nogueira de Ramuín. Clave OU/10/105.01.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada pola necesidade de executar unha ponte sobre o río Miño para mellorar a comunicación dos núcleos urbanos da marxe dereita do río coa estrada N-120 do acceso centro de Galicia, e con isto, coa cidade de Ourense. Tamén permitirá no futuro enlazar a autovía A-76 coa referenciada N-120 e a zona turística da Ribeira Sacra e os Canóns do Sil.

Actualmente a conexión entre ambas as marxes do río efectúase a través da presa dos Peares, situada a uns 3,5 quilómetros augas arriba dos núcleos de poboación, o que obriga a efectuar un percorrido superior a 7 quilómetros a través de estradas deficientes; este percorrido evítase co desenvolvemento desta nova actuación.

Esta actuación resolve unha vella demanda de conexión entre as dúas marxes do río Miño, mellorando a conectividade dos núcleos próximos á localización da nova ponte, potenciando os percorridos por unha zona especialmente turística (A Ribeira Sacra) e facilitando o acceso do concello da Peroxa á estrada N-120...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR