Decreto 89/2006, do 18 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Pontevedra, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de terminación estrada provincial 7106 Folgoso-Forcarei (termos municipais de Cerdedo e Forcarei).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión do día vinte e oito de decembro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de terminación estrada provincial 7106 Folgoso-Forcarei e, na sesión do nove de setembro de dous mil cinco, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

O dito expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a certificación acreditativa da Deputación Provincial de Pontevedra da adecuación do proxecto de referencia ao disposto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que segundo sinala a deputación, durante os últimos anos vense acometendo as obras de ensanche e mellora da capa de rodadura da estrada provincial 7106 Folgoso-Forcarei, co fin de acadar unha estrada adecuada ás condicións de tráfico que soporta e ao mesmo tempo mellorar notablemente a seguridade tanto de vehículos como de viandantes, debido a que o feito de contar cunha estrada ensanchada practicamente na súa totalidade xerou que os distintos tramos que quedan por mellorar se convertesen en puntos negros para a seguridade vial, debido ao aumento de tráfico e por outro ao representar un cambio brusco na sección da estrada, circunstancia que, a pesar da sinalización existente, pon en constante perigo a integridade física dos condutores e dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR