RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convoca un curso de formación de formadores en acuicultura.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DO MAR
Rango de LeyResolución

De conformidade co exposto no artigo 31 do Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que se regula e refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira na Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro habilitará, para impartir os cursos de formación para acuicultoras/es, o profesorado que superen os cursos específicos que se convoquen para o efecto.

Dada a demanda existente no sector acuícola de participación en cursos de formación, especialmente aqueles orientados á mellora de técnicas, habilidades e recursos para exercer con criterio responsable a actividade profesional da acuicultura, resulta necesario habilitar profesorado para impartir estes cursos.

Visto que este tipo de formación require para a súa impartición dispoñer das especialidades que demanden os seus contidos, e que serían fundamentalmente para cubrir as áreas relacionadas coa acuicultura e a formación pedagóxica.

Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

Convocar un curso de formación de formadores que capacite para a impartición dos cursos de formación en acuicultura, que se inscribirán nun rexistro que dependerá da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e será responsable do seu mantemento o servizo con atribucións en ensinanzas marítimo-pesqueiras.

Este curso poderá ser financiado nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), no marco do Programa operativo para España do FEMP 2014-2020, na medida 2.5.1, conforme o artigo 50 do Regulamento (UE) 508/2014.

Segundo. Destinatarios/as

Poderán participar no curso as persoas en posesión das titulacións académicas de licenciatura ou grao de bioloxía, ciencias do mar, veterinaria ou enxeñaría de montes e titulados de ciclo formativo superior en acuicultura, en situación laboral de desemprego ou en activo que non presten servizos nas administracións públicas e noutras entidades oficiais.

Terceiro. Organización

  1. O número de prazas máximo admisible será de 20 persoas, das cales un mínimo de 5 estarán reservadas ás titulacións de técnico superior en Produción Acuícola ou técnico superior en Acuicultura.

  2. A duración do curso será de 100 horas lectivas, distribuídas en dous módulos:

    2.1. Módulo xeral de formación destinado a adquirir competencias pedagóxicas e didácticas necesarias para formación no ámbito empresarial e na formación non regrada.

    2.2. Módulo específico de acuicultura e do deseño, planificación e xestión de accións formativas en acuicultura.

  3. O curso terá lugar no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), na Illa de Arousa.

  4. As datas previstas de realización están comprendidas entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2016.

  5. Terá lugar en sesións de mañá e tarde.

    A asistencia ás sesións do curso será en todo caso obrigatoria. As faltas de asistencia non poderán superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas e sempre terá que acreditarse unha causa xustificada. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación do curso e a ser inscritas no rexistro de formador/a de formadores/as.

    A Dirección Xeral de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR